Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

PRIMAVEIRA

'DULCE' DOCE PRIMAVEIRA

A Dulce Mª Fdez-Noriega Balsa
(Entusiasta admiradora)

Olla as folerpas nas cumes das montañas,
(pois non hai primaveira sen marzexadas)
e os tortos carreiros das frolidas brañas
que as pucharcas enfeitan cando hai xeadas.

Oh! Loado sexa Deus! que ainda a miña lira
(nai e natureza) tánguelle ó herbal,
á brétema da serra que co ar xira
i á ténue luz entre os gromiños do 'Pombal'.

Nas Bretañas ás verdiñas carballeiras
-sen máis frores que as enxebres 'dedaleiras'-
píngalle á carriza a rosadiña.

E, así e todo, Oh! Dulce María,
¿non é ledicia esmelgada, a algarabía
do malvís que liba nunha fonteliña?.

J.L. Fernández
Bisneto de Félix Fdez. Varela
Primaveira do 2008



Comentarios (1) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 28-03-2008 14:24
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Pró meigo que pronosticou bo tempo prás San Lucas (Fala un galopín da Marina) Veno a ofrendarche unha alcuza (pra cando haxa aceite), !oh meigo!, que desde q#blgtk08#ue as fas te escondes no fondo dun agulleiro; e que o tena á mau pra untarte túa dona, che recomendo, tralas fregas que te agardan, xa que chas pide o pelexo.
Comentario por Erlendmai (10-11-2008 14:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/