Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

BIOGRAFIA MILITAR NORIEGA
D. Juan José Fernández de Noriega naceu o 26 de abril de 1809 en Ferrol. Era fillo de Domingo Fernández de Noriega, de profesión mariño mercante(mestre de buques mercantes), natural do val de Espinama(Cantabria) e de Isabel Arán Gómez.
Ingresa no Exército o 30 de xaneiro de 1827 como soldado de milicias no Regimiento provincial de Santiago de Compostela. Máis tarde áchase de guarnición en Vigo, de novo en Santiago e máis tarde na Coruña. O 20 de maio de 1830 ascende ao emprego de sarxento 2º por elección. En 1833 áchase en Mondoñedo e o 30 do mes de setembro obtivo licenza absoluta.(1)
Por elección, o 2 de xullo de 1835, é nomeado co emprego de subteniente polo Capitán Xeral de Castilla la Nueva e é mobilizado en Cuenca. Sae desde a cidade Encantada en columna coa súa compañía contra os facciosos mandados polos cabecillas carlistas Cabrera, Quiles e Forcadel e achándose nos altos de Moya, sufriu unha aparatosa caída por uns despeñadeiros, polo escabroso do terreo e a noite tempestuosa, cando ía montado dacabalo comunicar ordenes aos postos avanzados.
O 1 de maio de 1836 regresa ao servizo e é destinado ao Provincial de Mondoñedo, ao que se incorpora en Vitoria, onde xurou a Constitución de 1812. O 4 de outubro pasou ao momento fortificado de Peñacerrada. O primeiro de novembro a Treviño e máis tarde a Vitoria.
O 1 de outubro de 1836 ascende ao emprego de tenente por antigüidade. O Capitán Xeral de Castilla la Nueva concédelle catro meses de licenza para restablecerse das secuelas da caída sufrida nos altos de Moya. En 1839 necesita ingresar nun centro hospitalario, facéndoo no Hospital de S. Pablo de Mondoñedo para recuperarse das secuelas do violento percance.
O 21 de agosto de 1843 ascende ao emprego de capitán. Nestes momentos atópase destinado na Coruña, desempeñando o cargo de habilitado do Regimiento de Tuy, pero habéndose pronunciado forza armada naquela capital contra o Rexente do Reino, de orde do coronel Rivera marcha ao Ferrol, o 16 de xullo participa na acción de Neda(varios mortos e uns 16 feridos) contra as forzas pronunciadas, que mandaba o comandante de carabineros D. Nicolás de Lúa.
En 1848, por mandato do Capitán Xeral fíxose cargo da comandancia do Cantón de Ponte Caldelas (Pontevedra). En 1849 é destinado ao terceiro batallón do Regimiento de S. Marcial. O 1 de xaneiro de 1850 é destinado a Játiva (Valencia). En 1851 é destinado ao terceiro batallón do Regimiento Navarra Nº 25.
O 20 de xullo de 1854, por Real Orde do 31 de outubro ascende ao grado de comandante. En 1855 é nomeado Axudante da Praza de Madrid. En 1857 é destinado de Comandante Militar da Illa Verde (bahía de Algeciras). O 25 de novembro de 1857, con motivo do natalicio do Príncipe de Asturias, obtivo o emprego de 2º comandante.
Por Real Orde do 11 de marzo de 1858 concedéuselle trasladar a súa residencia desde Algeciras a Lugo.
As secuelas da violenta caída do cabalo pasáronlle factura durante a súa curta vida. D. Juan José Fernández de Noriega faleceu o 16 de maio de 1859, á idade de 50 anos, na capital da provincia, onde se achaba residindo desde facía un tempo.
Por Real Cédula de 29 de xullo de 1850 concedéraselle a cruz da Real e Militar Orde de S. Hermenegildo.
D. Juan José casouse na parroquia de Santiago de Mondoñedo coa mindoniense Dª Antonia Varela da Torre.(2) Do seu matrimonio quedáronlle os seguintes fillos: Dolores (1836-1908); Ramona (1839-1920); Manuel, presbítero (1845-1891) e Joaquina (1846-1938). D. Juan José e Dª Antonia son os avós maternos de D. Antonio e de D. Félix Noriega Varela.

(1)- Arquivo Xeral Militar de Segovia, expediente persoal.
(2)- Arquivo Diocesano de Mondoñedo, parroquia de Santiago de Mondoñedo, libro de casados número7, folio 102.

Comentarios (0) - Categoría: DATOS BIOGRÁFICOS - Publicado o 31-12-2016 21:52
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/