Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados


O mestre de música José Carracedo escolleu os versiños seguintes para porlles música:

Teño amores na montaña
Teño moza montañesa
Que naceu cos cabrinfollos
Antros toxales da serra.

E de folerpos da neve
Penso que debe ser feita
Xa qu´o Sol y as nordesías
Non a logran ver morena

Teño amores na montaña
Teño unha moza laberca
Que si cos ollos feitiza
Damo curazón de perda

C´aquelas palabras doces
Y aquelas surrisas meigas
Das rúlas namoriscadas
Orgullo das cumes ermas

Esta obra musical está escrita para orfeón, coro a catro voces (tenores primeiros, tenores segundos, barítonos e baixos), con música de D. José Carracedo Pena (1) e letra de D. Antonio Noriega Varela. A letra de esta obra, está composta como comprobamos con diversos fragmentos da poesía titulada “Teño amores na montaña”, e con distintas variantes nalgunhos versos.
Gracias á copia da mesma, efectuada por D. Valentín Pérez Díaz (2) podemos coñecela hoxe.
(1)- José Manuel Carracedo Pena, foi bautizado na parroquia de Santiago de Mondañedo o 24 de setembro do 1876. Era fillo lexítimo de Luís Carracedo Pérez e de Andrea Pena Luaces, residentes na bisbarra dos Muiños Dabaixo, mais él era natural de San Xoan de Romariz (Abadín) e ela de San Esteban de Oirán- Mondañedo. Era neto paterno de Melchor Carracedo e de Ramona Pérez, finados, naturais de Romariz. Era neto materno de Francisco Pena e de María Luaces, finados, de Oirán.
(Arquivo Diocesan de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro 32 de bautizados, folla 143, volta.)

(2)- D. Valentín Pérez Díaz, neno de coro, salmista e violinista da capela de música da catedral mindoniense, naceu en Mondañedo o 2 de xullo de 1886. Compuxo en compañía de D. José Castañeda Jurado a peza titulada “A Fonte da Pontepousada”. Nos anos cuarenta e cincuenta foi bedel do Casino de Mondañedo. Finou en Mondañedo o 19 de maio de 1962.
[volver al inicio]


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 19-05-2014 10:21
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/