Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

FILLO PREDILECTO DE FOZ
SUSO DO BAHÍA FILLO PREDILECTO DE FOZNume sobranceiro

A baía do solpor e abrente
fixo do trobador, xentil mecenas,
altivo rumoroso de "Mañente".(1)
Dos do "Castro" lembraranse apenas!.(2)
I o verbo puro do home
sabido, vertudeiro
galego de renome
de alma sublime e nobre libreiro...
Sorriunos tenramente
a musa mariñeira e entrañable!.
Rente ó mar verdecente...!.
Da semente que é fror incomparable.

(1)-Hai moitos anos había no Alto de Mañente, unhos bariles piñeiros na ladeira que da á ría de Foz. No solpor debuxábanse as súas sombras nas prateadas augas da ría.
(2)-Tamén no "Castro de Foz", había nove barudos piñeiros cantados por Leiras Pulpeiro. Servíanlles ós mariñeiros de Foz, como referencia nos días de néboa pecha.


A Suso do Baía no seu nomeamento como FILLO PREDILECTO DE FOZ. (Do libro "ENTRE AMIGOS")
Pepe de Noriega
25 de Setembro do 2010
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 28-09-2010 21:25
Ligazón permanente a este artigo
POLAS RÚAS DA VILA
IVAN PEPE PATRICIA ANGELES TOÑITO
Por mor de ledas conversas
que temos a parentela
conveñimos a xuntanza
pra que a musa nos viñera.

E deixase por un día
...de si baixou a marea!,
que ás aulas do Seminario
xa ben che lles tarda vela.

E na petrucial do Cantor,
seguro que ben se lembra
de cantos tenros versiños
metéronse en vereda.

Ou cando o seminarista
bebía da Fontevella
as rimas que artellaba
caquela auguiña fresca.

O pasadizo do Cantón,
(rúa Noriega Varela)
é garimosa, cal se non!
inda que é pequeniña ela.

E tamén pequeniña é
-se queredes ímos vela-,
onde lle gostaba a Lence
tocala gaita galega.

E sempre rúas arriba,
señoreaba Leiras
aliviando de doenzas;
...recollendo vellas lerias!.

Se á fonte de San Xoán
hoxe lle adican verbas
ela síntese honrada
tendo a Leiras de costela.

E de fronte ó convento
que no esquilón arrandean
as freiriñas encerradas
á musa ma estontean.

Se o convento da Alcántara
levantase a cabeza:
Meu Deus!, E este castigo?.
-Impúxoo quen non debera.

Pesarosa e doída
a fiel musa norieguesa,
respinga desairada
ante tanta incerteza.

Imos ver que di o ancestro
que inda segue na Alameda
ca ollada posta nos Picos
lembrándose da aldea.

E a Virxe dos Romedios
que hoxe iremos tar con ela
reinando en Mondoñedo
cal briladora estrela.

Galanteando ca lúa
delicadiño Noriega
no Campo frorido e ledo
enfronte a casiña dela.

O sino deulle outro amor
despois de romper con ela
e fixo ben non rondar máis
pois a montaña xa o espera.

E de isa montaña erma
son estas follas marelas,
ouro vello dos toxales
que con devoción veneras.

De posto nas Curuxeiras
encarabas a Infesta
ollando os campos e as frores
que esvícan centos de ovellas.

Outean os de Cesuras
albiscando ás xarelas
das que o cego de Espiñarcao
muxía a noite nelas.

E o San Xoán de Romariz
boa sorte traiga pra elas
que ademáis de traballar:
canta manteiga nos deran!.

Coas tartas de Mondoñedo
que ha levar a parentela.
baixaremos ós Muiños
e ó Pasatempo de Cela.

Tartas, as do Rei… Cintolo,
que asegún nos conta a lenda
a receita Dulce-Doce
tena un libriño de pedra.

Agarimos ós de Vilamor
por vivir aínda na aldea
que anque parezan xitanos
pola vila non tolean.

Nin cansos de usala brusa
(que...grande, grande lles queda)
trocaron os verdes vales
pola cibdade sen herba.

Con estas... voume pra baixo! (*)
sen ollar ás montañesas,
que nas praias do desterro
dempoixas choro por elas.

(*) A Viveiro


A Antonio Fernández-Noriega Meitín e Ángeles Fernández-Noriega Meitín que éste día andiveron polas rúas da cidade lembrando vellos tempos onde naceu o seu avó.

Graciñas por vir...!.
A musa dos pincaros polas rúas da vila.
Mondañedo, 22 de Agosto do 2009
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 24-08-2009 17:13
Ligazón permanente a este artigo
A fala pura
ESCULPIDO DE ANTONIO FERNÁNDEZ-NORIEGA MEITÍN
(A Manuel In Memoriam)

Para os das mesetas que asi o queiran
todas as verbas en español teñan;
que eu xa amarei as nosas que veñan
polos rigueiriños que as augadeiran.

Os que da nosa fala se esquerqueñan
moitos renegos da terra apalleiran
mais, de contado, se non os alixeiran,
ós galegos coido que nos conveñan.

A cidade, a présa, a tecnoloxía?...;
para nós, a lingua enxebre e amorosiña
da aldeíña e a ecoloxía.

A envexa, o odio? ...coma "tiña"!;
para nós, o rico "caudal de harmonía"
da fala pura e do voo da andoriña.


Día das Letras Galegas 2009
Pepe de Noriega (bisneto de Félix Noriega Varela)
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 18-05-2009 13:37
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/