Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

PRESENTACIÓN DE UN LIBRO
José Lodeiro Piñeiroa-Biografía completa
JOSÉ LODEIRO PIÑEIROA
UN MÚSICO MINDONIENSE MAYOR DE PRIMERA

É un verdadeiro pracer compartir con todos vostedes a presentación pública dun novo libro enxendrado pola música, esa xenialidade humana capaz de expresar todo aquelo que non se pode dicir con palabras, razón suficiente para que Andrés García Doural tomase a decisión de non deixar caer no esquecemento a vida e a obra do ilustre mindoniense D. José Lodeiro Piñeiroa.
Despois de agradecer a presencia de Dª Concepción Piñeiroa e D. Manuel Torres Loureiro, familiares de José Lodeiro, cómpre destacar a colaboración de Dª Elena Candia López, Alcaldesa de Mondoñedo, de D. Ramón Castañeda Gutiérrez, neto doutro gran músico compositor e organizador de orfeóns, tamén ignominiosamente esquecido e a de D. Xabier Andrés Garrote Cobelo, propietario da partitura do himno do Clube Fútbol Barcelona, e da maioría da obra musical do músico mindoniense que xunto a Andrés García Doural, autor da obra, conforman a mesa dos intervintes.
Como fiel acompañante desta viaxe fascinante impóñome como unha obriga presentar o perfil humano e investigador de Andrés, un mindoniense de corazón arroupado pola sinxeleza e pola timidez que, agás en confianza, tarda en amosar ese peculiar e natural sorriso que cautiva. Traballador silandeiro, exento de adornos, lixeiro de equipaxe, observador inquedo, meticuloso, ás veces en exceso, sempre capaz de atopar a frase precisa e axeitada en cada momento, son algúns dos elementos que foron compoñendo unha amizade cultivada entre o pó dos legaxos de pergameos, de longas conversas sobre arquivos, dos raros caprichos que adopta unha partitura misteriosa, ou un manuscrito endiablado dun perverso escribano, algo, que para Andrés acostuma a se converter nunha obsesión. Asi, desa maneira, unha vez máis sacou á luz o libro biográfico do mestre “José Lodeiro Piñeiroa, UN MÚSICO MAYOR DE PRIMERA”, outro tesouro dos moitos que agardan agochados nos arquivos dese fondo infinito chamado patrimonio cultural mindoniense que fai da nosa cidade e do noso concello un paradiso único e universal. Para min colaborar neste proxecto debo recoñecer que foi un pracer que hoxe acada a máxima expresión xa que me permite darlles as grazas pola súa asistencia a veciños e amigos.
E rematamos esta ronda de intervencións coa exposición do autor desta biografía, que hoxe nos presenta D. Andrés García Doural.
Como colofón e despedida a estes actos escoitaremos a grabación dunha peza musical, titulada “CAPITÁN LILAO”, adicada ao mindoniense D. Víctor de Silva Posada e interpretada po-lo pianista coruñés D. Víctor Manuel Varela Sánchez.
E xa que Andrés iniciou este camiño de investigación e recuperación da memoria histórica deste persoeiro, sería desexable para os amantes da música, dixitalizar a súa obra po-lo Consello da Cultura de Galicia, para que así desta maneira puidese estar á man en calquera parte do mundo.
Agardamos que hoxe quedase loubada a memoria de D. José Lodeiro Piñeiroa.
Po-la nosa parte nada máis. Á saída, os que desexen comprar o libro poden facelo no posto habilitado a tal efecto.
Moitas gracias a todos pola súa asistencia e boa noite.
Gracias, gracias…

Pepe de Noriega

Comentarios (0) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 05-04-2016 23:36
Ligazón permanente a este artigo
PONTE DO PASATEMPO

FOTO: AGD

[volver al inicio]
Comentarios (0) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 07-08-2014 09:10
Ligazón permanente a este artigo
VERSIÑOS (II)

Fillo do corazón...

Fillo do corazón, que nas meniñas
dos teus ollos levache os meus amores,
descansa eternamente sobre frores,
que eu non te hei de olvidar entre as espiñas.

Si as bágoas de túa mai i as bágoas miñas
non te rezusitaron... ¡xa n´acores!;
este mundo é o liñeiro das delores,
i o ceio ¡fíxoo Dios prás estreliñas!...

A Virxe te acobexe co seu manto
e, xa que é tan cativa a miña sorte
que no me valeu nada achousar tanto,

¡pide que a triste vida se me acorte!:
mellor quero ir parar ó campo santo,
que vivir recordando a túa morte
.

ANTONIO NORIEGA VARELA

Comentarios (0) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 11-07-2013 22:27
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/