Un espazo aberto á mobilización social e á loita cidadá! |
|
No Ollo do Furacán ten como obxectivos e fins:
a) A defensa dos intereses económicos, sociais, culturais e lingüísticos de Galicia.
b) Dinamizar a participación da cidadanía galega e o debate público de temas de interese xeral relacionados con Galicia, a súa economía, sociedade, folclore, gastronomía, tradicións, literatura, arte, música, cine, teatro, artes perfomartivas, radio, televisión e producións audiovisuais, historia, filosofía e resto da súa cultura.
c) Favorecer a transparencia na gobernanza das institucións galegas e a contribución cidadá á boa xestión dos asuntos públicos.
d) Contribuír ao progreso de Galicia e á redución da pobreza, en todas e cada unha das súas cidades, vilas e bisbarras.
e) Apoiar calquera outra iniciativa que favoreza a consecución dos anteriores fins.
Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:
a).Charlas, debates, mesas redondas e seminarios.
b).Cursos sobre temas culturais e sociais.
c).Publicacións de toda clase de libros, traballos e estudos.
d).Realización de campañas que permitan unha concienciación social sobre a importancia do dinamismo empresarial e comercial de Galicia.
e).O apoio aos proxectos, novos ou existentes, que favorezan a dinamización da sociedade civil galega.
f).Promoción de calquera tipo de entidades que teñan obxectivos económicos e sociais, de acordo cos fins citados.
g).Creación dunha base de datos e de información sobre os temas relacionados coa historia, xeografía, música, cine, teatro, literatura, filosofía, arte,... de Galicia.
h).Articulación dunha rede de comunicación cos seus dispositivos informativos, e resto de medios necesarios, que permita a xeración dun pensamento colectivo democrático que favoreza a conformación dunha sociedade civil consciente e madura que defenda a súa cultura e a súa lingua propia.
i).Calquera outra que derive das anteriores e dos fins da Asociación. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Confederación Olívica |
|
Confederación Olívica
* Xurxo Rodríguez Pérez
O catorce de Agosto de 1932, antevéspera da festividade do peregrino occitano San Roque, patrón de Vigo, a Corporación Municipal Constitucional Republicana circundaba cun enreixado o símbolo vexetal da cidade, a Oliveira, situada no Paseo de Alfonso.
Incrustada ou soldada á cancela unha placa, máis ou menos literalmente, indica a devoción do pobo vigués á súa cidade amada, entregado con lealdade, abnegación e amor á súa causa.
A primavera próxima do 2019 cumpriranse corenta anos da celebración das primeiras eleccións democráticas trala ditadura franquista, que non réxime autoritario, como algúns docemente optan por chamar nos nosos días.
Sería boa ocasión para darnos cita no Paseo de Alfonso ao pé da Árbore-Símbolo, que tantos embates soubo aguantar, exposto ás galernas que, aínda lembro, na miña infancia chegaron á amputación dalgún dos seus brazos-pólas.
Unha Oliveira, (A Oliveira) ao fin, aireada por ventos salgados atlánticos, ventos mareiros, en pé, resistindo como as xentes ás que representa, portador do espírito de diversidade que os barrios e parroquias reclaman con voz propia.
Barrios con Voz, dicía un slogan dos noventa, con razón, alá por Teis.
Un Vigo, ao que se entende mellor en clave confederal, fortemente descentralizado, expresión do espírito de bravura e independencia de quen o poboaron e aínda seguimos habitando.
A Oliveira, entre Poboadores e a Rúa de Santiago, fronte ao chafariz do Paseo de Alfonso, invítanos sempre á memoria, saudosa e vindicativa, testemuña de tantos afáns.
* Xurxo Rodriguez Pérez é analista político
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|