Un espazo aberto á mobilización social e á loita cidadá! |
|
No Ollo do Furacán ten como obxectivos e fins:
a) A defensa dos intereses económicos, sociais, culturais e lingüísticos de Galicia.
b) Dinamizar a participación da cidadanía galega e o debate público de temas de interese xeral relacionados con Galicia, a súa economía, sociedade, folclore, gastronomía, tradicións, literatura, arte, música, cine, teatro, artes perfomartivas, radio, televisión e producións audiovisuais, historia, filosofía e resto da súa cultura.
c) Favorecer a transparencia na gobernanza das institucións galegas e a contribución cidadá á boa xestión dos asuntos públicos.
d) Contribuír ao progreso de Galicia e á redución da pobreza, en todas e cada unha das súas cidades, vilas e bisbarras.
e) Apoiar calquera outra iniciativa que favoreza a consecución dos anteriores fins.
Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:
a).Charlas, debates, mesas redondas e seminarios.
b).Cursos sobre temas culturais e sociais.
c).Publicacións de toda clase de libros, traballos e estudos.
d).Realización de campañas que permitan unha concienciación social sobre a importancia do dinamismo empresarial e comercial de Galicia.
e).O apoio aos proxectos, novos ou existentes, que favorezan a dinamización da sociedade civil galega.
f).Promoción de calquera tipo de entidades que teñan obxectivos económicos e sociais, de acordo cos fins citados.
g).Creación dunha base de datos e de información sobre os temas relacionados coa historia, xeografía, música, cine, teatro, literatura, filosofía, arte,... de Galicia.
h).Articulación dunha rede de comunicación cos seus dispositivos informativos, e resto de medios necesarios, que permita a xeración dun pensamento colectivo democrático que favoreza a conformación dunha sociedade civil consciente e madura que defenda a súa cultura e a súa lingua propia.
i).Calquera outra que derive das anteriores e dos fins da Asociación. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novos apoios ao acordo dos tres alcaldes do cambio para unha marea galega |
|
 http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/31684-novos-apoios-acordo-tres-alcaldes-cambio-marea-galega
FONTE: Galicia Confidencial
Os militantes da corrente A Forza da Xente (integrada en Podemos Galicia) e os integrantes da asociación Cidadá Galega No Ollo do Furacán (integrante de Mareas en Común) apostan pola construción dunha gran candidatura galega unitaria de todas aquelas persoas e colectivos sociais ?que loiten por abrir un novo proceso constituínte que acabe definitivamente co réxime xurdido trala IIª Restauración borbónica?.
?Consideramos que para lograr estes obxectivos neste momento constituínte, o mellor escenario para Galicia, é lograr converternos nunha nación soberana, social, solidaria e ecoloxicamente sustentábel que decida libremente o seu futuro, con lazos de irmandade, solidariedade e cooperación co resto de pobos e nacións que conforman a comunidade de países lusófonos, o Estado español, o marco europeo e o arco mediterráneo?, indican nun comunicado.
Por iso, amosan o seu apoio a unha gran confluencia de todas as Mareas Municipalistas, EN MAREA, Encontro Cidadá por unha Marea Galega, Mareas en Común, Foro Galego, asinantes do Chamamento de Vidán e todos os partidos galegos, entre eles, ?Podemos, EU, Anova, BNG, Cerna, CxG...?.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|