Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Asociación en Defensa de Galicia ?No Ollo do Furacán? - NO OLLO DO FURACÁN


    NO OLLO DO FURACÁN


Un espazo aberto á mobilización social e á loita cidadá!
No Ollo do Furacán ten como obxectivos e fins:

a) A defensa dos intereses económicos, sociais, culturais e lingüísticos de Galicia.
b) Dinamizar a participación da cidadanía galega e o debate público de temas de interese xeral relacionados con Galicia, a súa economía, sociedade, folclore, gastronomía, tradicións, literatura, arte, música, cine, teatro, artes perfomartivas, radio, televisión e producións audiovisuais, historia, filosofía e resto da súa cultura.
c) Favorecer a transparencia na gobernanza das institucións galegas e a contribución cidadá á boa xestión dos asuntos públicos.
d) Contribuír ao progreso de Galicia e á redución da pobreza, en todas e cada unha das súas cidades, vilas e bisbarras.
e) Apoiar calquera outra iniciativa que favoreza a consecución dos anteriores fins.

Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:

a).Charlas, debates, mesas redondas e seminarios.
b).Cursos sobre temas culturais e sociais.
c).Publicacións de toda clase de libros, traballos e estudos.
d).Realización de campañas que permitan unha concienciación social sobre a importancia do dinamismo empresarial e comercial de Galicia.
e).O apoio aos proxectos, novos ou existentes, que favorezan a dinamización da sociedade civil galega.
f).Promoción de calquera tipo de entidades que teñan obxectivos económicos e sociais, de acordo cos fins citados.
g).Creación dunha base de datos e de información sobre os temas relacionados coa historia, xeografía, música, cine, teatro, literatura, filosofía, arte,... de Galicia.
h).Articulación dunha rede de comunicación cos seus dispositivos informativos, e resto de medios necesarios, que permita a xeración dun pensamento colectivo democrático que favoreza a conformación dunha sociedade civil consciente e madura que defenda a súa cultura e a súa lingua propia.
i).Calquera outra que derive das anteriores e dos fins da Asociación.

O meu perfil
noollodofuracan@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Asociación en Defensa de Galicia ?No Ollo do Furacán?
No Ollo do Furacán
Galicia é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de Autonomía, dentro do Estado español e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.
Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en todo o Estado español.
Galicia posúe 2.748.695 habitantes (2014), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.
Galicia malia ter un estatus de nación está a padecer un retroceso nas súas capacidades de autogoberno e un retroceso preocupante no uso do seu propio Idioma, O GALEGO.
Por todo o exposto, un grupo de persoas conscientes desta preocupante situación decidimos impulsar unha asociación cidadá que ten por fins e obxectivos centrais os seguintes:
a) A defensa dos intereses económicos, sociais, culturais e lingüísticos de Galicia.
b) Dinamizar a participación da cidadanía galega e o debate público de temas de interese xeral relacionados con Galicia, a súa economía, sociedade, folclore, gastronomía, tradicións, literatura, arte, música, cine, teatro, artes perfomartivas, radio, televisión e producións audiovisuais, historia, filosofía e resto da súa cultura.
c) Favorecer a transparencia na gobernanza das institucións galegas e a contribución cidadá á boa xestión dos asuntos públicos.
d) Contribuír ao progreso de Galicia e á redución da pobreza, en todas e cada unha das súas cidades, vilas e bisbarras.
e) Apoiar calquera outra iniciativa que favoreza a consecución dos anteriores fins.
No Ollo do Furacán pretende ser un espazo no que participan cidadás e cidadáns, persoas de movementos sociais, asociativos, veciñais e moitos outros colectivos co obxectivo de gañar Galicia para a maioría social. No Ollo do Furacán xorde cun desexo: impulsar o protagonismo da cidadanía galega para erguer un novo pensamento colectivo que axude a crear unha sociedade aberta á participación que permita situar a democracia e os dereitos nacionais no centro da vida social. Que nos devolva a soberanía nacional e social como eixos vertebradores dun novo pais.
Crear opinión para garantir o benestar e o autogoberno de Galicia deben ser as aspiracións fundamentais nunha nación que procure manter acesa a súa identidade nacional, cultural e lingüística. Nos últimos anos fíxose evidente que quen rexen as nosas institucións traizoaron estas aspiracións. No seu lugar, deixaron un pais esmagado, empobrecido e deteriorado en todos os seus servizos. Rendéronse ao poder dunha economía que favorece a especulación e a corrupción en detrimento do patrimonio común. Ademais están esfarelando nosos dereitos nacionais, culturais e lingüísticos.
Como resposta a esta realidade, asistimos á maior mobilización social das últimas décadas. Desde o ocorrido nas prazas a partir do 15 de maio de 2011, movementos cidadáns, loitas laborais, plataformas contra os desafiuzamentos e moitos outros espazos colaborativos resisten e traballan para transformar a situación. A cidadanía galega demostrou ir moi por diante das institucións tradicionais.
Galicia é unha país imaxinativo, rico en saberes e propostas. Miles de galegas e galegos, xunto a numerosos movementos sociais, formamos parte dunha enorme intelixencia colectiva que o actual sistema bipartidista prentende facer invisible. Rúas, prazas e mercados, casas e portais, lugares de reunión e de traballo, centros educativos e universidades, hospitais, teatros, centros culturais e asociacións, redes sociais... De cada recanto de Galicia xorden persoas e iniciativas capaces de construír un país máis habitable e digno de ser vivido, e onde o obxectivo principal non sexa a conta de resultados das elites.
No Ollo do Furacán pretende fomentar as relacións de solidariedade e veciñanza para enriquecernos coa diversidade, promovendo espazos de encontro e actividades en común para artellar xeitos de participación, consultas e decisións colectivas. Para deter o insultante aumento da desigualdade. Para loitar contra a pobreza, a exclusión social, o desemprego e contra toda clase de discriminación.
No Ollo do Furacán pretende construír espazos sostíbeis e xustos, transformando a convivencia e as formas de producir e consumir, buscando un benestar respectuoso cos límites que impón a nosa contorna.
No Ollo do Furacán quere pórse a traballar polo interese común e defender os nosos recursos e institucións comezando desde o máis próximo: desde os nosos barrios e as súas necesidades, desde os nosos equipamentos e servizos públicos.
No Ollo do Furacán pretende impulsar un proceso participativo que promova un gran movemento cidadán que asegure políticas orientadas a cumprir escrupulosamente a vontade popular.
En definitiva, No Ollo do Furacán quere recobrar os nosos dereitos nacionais, culturais, económicos, sociais e lingüísticos para seguirmos construíndo esa Galicia que somos e que imaxinamos.
Se estás de acordo cos obxectivos e queres participar activamente neste proxecto asociativo podes poñerte en contacto connosco escribindo ao enderezo electrónico:

noollodofuracan@gmail.com
ou chamando aos teléfonos:

696 983 948
609 637 239




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2015 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0