NO OLLO DO FURACÁN


Un espazo aberto á mobilización social e á loita cidadá!
No Ollo do Furacán ten como obxectivos e fins:

a) A defensa dos intereses económicos, sociais, culturais e lingüísticos de Galicia.
b) Dinamizar a participación da cidadanía galega e o debate público de temas de interese xeral relacionados con Galicia, a súa economía, sociedade, folclore, gastronomía, tradicións, literatura, arte, música, cine, teatro, artes perfomartivas, radio, televisión e producións audiovisuais, historia, filosofía e resto da súa cultura.
c) Favorecer a transparencia na gobernanza das institucións galegas e a contribución cidadá á boa xestión dos asuntos públicos.
d) Contribuír ao progreso de Galicia e á redución da pobreza, en todas e cada unha das súas cidades, vilas e bisbarras.
e) Apoiar calquera outra iniciativa que favoreza a consecución dos anteriores fins.

Para o cumprimento destes fins realizaranse as seguintes actividades:

a).Charlas, debates, mesas redondas e seminarios.
b).Cursos sobre temas culturais e sociais.
c).Publicacións de toda clase de libros, traballos e estudos.
d).Realización de campañas que permitan unha concienciación social sobre a importancia do dinamismo empresarial e comercial de Galicia.
e).O apoio aos proxectos, novos ou existentes, que favorezan a dinamización da sociedade civil galega.
f).Promoción de calquera tipo de entidades que teñan obxectivos económicos e sociais, de acordo cos fins citados.
g).Creación dunha base de datos e de información sobre os temas relacionados coa historia, xeografía, música, cine, teatro, literatura, filosofía, arte,... de Galicia.
h).Articulación dunha rede de comunicación cos seus dispositivos informativos, e resto de medios necesarios, que permita a xeración dun pensamento colectivo democrático que favoreza a conformación dunha sociedade civil consciente e madura que defenda a súa cultura e a súa lingua propia.
i).Calquera outra que derive das anteriores e dos fins da Asociación.

O meu perfil
noollodofuracan@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CEA MARXISTA ATENEÍSTA - ORGANIZA ATENEO ATLÁNTICO
Xa está aquí a gran cea Marxista-Ateneísta do Ateneo Atlántico.

Lembra: venres 15 de xuño de 2018, entre 20 e 22 horas, no bar Carballeda de Avia (avenida de Atlántida 128, Vigo).

Aínda está a tempo de anotarte (antes do xoves 14). Aproveita!

20 euros por persoa.

Seica o venres 15 hai un apaixoante duelo futbolístico-fratricida (o segundo opio do pobo) entre España e Portugal, así que, se queres partilhar os teus sentimentos encontrados con outros (e outras!) ateneístas futboleiras (ou non tanto), podes pasarte polo Carballeda de Avia a partir das 20 horas. A cea será ao remate do partido.




Menú

Primeiros

Canapés encontro de mares

Empanada de xoubas paixón de Marx

Segundos

-Ensalada vermella

-Xamón asado autoemancipación obreira

Bebidas (incluída cervexa forte ao gusto de Marx)

sobremesa (Käsekuchen, pexegos con nata e torta xeada) e café.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2018 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
100 Anos da Revolución Rusa.

100 Anos da Revolución Rusa. Panel de discusión. Interveñen: Xurxo Rodríguez Pérez, Oscar Lomba Álvarez, Marina Bakhtina e Roberto Mansilla Blanco. 13 de decembro de 2017 ás 20 horas no Restaurante TAPAS DE JOSÉ na rúa Ecuador, 61 en Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2017 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza con Catalunya
Galiza con Catalunya
As galegas e os galegos perante o referendo do
1 de outubro en Catalunya

Falarán:
Carme García Rigau.
Xornalista e representante da ANC Galiza
(Assemblea Nacional Catalana – Galiza).

Óscar Lomba Álvarez
Licenciado en dereito e membro da directiva das
asociacións organizadoras da palestra.

Mércores 27 de setembro ás 20:00 horas
Café DE CATRO A CATRO. Rúa Gerona, 16 . VIGO

Organizan:

A.C.G. No Ollo do Furacán
A.C.G. Fernando Hoyos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2017 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
A NOVA FACIANA DA GLOBALIZACIÓN
A NOVA FACIANA DA GLOBALIZACIÓNA NOVA FACIANA DA GLOBALIZACIÓN
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2017 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
A nova faciana da globalización: mundialización económica, desigualdade, desemprego, pobreza e políticas de inclusión social
Xornadas sobre a Globalización
A nova faciana da globalización: mundialización económica, desigualdade, desemprego, pobreza e políticas de inclusión social


XORNADAS ORGANIZADAS POR: Asociación cidadá galega No Ollo do Furacán e Asociación cidadá galega Fernando Hoyos

Estas dúas asociacións únense para realizar as Primeiras Xornadas galegas sobre mundialización económica e pobreza. O programa das xornadas é o seguinte:

Martes 27 de decembro de 2016

17:15 horas. Presentación e apertura oficial das Xornadas:

Interveñen:

Elena Branco (Representante de `O ALMACEN CULTURAL´)
Xurxo Rodríguez Pérez (Presidente da A.C.G. ´No Ollo do Furacán´)
Benito Santos González (Presidente da A.C.G. ´Fernando Hoyos´)
Óscar Lomba Álvarez (Secretario das Asociacións ´No Ollo do Furacán´ e ´Fernando Hoyos´ e Coordinador das Xornadas).
18:00 horas. Proxección do Filme: ´Recursos Humanos´. (Título orxinal: ´Ressources humaines´) é unha película franco-británica filmada no ano 1999 dirixida por Laurent Cantet.

FICHA TÉCNICA DO FILME:

Dirección: Laurent Cantet

Guión: Laurent Cantet e Gilles Marchand

Duración: 100 min.

Nacionalidade: Francia / Gran Bretaña

Ano de Producción: 1999

Reparto: Jalil Lespert (Franck), Jean-Claude Vallod (o pai), Chantal Barré (a nai), Véronique de Pandelaère (Sylvie), Michel Begnez (Olivier), Lucien Longueville (o xefe), Danielle Mélador (Danielle Arnoux), Pascal Sémard (O xefe de RRHH), Didier Emile-Woldemard (Alain)

19:45 horas. Coloquio aberto ao público.



Mércores 28 de decembro de 2016

19:00 Horas. MESA 1. A NOVA FACIANA DA GLOBALIZACIÓN: MUNDIALIZACIÓN, DESIGUALDADE E POBREZA

Relatores:

Xavier Simón Fernández (Doutor en Economía. Profesor Titular de Economía Aplicada da Universidade de Vigo).
Jaime Cabeza Pereiro. (Doutor en Dereito. Catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade de Vigo).
Manuel A. Fortes Torres. (Doutor en Filosofía. Catedrático de Filosofía de Instituto).
Xurxo Rodríguez Pérez (Analista Político. Foi Director e locutor dos programas radiofónicos ´Ultreia´ na Canle Radio Difusión Fuerteventura e ´Trisquel´ na Canle 9 Radio Las Palmas – Fuerteventura).


Presenta e modera: Blanca Gesfaell Chamochín (Xornalista).


Xoves 29 de decembro de 2016

19:00 Horas. MESA 2. MUNDIALIZACIÓN, DESEMPREGO, DESIGUALDADE, POBREZA E POLITICAS DE INCLUSIÓN EN GALICIA: A RESPOSTA DESDE O ACTIVISMO SOCIAL.

Relatores:

Adolfo Telmo Pérez (Médico. Activista Social. Representante da Plataforma de Afectados pola Hipoteca en Vigo – STOP Desafiuzamentos).
Antón Bouzas (Representante da Asociación Socio-Educativa ´OS NINGUÉNS´).
Alberto Gómez Freiría (Coordinador da ONG Intermon Oxfam en Vigo).
Benito Santos González (Cura Obreiro. Xesuíta. Enfermeiro. Docente).


Presenta e modera: Óscar Lomba Álvarez (Licenciado en Dereito. Diplomado en Maxisterio. Traballador da Sanidade Pública. Activista Social).


22:00 horas. Clausura das Xornadas


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2016 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
MAREA CONSTITUÍNTE
Alcaldes do Cambio
Marea Constituínte - 30 xullo 2016 en Vigo

http://mareaconstituinte.gal/

En maio de 2015 irromperon no panorama electoral galego, despois dun proceso previo de anos de acumulación de forzas, ducias de candidaturas de confluencia e unidade popular en moitos dos Concellos do noso país. As Mareas municipalistas constituíron un referente para moitas persoas que entendían esgotadas as opción políticas tradicionais como motor do cambio social e foron vistas como unha alternativa e un antídoto ás políticas de austeridade e secuestro da democracia, así como da corrupción sistémica que personificou durante os últimos anos o Partido Popular. No éxito electoral das Mareas foi clave a conxunción entre a ilusión e o traballo da cidadanía non afiliada e a valentía e xenerosidade das forzas políticas que entenderon o momento histórico e a necesidade de tecer redes e alianzas, empregando ferramentas baseadas na horizontalidade e a democracia radical, arredor de programas compartidos, que respectaron a diferenza e entenderon a diversidade como un valor e non como unha fonte de conflito.

O capital político e a ilusión que agromaron nesas eleccións municipais tivo a necesaria continuidade para as eleccións xerais na coalición En Marea, onde tres das forzas políticas que participaron na conformación das candidaturas de unidade popular recolleron o testemuño para construír unha alternativa ao Partido Popular en todo o país. O resultado electoral obtido por En Marea nas eleccións de decembro foi un éxito colectivo que demostrou a necesidade dunha confluencia a nivel galego e a demanda social para a mesma. Máis de 400.000 persoas en toda Galicia dixeron Hai Marea, e o espazo político da confluencia situouse como o referente ineludible do cambio. Porén, a segunda volta das eleccións xerais do 26-X, aínda confirmando no esencial as virtualidades da confluencia e a hipótese de En Marea como alternativa real ao PP no noso país, puxo de manifesto tamén as limitacións do mecanismo de artellamento institucional do noso espazo político, moito máis amplo, máis rico e máis diverso que a mera conxunción de tres partidos políticos, necesarios e imprescindibles na configuración da confluencia e da unidade, pero insuficientes.

A necesidade de configurar unha alternativa electoral coa vista posta nas vindeiras eleccións autonómicas de outono, e a responsabilidade por estar a altura dos tempos e da ilusión que moitas persoas en todo o país depositaron nas diferentes expresións electorais que representaron ao espazo político das Mareas nas últimas convocatorias, lévanos aos abaixo asinantes, alcaldes profundamente comprometidos co proceso de construción dunha ferramenta nacional que dea expresión electoral ás arelas de cambio das galegas e galegos, a facer un chamamento para construír unha candidatura que estea en disposición de conquistar a Presidencia da Xunta de Galicia o vindeiro outono.

Os galegos e galegas non poden seguir sufrindo o progresivo empeoramento das súas condicións de vida. O noso país precisa dun proxecto político que poña en valor os seus sectores produtivos, free a sangría demográfica, aposte polo futuro, ao mesmo tempo que coide a nosa tradición e o capital cultural e lingüístico. Precisamos dotármonos das ferramentas necesarias para tomar as decisións que aseguren o benestar e a dignidade de todas as persoas. Esta candidatura non só debe ter éxito en termos electorais, senón que tamén debe garantir, un goberno que responda ás expectativas creadas e que enderece o rumbo do noso país, aplicando un conxunto de iniciativas de progreso e xustiza que pivote arredor da nosa realidade, sen esquecer os necesarios lazos de colaboración cos pobos peninsulares e do resto de Europa, cunha mención especial á Europa do Sur. Para acadar estes obxectivos, débense transcender os instrumentos e formas electorais creados até o momento, reflectindo dende a diversidade e a pluralidade das súas voces, un programa de mínimos e unha voz cohesionada ao servizo da maioría social agredida polas políticas do PP. Débese, polo tanto, contar coa experiencia e o éxito xa obtidos, dende o 15-M e Nunca Máis até as candidaturas municipalistas de unidade popular, aproveitando tamén toda a capacidade de traballo que centos de persoas están desenvolvendo ao longo do país, no político, no social e no institucional.

Na procura destes obxectivos, queremos propoñer as bases do que pensamos debe ser a candidatura para as vindeiras eleccións autonómicas:
•Superación do marco institucional da actual coalición, substituíndo a actual mesa de coordinación por un instrumento aberto e democrático que represente o proceso de ampliación da base social e democratización de En Marea. Á súa vez, o grupo parlamentario, debe centrarse no seu labor institucional nas Cortes Xerais do Estado, co obxectivo de dar voz ás demandas do noso país tanto no Congreso como no Senado.
•Alargamento da base social de En Marea a través da incorporación á mesma, confluíndo dende a base, de todas as mareas municipalistas, candidaturas de unidade popular e actores políticos e sociais que actualmente non están participando na toma de decisións pero que se senten representados e interpelados polo noso espazo político.
•Aproveitar como base para o debate, o traballo feito durante estes últimos meses por ducias de Mareas arredor do proceso Mareas en Común, tanto na metodoloxía como nos documentos saídos do mesmo con amplo consenso (código ético, formación da candidatura e a súa arquitectura institucional e organización interna e elaboración do programa co que a candidatura resultante do proceso debe presentarse ás eleccións autonómicas).

En consecuencia, e de cara a dotar a este desexo do necesario contido, convocaremos a todos os actores políticos e sociais que veñen traballando na configuración dunha candidatura de confluencia a unha xuntanza que se celebrará no mes de xullo en día e lugar por determinar, co obxectivo de, sobre base referencial dos documentos elaborados por Mareas en Común, se poida acordar consensuadamente un calendario para a confección da candidatura e o programa co que En Marea se presentará ás eleccións autonómicas deste ano, co único fin de gañar a Xunta para as máis e poñer en marcha as políticas que fagan, por fin, de Galicia un país próspero e xusto.

Asinan:
Jorge Suárez, alcalde de Ferrol
Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña


Contacto: marea@mareaconstituinte.gal

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2016 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO PÚBLICO
MAREA DE VIGO / AHORA MADRID
Este venres 22 de xullo, celebraremos no local da Marea de Vigo un acto con Rommy Arce, concelleira de Ahora Madrid, e as compañeiras da Marea de Vigo, Paula Quinteiro e Rubén Pérez. Con elas falaremos das experiencias municipalistas, do paso adiante que teñen significado, e das perspectivas de futuro. Agardámosvos en Av das Camelias 85 ás 20.00 horas.



Apertas e azos.

http://www.mareadevigo.org/

mareadevigo@gmail.com

https://gl-es.facebook.com/Marea-de-Vigo-328871143945074/

https://twitter.com/mareavigo?lang=es
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-07-2016 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Novos apoios ao acordo dos tres alcaldes do cambio para unha marea galega
Mareas en Común
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/31684-novos-apoios-acordo-tres-alcaldes-cambio-marea-galega


FONTE: Galicia Confidencial

Os militantes da corrente A Forza da Xente (integrada en Podemos Galicia) e os integrantes da asociación Cidadá Galega No Ollo do Furacán (integrante de Mareas en Común) apostan pola construción dunha gran candidatura galega unitaria de todas aquelas persoas e colectivos sociais “que loiten por abrir un novo proceso constituínte que acabe definitivamente co réxime xurdido trala IIª Restauración borbónica”.

“Consideramos que para lograr estes obxectivos neste momento constituínte, o mellor escenario para Galicia, é lograr converternos nunha nación soberana, social, solidaria e ecoloxicamente sustentábel que decida libremente o seu futuro, con lazos de irmandade, solidariedade e cooperación co resto de pobos e nacións que conforman a comunidade de países lusófonos, o Estado español, o marco europeo e o arco mediterráneo”, indican nun comunicado.

Por iso, amosan o seu apoio a unha gran confluencia de todas as Mareas Municipalistas, EN MAREA, Encontro Cidadá por unha Marea Galega, Mareas en Común, Foro Galego, asinantes do Chamamento de Vidán e todos os partidos galegos, entre eles, “Podemos, EU, Anova, BNG, Cerna, CxG...”.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2016 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO: MAREA GALEGA, A FORZA DA XENTE
MANIFESTO: MAREA GALEGA, A FORZA DA XENTE

As mulleres e homes que formamos a corrente A FORZA DA XENTE (integrada en PODEMOS GALICIA) e os integrantes da asociación Cidadá Galega NO OLLO DO FURACÁN (integrante de Mareas en Común) identificámonos cos valores da liberdade, a igualdade e a fraternidade inseparábeis da loita pola xustiza social, os dereitos democráticos da cidadanía, o feminismo e o ecoloxismo. Somos persoas que traballamos a cotio desde diversos ámbitos sociais por un cambio real, plenamente democrático, transparente, participativo e desde a base, que poña as institucións ao servizo da xente e modifique radicalmente o xeito de facer política.
Á vez, consideramos que para lograr estes obxectivos neste momento constituínte, o mellor escenario para Galicia, é lograr converternos nunha nación soberana, social, solidaria e ecoloxicamente sustentábel que decida libremente o seu futuro, con lazos de irmandade, solidariedade e cooperación co resto de pobos e nacións que conforman a comunidade de países lusófonos, o Estado español, o marco europeo e o arco mediterráneo.
En consecuencia con todo isto, queremos manifestar que, como soberanistas e galeguistas de esquerda, identificámonos plenamente cun proxecto verdadeiramente unitario e daremos o noso apoio á construción dunha gran candidatura galega unitaria de todas aquelas persoas e colectivos sociais que loiten por abrir un novo proceso constituínte que acabe definitivamente co réxime xurdido trala IIª Restauración borbónica. Convencidos que esta sería a única opción que mellor representaría os valores da verdadeira esquerda transformadora, que mellor defendería o dereito a decidir do pobo galego e a súa materialización a través dun referendo democrático.
Ao mesmo tempo queremos manifestar o noso apoio a unha gran confluencia de todas as Mareas Municipalistas, EN MAREA, Encontro Cidadá por unha Marea Galega, Mareas en Común, Foro Galego, asinantes do Chamamento de Vidán e todos os partidos galegos (PODEMOS, ESQUERDA UNIDA, ANOVA, BNG, CERNA, CxG...) opostos ás políticas austericidas da dereita.
Estamos convencidos de que unha GRAN MAREA GALEGA sería a única garantía para derrotar as políticas reaccionarias de Feijoo e acabar co caciquismo, a corrupción xeneralizada e lograr un cambio real nas institucións, catapultando cara ao parlamento galego a importantes segmentos das clases populares e defensores dos intereses da maioría social, rompendo co bipartidismo, impulsando unha sociedade máis xusta e igualitaria e, ao mesmo tempo, logrando o recoñecemento de Galicia como suxeito político soberano e un pacto democrático que facilite a celebración dun referendo de autodeterminación a través do cal a cidadanía decida de xeito claro, reflexivo e sen distorsións se quere ou non a independencia.
Polas razóns expostas, como persoas de esquerda que defendemos o dereito das galegas e galegos a decidir libremente o seu futuro, porque aspiramos a unha Galicia xusta, igualitaria e soberana defendemos unha candidatura de toda a esquerda e o nacionalismo galego, encabezada polo candidato idóneo elixido democraticamente nun proceso de primarias abertas ao conxunto da cidadanía.

En Compostela a 15 de xullo de 2016
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-07-2016 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
NO OLLO DO FURACÁN ASINA OS PRINCIPIOS BÁSICOS DE MAREAS EN COMÚN
0) Garantía efectiva dos dereitos humanos

1) Radicalidade Democrática

2) Transparencia e loita contra a Corrupción

3) Feminización da política e loita contra calquera tipo de discriminación

4) Defensa dun Modelo Económico Xusto que garanta os Dereitos Sociais e Laborais

5) Defensa da Lingua e Cultura Galega e do noso Patrimonio.

6) Protección do Ambiente e o Benestar Animal

7) Defensa do Común

8) Máis Autogoberno e mellor vertebración territorial


PRINCIPIOS BÁSICOS DE MAREAS EN COMÚN
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2016 05:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal