Novo fin de semana de choio
Aínda que de maneira distinta á habitual, esta fin de semana teremos dúas citas máis neste verán imparable. Primeiro este venres día 8 a partires das 11 no local KLASS de Narón Xan tentará levantalo ánimo ós presentes cun dos seus monólogos.

Xa no mencer do Sábado ó Domingo voltaremos a estar, e xa son tres anos seguidos, a preparala queimada, esconxuro incluido, para re-animala xente que estará a celebrar o festa dos Botes.

Ademáis este ano o pregoeiro, é un dos integrantes do Cartel do Festival Rock, será o noso compañeiro e Amigo "Toñito de Poi".

Eiquí tendes o cartel deste ano, unha vez máis, para non perdelo.

Alí nos vemos.

Peña de Andoio, un exemplo a seguir
Correndo os tempos que estamos, non podemos deixar pasar a oportunidade de mencionar a fermosa velada que pasamos o pasado Sábado 26 en Andoio (Tordoia).

Nunha noite de frío, a pesar de ser fináis de Xullo, a peña de Andoio celebrou, coma en anteriores anos, a súa cena. Perto de 200 persoas disfrutaron de Pulpo, Churrasco, viño, tarta, café, etc... ata altas horas da madrugada.

Despois da enchenta unha parella de armas tomar como son Eva e Camilo quentaron máis o ambiente, se se podía coas súas pezas, que deberían estar prohibidas pola súa incitación ó refriego.

Aproveitando un descansiño, desfilamos nos que, despois dunha restra de chistes, disfrutamos dun espectáculo inigualable protagonizado por tres presentes que fixeron as delicias dun público entregado que, como dixemos antes, estivo ó pe do cañón ata altas horas da mañán.

Noraboa ós organizadores, ánimo para vindeiros anos e gracias polo trato exquisito, coma exquisita foi a comida.

Un saúdo especial para o noso amigo Daniel, un cativo que apunta moi alto.

S. Bieito de Anceis
O pasado Venres día 25 de Xullo, en Anceis (Cambre), día do Apóstolo, celebrábase neste fermoso paraxe, a festa en honra a S. Bieito.

Este Santo, contan, é moi abogoso para os doentes de Berrugas.

A pesares de que o tempo estivo moi revolto durante todo o serán, esto non foi impedimento para pasar un día agradable pasandoo e comendo ben.

Non querendo ser tachados de "pelotas" queremos deixar constancia do carácter afable e familiar de tódolos alí presentes, tanto da comión coma do sector público.

Acompañados do Trío Armonía e dos Catro de Queixas a xente puido disfrutar dunha xornada festiva moi entretida.

Destacar a Jose e Company (foto) que inda hoxe deben ter dor de cabeza, coma nos, de tanto rir.

Temos que facer especial mención á Casa Pita, na que nos invitaron ese día e donde repetimos para cear fai pouco de maneira envidiable.

Se queres saber máis deste incomparable entorno gastronómico non te esquezas de pasar pola súa web e, o máis importante, polo seu local. Non te arrepentirás.

Gracias a todos e todas.

Fin de Semana de Romarías
Esta fin de semana vai de Romarías. O venres estaremos para amenizala sobremesa do S. Bieito de Cambre.

Na parroquia de San Xoán de Anceis (anexa de Santiago de Sigrás-Cambre) no rueiro de Mercurín eríxese, nunha pequena penechaira, unha sinxela ermida onde se cerebran anualmente dúas romarías adicadas ó santo San Bieito. Trátase da única romaría que ainda se está a realizar no Concello de Cambre.

Os milagres de San Bieito están vencellados con curacións de diversas protuberancias dermatíticas coma verrugas, grans ou pequenos bultos eruptivos da pel. Débese dicir que para que a curación sexa efectiva é obrigado comprir con diversos rituais que inciden directamente na vontade milagreira do santo.

En primeiro lugar pódese optar polo “ofrecemento”. Neste caso a curación será “a priori”: o fiel “ofrécese” ó Santo prometendo acudir á romaría si a intervención resulta eficaz, ben nunha soa ocasión o longo dese ano ou no que se indique na promesa, ben de por vida.

En caso de impedimento, á asistencia anual pódese delegar.

En segundo lugar, pódese acudir cá doencia e esperar a que se produza a intervención milagreira de San Bieito despois da presencia na romaría. Porén, esta variante da curación é “a posteriori”.

Si o doente se atopa neste caso debe seguir algunha das variantes que se están a ofertar e que a continuación se subliñan:

Pódese tentar influir no Santo mediante a doación de galiñas, galos, pitos, aceite, velas ou doacións en metálico que se adoitan colocar nos pliegues da súa vestimenta. Si se doan galiñas, galos ou pitos, estas pódense recuperar nunha espectacular puxa que se efectúa pola metade da mañanciña. No campo aledaño á ermida atópanse diversos postos de venda onde se poden mercar diversos exvotos de cera: máns, pés, brazos, pernas, cabezas, senos, etc. Calquera das variantes polas que se opte deberá ir acompanada cá asistencia ós servicios relixiosos que se están a cerebrar perante toda a mañán.

Por último, si o doente pretende que a curación sexa completa (sobor de todo cando o que se quere eliminar son as verrugas) cómpre efectuar un requisito se cadra fundamental: trátase de pasar por un buraquiño cadrado ubicado no lateral esquerdo da fachada do pequeno templo posto que, deste xeito, crúzase o umbral que separa e á vez leva do ámbito profano da enfermidade ó ámbito sagrado da limpeza e da luz, da ausencia de mal físico.

A costume sinala tamén que se deben tocar, para completar o círculo curativo, os panos da imaxen do santo e aplicalos a continuacíon ás diversas protuberancias que se desexe eliminar.

Xa o Sábado haberá que desprazarse á Parroquia de Andoio en Tordoia co mesmo obxetivo.

Finalísima do Vai de Baile
Os seguidores incondicionais do certame "Vai de baile", que cada venres se desenvolve en Luar, gozaron dos mellores representantes do baile tradicional por parellas que pasaron esta temporada polo programa, xa que esta noite se disputou a gran final do concurso. Os clasificados, Gholfiños de Ribeira e Bailadores da Telleira, intentaron sorprender de novo a audiencia coas súas coreografías para facerse co primeiro premio, que ascendeu a 6.000 euros. Finalmente foron os Bailadores da Telleira os que se levaron o gato á auga.

A catalá Mónica Naranjo inundou de música dance e forza o escenario do plató 1.000 de Montouto. Tras anos sen lanzar un álbum, a artista reaparece con Tarántula, un disco moderno e atrevido que transmite todo un mundo de sons, melodías e mestura de estilos.

E dunha das intérpretes máis sobresaíntes na música disco, Luar dou paso a unha das artistas de referencia no mundo da gaita, a ourensá Cristina Pato.

As novidades musicais continuaron da man de DjSon1C & Isis, "dj" residente en Disco Tatto da Estrada, que está a triunfar en España e Europa co tema "A festa non vai parar", primeira canción dance editada en galego e que soará esta noite no programa.

Despois de máis dun cuarto de século de traxectoria artística e de recoller a música popular andaluza, os inesquecibles Jarcha interpretaron, entre outras, a canción "Libertad sin ira", todo un himno durante os anos da transición española.

O Ballet Criollo de Bos Aires, os portugueses Navegante e os galegos Sete Nenos, completaron o elenco de artistas para a presente edición.