Recuncho pa transformar a miña tolemia en enerxía colectiva
|
|

|
| Somos... |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Festival de Cans |
|
Non destaca polo glamour nin polas limusinas, pero o Festival de Cans segue gañando prestixio como plataforma do audiovisual galego. Coa súa idiosincrasia rural de chimpibuses e galpóns, esta parroquia porriñesa congrega estes días a talentos de diante e detrás da cámara. Hoxe serán Kiko Veneno, Teté Delgado, Lucía Etxebarría e Manuel Manquiña os que participarán na festa, ben con música, ben relacionados coas novas obras audiovisuais.
Hoxe será unha das xornadas máis completas do festival. Desde as 16.30 horas no "Baixo de Moncho" e desde as 21.30 no torreiro de Cans, o festival acolle proxeccions, entregas de premios e música.
A noite acabará hoxe coas actuacións de Teté Delgado e Los Ciclones, e de Kiko Veneno.
O "Baixo de Moncho" será o centro do festival durante a tarde. A sección "Fillos de Cans" cita a partir das 18.30 horas ós creadores galegos que pasaron polo festival en edicions anteriores e que agora exhiben as súas propias largometraxes nas que aínda están traballjando. Tamén será turno da ficción, a animación e o documental con obras como "Crebinsky" de Quique Otero, "18 Comidas" de Jorge Coira, "O Apóstolo" de Fernando Cortizo, "Clangor" de Pablo Iglesias e "Relatos" de Mario Iglesias.
De tódolos xeitos, a xornada comenzará xa antes, as 16.30 horas, coa proxección de cortometraxes de dous festivais asociaciados ó de Cans no proxecto internacional Anywhere Cinema. O primero en proxectarse será ShootMe Film Festival de La Haya (Holanda) e a continuación Festivalito (La Palma, Canarias), con representantes de estes dous certames que profundizarán sobre as suas características e presentarán as pezas seleccionadas.
O "Baixo de Moncho" será tamén o escenario para o pase de duas cortometraxes. As 19.30 horas, Manuel Manquiña presenta "Sonata para un dueto", que protagoniza xunto con Berta Ojea, baixo a dirección de Javier Ruiz. As 20.00 horas presentarase "A nena que tiña unha soa orella", unha adaptación de Rubén Coca do relato da escritora Lucía Etxebarría. Director e escritora estarán en Cans pa falar do corto.
Chegada a noite será turno de desfile e estrenos no torreiro de Cans. As 21.30 horas as rúas da parroquia porriñesa acollerán unha procesión de chimpins,que acompañados polo conxunto "Os Treboeiros de Miumenta" chegarán do "Baixo do Moncho" ó campo da festa de Cans.
a sección "Noite de estrea", arrancará coa proxección dun "making off" da edición de 2008 do festival. Neste apartado, Cans será o ingrediente común para a programación nocturna. O festival segue mañan, demostrando unha edición máis que en Galicia hai muito que enseñar na pantalla.
Coa intención dun correcto transcurso do festival, o tráfico permanecerá cerrado na N-120 ó seu paso por Cans entre as 20.00 horas de hoxe, hasta as 12.00 horas do domingo. Non obstante, estarán señalizados os desvíos recomendados pola autovía A-52. Ol obxetivo desta decisión é mellora-la seguridade durante o certamen.
Información recollida no Faro de Vigo do 22/5/2009.
|
|
|
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
| |
| Ligazóns dende outras webs |
|
|
|
|
|