Un exame do Cetmar o que non fun. Unhas correccións do documento que non recibín, un informe que non rematei. Pero empezamos a xornada continua, as clases de ingles, etc.
Mañan seguro que se solucionan todos eses problemiñas.
Este fin de semana miramos tres peliculas españolas, das cales en duas o protagonista era Javier Cámara. Miramos La Torre de Suso, Fuera de Carta e La soledad. As duas primeiras mui ben, divertidas e con un trasfondo social. A terceira, a min pareceume un pouco parada, como composición artistica supoño que terá muitas cualidades, é decir, eu clasificariaa como cine de autor.
Tamén fomos a praia o sabado, pero por tercos, porque o tempo non acompañaba demasiado.
Por todos son coñecidos os ataques de nervios, de celos, de rabia, de pánico… Tamén os hai menos dramáticos, temos ataques de fame, ataques de tos, e os sempre contaxiosos ataques de risa.
Nunca hasta hai uns dias se me ocurrira pensar no ataque dunha enfermidade hacia a nosa integridade. Creo que pa chegar a sentirse atacado por unha doenza hai que pasar por unha serie de etapas, hasta que ó fin asimilas unha nova condición, na que ese mal pasa a formar parte do teu día a día. Desde entón haberá momentos nos que che da tregua e outros nos que che declarará a guerra.
Homenaxe o meu avó, que cada vez mais sinte como a sua enfermidade o ataca.
O fin de semana pasado viñeron Dami e Rus a darnos unha visita.
O sabado pola mañan fomos a dar unha volta polo centro de Santander dispois dun completo desaiuno, e pola tarde fomos a dar un paseo pero como o tempo non acompañaba muito metemonos no cine a mirar Indiana Jones.
O domingo fomos comer a Los Tojos e pola tarde as cuevas do Soplao, tomamos un chocolate con churros e pa casiña.
O luns fomos a Cabarceno, onde hai como novidade unha parexa de gorilas, pero o espectaculo de aves rapaces e o dos leóns mariños tamén foron novos pa Rua e pa min. O parque vale muito a pena, miramos un montón de osiños...
E o martes fomos a Bilbao, onde estuvemos con uns amigos de Rua, pero o motivo real foi o espectaculo de Cavalia, que Rus tiña muitas ganas de mirar. O certo e que a nos tamén nos gustou, son impresionantes as acrobacias que fan e o traballo implicito pa que os cabalos fagan o seu papel .
O miercoles xa marcharon, hasta a próxima!!.
"...Nuestras vidas son los ríos
que van a dar en la mar,
que es el morir;..."
Decía Jorge Manrique en las coplas por la muerte de su padre.
Eu sei que nun futuro recordarei o 2008 como un bo ano. De momento miro a luz, non sei canto me queda por andar pa chegar a saída deste tunel, pero paso a paso vou cara a ela.