Pensamentos escritos


Recuncho pa transformar a miña tolemia en enerxía colectiva


Somos...
 Outros sitios de interese
 Temáticas
 Pensamentos mais antigos
 ANTERIORES

Festival de Cans
Non destaca polo glamour nin polas limusinas, pero o Festival de Cans segue gañando prestixio como plataforma do audiovisual galego. Coa súa idiosincrasia rural de chimpibuses e galpóns, esta parroquia porriñesa congrega estes días a talentos de diante e detrás da cámara. Hoxe serán Kiko Veneno, Teté Delgado, Lucía Etxebarría e Manuel Manquiña os que participarán na festa, ben con música, ben relacionados coas novas obras audiovisuais.

Hoxe será unha das xornadas máis completas do festival. Desde as 16.30 horas no "Baixo de Moncho" e desde as 21.30 no torreiro de Cans, o festival acolle proxeccions, entregas de premios e música.
A noite acabará hoxe coas actuacións de Teté Delgado e Los Ciclones, e de Kiko Veneno.
O "Baixo de Moncho" será o centro do festival durante a tarde. A sección "Fillos de Cans" cita a partir das 18.30 horas ós creadores galegos que pasaron polo festival en edicions anteriores e que agora exhiben as súas propias largometraxes nas que aínda están traballjando. Tamén será turno da ficción, a animación e o documental con obras como "Crebinsky" de Quique Otero, "18 Comidas" de Jorge Coira, "O Apóstolo" de Fernando Cortizo, "Clangor" de Pablo Iglesias e "Relatos" de Mario Iglesias.
De tódolos xeitos, a xornada comenzará xa antes, as 16.30 horas, coa proxección de cortometraxes de dous festivais asociaciados ó de Cans no proxecto internacional Anywhere Cinema. O primero en proxectarse será ShootMe Film Festival de La Haya (Holanda) e a continuación Festivalito (La Palma, Canarias), con representantes de estes dous certames que profundizarán sobre as suas características e presentarán as pezas seleccionadas.
O "Baixo de Moncho" será tamén o escenario para o pase de duas cortometraxes. As 19.30 horas, Manuel Manquiña presenta "Sonata para un dueto", que protagoniza xunto con Berta Ojea, baixo a dirección de Javier Ruiz. As 20.00 horas presentarase "A nena que tiña unha soa orella", unha adaptación de Rubén Coca do relato da escritora Lucía Etxebarría. Director e escritora estarán en Cans pa falar do corto.
Chegada a noite será turno de desfile e estrenos no torreiro de Cans. As 21.30 horas as rúas da parroquia porriñesa acollerán unha procesión de chimpins,que acompañados polo conxunto "Os Treboeiros de Miumenta" chegarán do "Baixo do Moncho" ó campo da festa de Cans.
a sección "Noite de estrea", arrancará coa proxección dun "making off" da edición de 2008 do festival. Neste apartado, Cans será o ingrediente común para a programación nocturna. O festival segue mañan, demostrando unha edición máis que en Galicia hai muito que enseñar na pantalla.

Coa intención dun correcto transcurso do festival, o tráfico permanecerá cerrado na N-120 ó seu paso por Cans entre as 20.00 horas de hoxe, hasta as 12.00 horas do domingo. Non obstante, estarán señalizados os desvíos recomendados pola autovía A-52. Ol obxetivo desta decisión é mellora-la seguridade durante o certamen.


Información recollida no Faro de Vigo do 22/5/2009.
Comentarios (0) - Categoría: Variedades - Publicado o 22-05-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Summer Universities
Esta semana faláronme dunha forma de viaxar por europa, por 140 euros pasas 15 dias nunha cidade europea con aloxamento e media pensión. A viaxe non está incluida, pero creo que ainda con iso compensa.
A paxina que podedes consultar pa obter máis información é:
http://www.karl.aegee.org/
Comentarios (0) - Categoría: Variedades - Publicado o 21-03-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mais energías renovables

All of Europe's energy needs could be supplied by building an array of solar panels in the Sahara desert, a climate change conference has been told

March 11, 2009 (The Times)
Comentarios (0) - Categoría: Variedades - Publicado o 11-03-2009 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Refrán
'Si os porcos voaran non habería aves que lle gañaran!'

Que vos parece?. Este refrán ensinoumo o meu compi de despacho mexicano Omar.

Aceptanse acepcións.
Comentarios (0) - Categoría: Cotilleos propios - Publicado o 05-03-2009 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Orkney Island
Levo uns días informándome sobre o desenvolvemento de tecnoloxías para obter enerxía do mar. E resulta que en Escocia hai un centro, o EMEC, que se creou específicamente para este fin.

Parece que as empresas do petróleo tamén están a investir na investigación desta nova fonte de enerxía.

Chegarei a comprar un coche que non funcione con derivados do petróleo algún dia?
Comentarios (0) - Categoría: Variedades - Publicado o 12-02-2009 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
UTO
INNOVACIÓN E INDUSTRIA PRESENTA EN VIGO O PROXECTO CIENTÍFICO DA FUTURA UNIDADE TECNOLÓXICA OCEANOGRÁFICA (UTO)
• Esta unidade forma parte do Mapa de Infraestruturas Científico-Tecnolóxicas Singulares (ICTS) estatal, xunto con outras tres instalacións galegas: o Finisterrae e os buques oceanográficos Cornide de Saavedra e Sarmiento de Gamboa
• O centro estará ubicado nas instalacións da Cidade do Mar e prestará servizo técnico de apoio á investigación en oceanografía e pesquerías, así como desenvolverá tecnoloxía para a observación do océano.

Para ler mais preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: Variedades - Publicado o 08-02-2009 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O porvir
"Moitas veces, a forza de pensar tanto no noso porvir, deixanos sen presente"


Eduardo Blanco Amor
Comentarios (0) - Categoría: Variedades - Publicado o 03-02-2009 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Voda de Ana e Omar

Este fin de semana funme ó Valle de Soba a celebrar a voda de Ana e Omar, uns compañeiros meus de traballo.

A organizadora do evento, propuso que pa darlle unha sorpresa nos disfrazaramos, elas de sevillanas e eles de mexicanos, porque Omar é mexicano e Ana estudiou en Cádiz. Eu non topei un vestido de sevillana, asi que comprei un disfraz pa ir de dama de honor.

Na foto estamos de dereita a esquerda, Elena, Gabo, Antonio Tomás, Itziar e mais eu.

O albergue está mui ben, tiña un salón no faiado con uns sofás mui cómodos ó redor dunha cheminea, piscina (que por suposto non usamos porque facía muito frío), e unha sala onde había un fubolín e unha tabla de ping-pong.
Comentarios (1) - Categoría: Cotilleos propios - Publicado o 01-02-2009 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Escapada a Extremadura

O fin de semana pasado funlle dar unha visita a Rúa a Extremadura.

Houbo varias cousas que me chamaron a atención, a primeira que había grandes extensións con paneis solares, e o resto todas relacionadas co turismo gastronómico. Que si teñen denominación de orixe po pimentón de La Vera, por suposto, os porcos de pata negra, que se poden mirar na foto, e a cantidade de ovellas que mirei por alí. Fomos a Cáceres, e preto de alí está Casar de Cáceres, de donde procede a Torta do Casar.

Trúenme un queso de cabra que estaba boísimo. Comemos xamón ibérico, e eu solomillo de porco ibérico e Rúa o secreto, en fin que disfrutamos dos productos típicos.


Comentarios (1) - Categoría: Cotilleos propios - Publicado o 01-02-2009 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Novedades
Ola, hai muito tempo que non escribo, entre que estuven mui ocupada e non teño muito que contar, pois deixei isto un pouco abandonado.

Contovos, xa son Doctora pola Universidade de Cantabria. Todo o mundo fai chistes sobre algunha doenza e eu que son mui corta case nunca os pillo, é dicir, sempre me entero tarde, cando xa non ten gracia.

Comezou un novo ano e unha chea de incertidumbres na miña vida, porque como pasa habitualmente nestes casos, decidir cal será o seguinte paso non é unha tarea sinxela.

Intentarei mantervos informados, ou polo menos escribir algunha que outra cousa pa que sepades que nesta cabeciña sempre hai cousas nas que pensar.

Un saúdo,

Susana
Comentarios (1) - Categoría: Cotilleos propios - Publicado o 22-01-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal