O ENDL do IES A Paralaia ofréceche este espazo para presentares todo tipo de noticias, comentarios, suxestións... que favorezan o uso da nosa lingua dentro e fóra das aulas .
AGARDAMOS A TÚA PARTICIPACIÓN.


Sen complexos e coa colaboración de tod@s, o galego acadará o prestixio que lle corresponde.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CEN ANOS CELEBRANDO,TODA UNHA VIDA LOITANDO
Lema da Marcha Mundial das Mulleres para esta xornada do Día da Muller Traballadora.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2010 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TERRAS DE ACOLÁ
O luns, 1 de marzo, Luís Menéndez, presentador e autor da serie de documentais “Terras de Acolá”, que recorreu os países de fala portuguesa no mundo, fíxonos unha presentación e resumo do seu traballo. Contounos que el e o seu equipo viaxaron por oito países (cinco en África, un en América –Brasil-, un en Indonesia –Timor- e Portugal en Europa). Son os que forman a CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa).
Puidemos ver parte da presentación da serie, imaxes dos diferentes lugares percorridos, danzas, ríos e fervenzas, aldeas e cidades, escolas, mulleres con vestidos cheos de color e nenos
, moitos nenos!
Máis que viaxes, toda unha serie de aventuras que nos aproximan a moita xente coa que podemos comunicarnos dende o galego. Foi unha pena non dispoñermos de máis tempo para seguir a escoitar as anécdotas de Luís ou ver máis de vagar outras imaxes dos documentais.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2010 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
BIBLIOTECADIXITAL MUNDIAL

A UNESCO lanzou unha biblioteca dixital mundial en abril do 2009 que reune mapas, textos, fotos, gravacións e películas de todos os tempos e explica en sete idiomas as xoias e reliquias culturais de todas as bibliotecas do planeta: árabe, chinés, inglés, francés, ruso, español e portugués.

Ten, sobre todo, carácter patrimonial.


A biblioteca pódese accesar desde o seguinte enderez:
http://www.wdl.org/

O acceso é gratuíto e os usuarios poden ingresar directamente pola Web, sen necesidade de rexistrarse.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2010 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Celebración universal do día I. da muller traballadora que é, sobre todo, unha reivindicación social.
Clica aquí para coñecer a traxectoria do movemento feminista organizado organizado ao longo da democracia en Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OBRADOIRO DE TÉCNICAS PARA A LECTURA E A NARRACIÓN EN VOZ ALTA



Hoxe celebrouse no salón de usos múltiples do IES un obradoiro de: Técnicas para a lectura e a narración en voz alta. O obradoiro estaba dirixido ao alumnado de 1º de ESO.
A encargada de impartir o obradoiro, Mª Inés Cuadrado, foi explicando ao alumnado os recursos que podemos utilizar para que a narración sexa máis viva:
-O xogo coa voz segundo os personaxes e os distintos estados de ánimo.
-As pausas, silencios e matices
-Así como a importancia da mirada.
O alumnado seguiu con atención e interese todas as explicacións e colaboruo sempre que foi requerido.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2010 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Organizado polo Departamento de Galego-portugués,dende o día 4 de febreiro ata o 28 do mesmo contamos cunha exposición titulada "Terras de Acolá" onde se recollen os países de fala portuguesa de todo o mundo. Ademais contamos cos vídeos do mesmo título realizados por Luís Menéndez. Tamén esperamos contar coa presenza do autor para contarnos as súas vivencias.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2010 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ORGULLOSOS/AS DO NOSO, ORGULLOSOS/AS DO GALEGO.
A CENDL presentou hoxe en Santiago unha campaña en defensa do galego, nos centros educativos, baixo o lema “Orgullosos/as do noso, orgullosos/as do galego” composta por dous vídeos que terán unha "ampla difusión escolar e social".

A campaña está protagonizada polos actores Luís Tosar, recentemente galardoado cun Goya polo seu papel de Malamadre en Celda 211, Carlos Ares e Martiño Rivas e polas actrices María Castro e Isabel Risco, o produtor audiovisual Antón Reixa, a gaiteira Susana Seivane e a xornalista Belén Regueira.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2010 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
12 DE FEBREIRO. ENTROIDO NO PARALAIA

Un ano máis, as comparsas e disfraces encheron de festa os corredores e patios do IES. Como proba aí tedes as fotos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ENTERRO DO BORRADOR
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2010 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
14 DE FEBREIRO: SAN VALENTÍN
Unha das lendas que conta a historia de San Valentín data da Roma do século III, época na que o cristianismo era perseguido. Neste período tamén se prohibía o matrimonio dos soldados xa que crían que os homes solteiros rendían máis no campo de batalla que os homes casados que estaban emocionalmente ligados as súas familias.
Aquí xorde a figura de San Valentín, un sacerdote cristián que ante esta inxustiza, decide casar ás parellas, as agachadas dos romanos, baixo o ritual cristián.
Ao ser descuberto, o emperador Claudio II ordena ao gobernador de Roma o seu proceso. Mentres agardaba no cárcere o seu martirio, daba clases a Julia, a filla do carcereiro, da que se namora.
A véspera da súa execución mándalle unha nota de despedida na que asinaba coas palabras:
“do teu Valentín”, e de aquí vén a orixe das cartas de amor e dos poemas que se envían os namorados na actualidade e da expresión de despedida: do teu Valentín.
Despois veu a igrexa canonizalo como patrón dos namorados e logo os comerciantes aproveitando a festa para aumentar as vendas de: flores, bombóns ... e demais agasallos para amosar o amor e a amizade.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2010 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal