|
|
|
|
| VALORACIÓN DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN |
|
CGENDL: 'O decreto afonda nos prexuízos cara ao galego'
Redacción . A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) valora ‘negativamente’ que o anteproxecto do decreto do plurilingüismo non desenvolva os preceptos da Lei de Normalización Lingüística como ‘si facían os decretos anteriores’. Neste sentido, a Coordinadora subliña que o decreto ‘discriminará’ o galego no ensino e ‘provocará serios conflitos na comunidade educativa’. |
|
|
|
|
| ANTEPROXECTO DO DECRETO DE LINGUAS |
|
O galego excluído das ciencias máis abstractas en Primaria e Secundaria. Unha consulta vinculante ás familias...
Vídeo da concentración en Santiago, contra o anteproxecto do Decreto de linguas. |
|
|
|
|
| A LITERATURA GALEGA FÓRA DE GALICIA |
|

A novela de Manuel Rivas "Os libros arden mal" publicada en galego no 2006, véndese dende o mes pasado en Inglaterra co título "Books Burn Badly".
"Unha novela excepcional escrita por un autor excepcional", así gaba a prensa inglesa a Manuel Rivas. |
|
|
|
|
| CEN ANOS CELEBRANDO,TODA UNHA VIDA LOITANDO |
|
| Lema da Marcha Mundial das Mulleres para esta xornada do Día da Muller Traballadora. |
|
|
|
|
| TERRAS DE ACOLÁ |
|
O luns, 1 de marzo, Luís Menéndez, presentador e autor da serie de documentais “Terras de Acolá”, que recorreu os países de fala portuguesa no mundo, fíxonos unha presentación e resumo do seu traballo. Contounos que el e o seu equipo viaxaron por oito países (cinco en África, un en América –Brasil-, un en Indonesia –Timor- e Portugal en Europa). Son os que forman a CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa).
Puidemos ver parte da presentación da serie, imaxes dos diferentes lugares percorridos, danzas, ríos e fervenzas, aldeas e cidades, escolas, mulleres con vestidos cheos de color e nenos, moitos nenos!
Máis que viaxes, toda unha serie de aventuras que nos aproximan a moita xente coa que podemos comunicarnos dende o galego. Foi unha pena non dispoñermos de máis tempo para seguir a escoitar as anécdotas de Luís ou ver máis de vagar outras imaxes dos documentais.
|
|
|
|
|
| BIBLIOTECADIXITAL MUNDIAL |
|
 A UNESCO lanzou unha biblioteca dixital mundial en abril do 2009 que reune mapas, textos, fotos, gravacións e películas de todos os tempos e explica en sete idiomas as xoias e reliquias culturais de todas as bibliotecas do planeta: árabe, chinés, inglés, francés, ruso, español e portugués.
Ten, sobre todo, carácter patrimonial.
A biblioteca pódese accesar desde o seguinte enderez:
http://www.wdl.org/
O acceso é gratuíto e os usuarios poden ingresar directamente pola Web, sen necesidade de rexistrarse.
|
|
|
|
|
| 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA |
|
Celebración universal do día I. da muller traballadora que é, sobre todo, unha reivindicación social.
Clica aquí para coñecer a traxectoria do movemento feminista organizado organizado ao longo da democracia en Galicia. |
|
|
|
|
| OBRADOIRO DE TÉCNICAS PARA A LECTURA E A NARRACIÓN EN VOZ ALTA |
|
Hoxe celebrouse no salón de usos múltiples do IES un obradoiro de: Técnicas para a lectura e a narración en voz alta. O obradoiro estaba dirixido ao alumnado de 1º de ESO.
A encargada de impartir o obradoiro, Mª Inés Cuadrado, foi explicando ao alumnado os recursos que podemos utilizar para que a narración sexa máis viva:
-O xogo coa voz segundo os personaxes e os distintos estados de ánimo.
-As pausas, silencios e matices
-Así como a importancia da mirada.
O alumnado seguiu con atención e interese todas as explicacións e colaboruo sempre que foi requerido. |
|
|
|
|
|
|
Organizado polo Departamento de Galego-portugués,dende o día 4 de febreiro ata o 28 do mesmo contamos cunha exposición titulada "Terras de Acolá" onde se recollen os países de fala portuguesa de todo o mundo. Ademais contamos cos vídeos do mesmo título realizados por Luís Menéndez. Tamén esperamos contar coa presenza do autor para contarnos as súas vivencias.
|
|
|
|
|
| ORGULLOSOS/AS DO NOSO, ORGULLOSOS/AS DO GALEGO. |
|
A CENDL presentou hoxe en Santiago unha campaña en defensa do galego, nos centros educativos, baixo o lema “Orgullosos/as do noso, orgullosos/as do galego” composta por dous vídeos que terán unha "ampla difusión escolar e social".
A campaña está protagonizada polos actores Luís Tosar, recentemente galardoado cun Goya polo seu papel de Malamadre en Celda 211, Carlos Ares e Martiño Rivas e polas actrices María Castro e Isabel Risco, o produtor audiovisual Antón Reixa, a gaiteira Susana Seivane e a xornalista Belén Regueira.
|
|
|
|
|
|
|
|