O ENDL do IES A Paralaia ofréceche este espazo para presentares todo tipo de noticias, comentarios, suxestións... que favorezan o uso da nosa lingua dentro e fóra das aulas .
AGARDAMOS A TÚA PARTICIPACIÓN.
Sen complexos e coa colaboración de tod@s, o galego acadará o prestixio que lle corresponde. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| SUCEDEU EN XULLO |
|
2 de xullo de 1861: celébranse na Coruña os I Xogos Florais, concurso poético para fomentar a escrita en galego.
3 de xullo de 1982: acórdanse as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega. Foron modificadas en 2003.
5 de xullo de 1885: publícase na Habana o primeiro número d´A gaita gallega, a primeira publicación monolingüe en galego da emigración de América.
8 de xullo de 2008: cúmprense 25 anos da creación do Consello da Cultura Galega (1983)
12 de xullo de 1917: preséntase no teatro Rosalía de Castro da Coruña o coro galego Cántigas da Terra, representando unha obra de Labarta Pose.
14 de xullo de 1870: nace en Castropol Ramón García González, escritor en galego na variedade de Asturias.
15 de Xullo de:
o 1885: morre en Padrón a escritora Rosalía de Castro.
o 1957 nace na Coruña a violinista e escritora Luísa Villalta.
19 de xullo de 2007: publícase o Real decreto de creación do Consello de Linguas Oficiais na Administración xeral do Estado.
20 de xullo de 1979: regúlase legalmente a incorporación da lingua galega ao sistema educativo en Galicia.
23 de xullo de 1221: nace en Toledo o rei Afonso X, O Sabio, que cultivou e prestixiou a lírica medieval en galego nas Cortes de Castela.
24 de xullo de 1985: comeza as súas emisións en probas a Televisión de Galicia, canle pública creada coa “misión de servizo público consistente na promoción, difusión e impulso da lingua galega”. En 2003 a Real Academia Galega aproba a reforma normativa.
25 de xullo de:
o 1920: Primeira conmemoración do Día de Galicia, instaurada na II Asemblea Nacionalista.
o 1950: constitúese a Editorial Galaxia.
o 1965: Primeira misa integramente na honra de Rosalía de Castro, oficiada polo padre Seixas, que completa outros precedentes da liturxia en lingua propia que xa se deran nos anos 30.
o 1974: Comeza a emisión en TVE de Panorama de Galicia, primeiro informativo televisivo en galego.
o 1985: A TVG comeza a emitir Dallas, a primeira serie de éxito dobrada ao galego.
o 1989: Remátase de imprimir a primeira Biblia en galego
29 de xullo de 1961: morre o poeta Aquilino Iglesia Alvariño, autor de Cómaros verdes, a primeira obra literaria publicada en galego na posguerra.
30 de xullo de 1906: nace Xesús Ferro Couselo, historiador e ensaísta. Cúmprense 50 anos da morte en Ourense de López Cuevillas (1958), membro da Xeración Nós e pai da arqueoloxía científica en galego.
|
|
|
|
|
| ASÍ QUEDOU O MATERIAL |
|
 |
|
|
|
|
| FARO DE VIGO |
|

|
|
|
|
|
| DIARIO PONTEVEDRA |
|

|
|
|
|
|
| FIN DA CAMPAÑA DE GALEGUIZACION DOS MENÚS ATLÁNTICO |
|

|
|
|
|
|
| SUCEDEU EN XUÑO |
|
1 de Xuño de 1910: nace en Bos Aires o escritor galeguista Luís Seoane, fundador con Díaz Pardo do Laboratorio de Formas.
5 de Xuño de 1996: Varias asociacións inician en Barcelona a redacción da Declaración Universal dos dereitos lingüísticos.
8 de Xuño de 1907: nace en Noia a poetisa María Mariño, chamada dinamiteira da fala pola súa innovación lingüística.
10 de Xuño de 2006: día de Camoes, para celebrar a lingua portuguesa. Constitúese en Santiago a asociación PuntoGal, para lograr un dominio propio para a lingua e cultura galegas na rede.
13 de Xuño de 1898: nace na Couña o médico e político galeguista Xaime Quintanilla Martínez, membro das Irmandades da Fala, que morreu fusilado en 1936.
13 de Xuño de 2005: O Consello de Europa publica as Conclusións do Consello da UE relativas ao uso oficial doutras linguas…, que abre as portas á incorporación do galego nas institucións europeas.
14 de Xuño de 1821: nace na Estrada Marcial Valladares, autor dun diccionario galego-castelán e mais da primeira novela escrita en galego: Maxina ou a filla espuria (1880).
15 de Xuño: cúmprense os 25 anos da Lei de Normalización Lingüística (1983), para a protección e fomento da lingua galega.
18 de Xuño de 2006: apróbase en referendo en Cataluña a reforma do seu Estatuto de Autonomía, que equipara, por vez primeira en España, o status xurídico das dúas linguas oficiais. Tamén lle outorga recoñecemento de lingua oficial á lingua occitana no Val de Arán.
19 de Xuño de 1940: morre Enrique Peinador Lines, empresario galeguista e mecenas cultural.
21 de Xuño de 1988: apróbase no Parlamento a lei que regula o uso do galego como lingua oficial das entidades locais.
23 de Xuño de 1905: nace en Lugo o musicólogo Bal y Gay, estudoso e difusor da tradición musical de Galicia.
23 de Xuño de 1907: nace en Ourense o etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas.
24 de Xuño de 1891: nos Xogos Florais de Tui, Manuel Murguía, Alfredo Brañas e Lago González pronuncian os que se teñen por primeiros discursos en galego nun acto público.
26 de Xuño de 1971: inaugúrase o Instituto da Lingua Galega.
27 de Xuño de 1994: constitúese a Fundación Galicia-Empresa, para promover o uso da lingua.
28 de Xuño de 1936: Apróbase en referendo o Estatuto de Autonomía para Galicia, que por mor do alzamento militar non chegou a entrar en vigor.
|
|
|
|
|
| O NOVO NAVEGADOR FIREFOX 3 XA SE PODE USAR EN GALEGO |
|
A nova versión acabada de lanzar do máis popular navegador de código aberto, o Firefox de Mozilla, xa dispón de versión en galego desde o principio, grazas ao paquete de idioma traducido por Mancomún, o Centro de Referencia e Servizos de Sóftware Libre de Galiza.
Para máis información pica aquí. |
|
|
|
|
| INXUSTIZAS COA LINGUA |
|
De escándalo podemos definir o que lle aconteceu a este mozo vigués. Logo de ler esta noticia percatámonos de que aínda existen estas aberracións contra a lingua propias da época franquista. Como é posible que no Século XXI, a un mozo galego-falante que domina sete idiomas se lle prohiba falar na súa lingua propia, na lingua do seu país? Para o noso pesar aínda quedan no país carcas, que se loan de ser europeos mais que a súa mente non ten a capacidade suficiente de abrirse á nova Europa multilingüe, onde o respecto e utilización da lingua propia é sinal de prestixio, tolerancia e identidade.
Ver La Voz de Galiciai> xoves, 19 páxina, 17 |
|
|
|
|
| NOVAS DO ENDL |
|
Informamos aos nosos visitantes que temos practicamente rematado o traballo de galeguización dos menús dos establecementos hostaleiros do Concello de Moaña.Todo o material está na imprenta e estamos coas últimas correccións, onte mesmo dabamos a nova no Faro de Vigo.
Esqueceramos dicir que o deseño seleccionado como logotipo da campaña é de Kimberly, alumna de 3º De ESO. |
|
|
|
|
| DESEÑO DO LOGOTIPO PARA A CAMPAÑA DE GALEGUIZACIÓN DOS MENÚS |
|
O deseño do material para a campaña de galeguización dos establecementos de hostalaría foi realizado polo departamento de plástica e o ENDL. Presentouse como traballo no 2º trimestre e rematouse o proxecto a mediados do 3º.
Acordamos facer esta actividade co alumnado de 4º de ESO (grupos A, B, C), seguindo un método de traballo sinxelo. Os profesores do departamento marcamos unhas directrices a seguir, cunhas referencias claras ao que debían ou non debían facer, fíxose un remuíño de ideas no encerado para que toda a clase participase no proxecto. Deixamos claro que o deseño dunha imaxe corporativa para un proxecto coma este necesitaba centrarse na propia imaxe, e que esta non debía ser recurrente en elementos propios da restauración xa deseñados, coma garfos, coitelos, mapas de Galicia, etc...
Pasada a primeira semana xa se podían ver resultados, en sucio, verdadeiramente interesantes e liñas de actuación moi claras. Durante as dúas semanas seguintes foron perfeccionándose e mellorando as ideas ata chegar ao resultado máis óptimo: cambios de cor, colocación dos elementos imaxe e texto, tipo de letra, etc.
O seguinte paso foi facer unha exposición con todos os deseños e descartar os menos válidos para traballar con dez aproximadamente. A finalidade era simplificar ao máximo a segunda parte do traballo, pois se por un lado o logotipo estaba conseguido, tiñamos que desenvolver a imaxe corporativa: os portamenús, os salvamanteis, a folla do menú do día e o marcador para a listaxe dos establecementos participantes na ... Neste traballo tivemos que intervir os profesores de debuxo, pois un bo deseño pode botarse a perder por unha mala integración no programa corporativo.
Traballamos cos tres deseños elexidos ( enrte os 60 que fixera o alumnado).
O deseño da raspa de sardiña foi o elexido, e o último paso foron as correccións necesarias tralas probas de imprenta: axuste de cores, tamaños e tipos de letra... |
|
|
|
|
|
|
|
|
|