Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pronación do pé e as súas consecuencias


Este vídeo mostra como a pronación do pé (neste caso pola tíbia e peroné da perna dereita) provoca que se apoie mal ó camiñar, isto fai que pousemos primeiro o lado exterior do calcañar provocando unha serie de torsións: primeiro no nocello,tendo por conseguinte maior risco de escordaduras , causando, ó mesmo tempo, lesión planta do pé (fascitis plantar), de seguido a cadea cinética repercute no xiro da tíbia hacia dentro, co que se está forzando os cartílaxes e os ligamentos do xeonllo, pasando posteriormente á cadeira, e logo provocando dor na zona lumbar da columna.
Comentarios (0) - Categoría: Saúde - Publicado o 30-09-2010 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Incompetencia e ilegalidade
"Profes co Galego" explican porque é ilegal o decreto do plurigüísmo e porque eles non van dan as clases en castelán.

Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 27-09-2010 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Como abrir unha botella cun zapato
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 27-09-2010 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Galegoesclerose

Con estas porcentaxes nas escolas infantís, co 5 % na prensa, coa prohibición de dar materias en galego ....
Como ves ti o futuro?
Non sei se será o caso desta nova gardería, pois aínda ten algo esperanzador ó atreverse a poñerlle Bicos, nós hoxe vendo o que hai nesta cidade vémolo así:

De Viñetas Galego


Como unha esclerose.

Quizá mañá teñamos un mellor día.
Comentarios (2) - Categoría: Galego - Publicado o 26-09-2010 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Eu chorei, chorei
Mentres aquí traducimos a Carolina ó Castelán , para seguir vivindo no esperpento, na India, na Escola María Soliño", cantan "Eu chorei, chorei" en Galego. Menos mal que temos de cando en vez algunha boa nova, aínda que sexa de tan lonxe.

height="385">
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 26-09-2010 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Presión dos xubilados
Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 25-09-2010 08:08
# Ligazón permanente a este artigo
O libro total
Páxina moi interesante: http://www.ellibrototal.com/ltotal/

Onde se poden atopar un montón de libros, algúns deles pódense escoitar, comparar entre diferentes linguas, e por enriba podes crear tamén o teu propio libro. Hai tamén un montón de imaxes, cancións relacionadas cos libros que tamén se poden escoitar,...Como dixen antes unha boa páxina.
O que me volveu a indignar é que entre as linguas non está o galego. Hai un montón de sitios en que atopas o catalán e o castelán pero nón o galego. Ata cando? Cando os galegos poremos interés na nosa lingua para que a teñan en conta noutros paises? Ou poñemos "as pilas" ou quedaremos fumígados en menos do que canta un galo, xa que o que está a acontecer non promete moito.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 24-09-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
La Falda de Carolina






Por Noela Rey Méndez no Xornal

"O que che me faltaba por oír. Ou ler, neste caso. La falda de Carolina tiene un lagarto pintado, cuando Carolina baila el lagarto mueve el rabo. Toma xa! A popular canción galega está traducida nun libro de música de 6º de Primaria. O que faltaba por oír. Disque é porque o libro tanto vale para Marín e Burela como para Tordesillas e San Juan de Gredos. E que podería ser o seguinte?

Adiós ríos, adiós fuentes, adiós riachuelos pequeños. Y posa, posa, posa, y no me toques aquella cosa. Estaba yo en la capilla de San Simón y me cercaron las olas, qué grandes son. Cuatro viejos marineros, todos metidos en un bote. ¿Qué dicen los rumorosos en la costa que reverdece? Apaga la vela, Marica, chús, chús. Aquí viene el mayo de flores cubierto. Olitas vienen, olitas vienen, olitas vienen y van, no te vayas rianjera (¿?), que te vas a marear.

Só de escribilo, e xa me doe a vista. Pero será posible que nin as cantigas populares se poidan respectar?"
Comentarios (1) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 24-09-2010 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Acrosport

Algúns do exercicios que faremos este anos nas clases de E. Física. Gústanche?
O "acrosport" está definido como un deporte acrobático coreográfico.



Neste segundo vídeo podes ver un coreografía real feita nun instituto.

Comentarios (0) - Categoría: E. Física - Publicado o 22-09-2010 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Alfonso Costa
Sen a lingua seriamos monicreques que dormen no faiado da Historia”

“Somos como estraños nunha terra empeñada en perder a súa fala e en renunciar a ser única no gran proxecto humano. A volta é necesaria a fin de recuperar as fontes primixenias”

"O idioma é máis importante que a arte, e mesmo que as institucións. Cada palabra nosa trae a historia dos que nos precederon. Mentres exista a nosa lingua existimos como pobo, do contrario estamos abocados a ser unha va ilusión, monicreques inanimados que dormen no faiado da Historia. A nosa nula autoestima fainos quedar sempre como por debaixo dos demais e isto é lástima porque os nosos e nosas creadores, en todos os ámbitos, están á altura das máis importantes manifestacións do mundo. Sentírmonos orgullosos do noso idioma é, a todas luces, máis beneficioso para o conxunto do país que non andar gabando o de fóra, só por ser de fóra, en detrimento do que nos é propio".


Ver todo.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 20-09-2010 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis