Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Refráns sanxoaneiros
DITOS E REFRANS.

Son frases feitas, en prosa ou verso, baseadas na observación dos fenômenos naturais e que a sabiduría humana proverbia, dun xeito categórico a filosofia popular. Os principais refráns sanxoaneiros recollidos din:

- En san Xoán, as bruxas fuxirán.
- Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
- Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
- A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
- Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
- No san Xoán, na palangana cagarán.
- Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.
- Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.
- En san Xoán, cardos dan.
- No san Xoán, peras na man.
- No san Xoán, as peras caen ó chan.
- A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
- No san Xoán, fouciña na man.
- Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.
- Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
- Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
- Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
- 0 coello polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.
- Quen auna (xexuna) polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.
- Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
- En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.
- Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
- Polo san Xoán, as nove co día darán.
- Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
- 0 dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.
- Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.


Fonte Orixinal: Carlos Villaverde Román
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 24-06-2011 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
As herbas e os cachos


No noso cole pódese facer o cacho con 7 delas: herba luisa, sabugueiro (bieteiro), noceira (nogueira), roseira, fiuncho, loureiro e hortensia.

Telas localizado todas? Pois "Habelas hailas".

Nota. A noceira ten follas pero non ten noces.

Artigo relacionado:

As sete herbas básicas


Noite de San Xoán.

Refráns sanxoaneiros

Herbas de San Xoán
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 24-06-2011 07:44
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de San Xoan
Noite de San Xoan


Índice


1 A noite de San Xoán en Galicia
1.1 As fogueiras de San Xoán
1.2 A auga
1.3 As herbas de San Xoán
1.4 Sortilexios
1.5 O sol no día de San Xoán
1.6 Inversión da orde cotiá
2 Notas
3 Véxase tamén
3.1 Outros artigos
3.2 Bibliografía



Artigos relacionados:

As chacharelas

Cacharela

As herbas e os cachos


Refráns sanxoaneiros
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-06-2011 07:12
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas do bosque de 3º C

Traballo de investigación sobre oito árbores, oito paxaros e oito criaturas do bosque. Sacouse información de todas estes seres de forma cooperativa. Elaboramos poemas descriptivos coas curiosidades que eles elixiron, facendo uso da estructura poética haikus, traballada anteriormente como homenaxe a catástrofe de Xapón (Tsunami). (Ver algún haiku do cole)

Un dos poemas foi gañador dun concurso que fixo no museo de Pontevedra (A Toupa), que non podemos incluir aquí por perder os dereitos de autor.
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 22-06-2011 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cross de Vilaverde-Mourente 2011

Algúns dos participantes do CEIP Campolongo no XVII CROSS ESCOLAR organizado polo CEIP Vilaverde-Mourente

A carreira organizouse o sábado día 18 de xuño, a partir das 10 da mañá.
Houbo probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e tamén para as categorías pre-benxamín (1º e 2º), benxamín (3º e 4º) e alevín ( 5º e 6º).

Na categoría benxamín gañou o alumno,do noso cole, de 4ºA Luís Guillermo Bouzas Azcueta. No posto 5º e 7º quedaron Santiago Brea González e Alexandre Aboal Sancristán.

O trofeo da foto é o agasallo que nos deron por participar na carreira.

Noraboa a todos os participantes e especial o noso gran campión. Xa é o segundo ano que gaña esta carreira.
Comentarios (0) - Categoría: Deportes - Publicado o 22-06-2011 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Neuroloxía e Bilinguísmo
"Neuroscientist says bilingual kids have healthier brains "

. Ellen Bialystok, unha distinguida investigadora de psicoloxía na Universidade de York en Toronto, Canadá, defendeu que falar dúas ou máis linguas habitualmente desde idades temperás pode ter un efecto positivo no cerebro e mesmo adiar os síntomas da enfermidade do alzhéimer.
Comentarios (1) - Categoría: Saúde - Publicado o 19-06-2011 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Trotacontos 2011- Conto de primaria



O conto foi elaborado ó longo do curso polos seguintes colexios:

- CEIP Santo André de Xeve
- EEI. Verducido
- CEIP Marcón
- CEIP Campolongo
- CEIP Parada Campañó
- CEIP San Benito de Lérez

Fotos do encontro dos colexios.

Ver conto de infantil:"Breogán e o bolo máxico".
Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 17-06-2011 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Trotacontos 2011- Conto de infantil


Conto de Primaria: "A mofeta Cheirabén"
Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 16-06-2011 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Baloncesto Arxil 3x3. Os nosos equipos





A pesar de ter un día un pouco gris rematouse a xornada do Baloncesto Arxil 3x3 con unha grande participación dos colexios de Pontevedra. A Avda. Montero Ríos encheuse de novo con moitos rapaces con gañas de divertirse xogando ó baloncesto.
Comentarios (0) - Categoría: E. Física - Publicado o 16-06-2011 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
Diploma Investigador Botánico


Diploma otorgado ós gañadores do Xogo de Pistas "Investigador Botánico"

Ver foto orixinal e entrada ó Xogo das árbores do cole.
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 16-06-2011 07:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis