Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CCOO tamén recorrerá o Decreto
A Federación de Ensino de CCOO en Galicia recorrerá o decreto do plurilingüismo tras o visto e prace da dirección nacional e para constatar que a norma "non garantirá" que o alumnado adquira unha competencia equilibrada en galego e castelán.

Trátase da cuarta organización sindical que optou pola vía xudicial para frear o texto, ademais da CIG, STEG e FETE-UGT, segundo confirmou o voceiro de Ensino Público, José Fuentes. "Imos recorrelo", dixo, tras dar luz verde á asesoría xurídica e ao constatar no texto "tres criterios fundamentais" que poden ser obxecto de recurso.

Deste modo, Fuentes advertiu, en primeiro lugar, que a pregunta ás familias en educación infantil sobre a lingua materna "non opta" por ese idioma en concreto, senón "polo idioma que o pai decide". "O que di o pai vai a misa", aseverou, ao ver que "pode saír -da pregunta- algo distinto á realidade, en determinados contextos".

Un segundo aspecto será "o criterio de que os mozos poidan utilizar na aula, indiferentemente, a lingua en que lle veña en gana sen importar na que se imparte a materia", xa que "non se está a facilitar ou garantindo que teña as mesmas competencias en ambas as dúas linguas".

Por último, rexeitou as "porcentaxes ríxidas" en idiomas que marca o decreto para sinalar que, por exemplo, nun ámbito maioritario en castelán, "non é válido o que marca a consellería".
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 04-06-2010 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Para que o decreto?
O Grupo The Homes cumpre cinco anos.

Eles non saben para que vale este decreto do plurilingüismo

"O Galego, en vez de liquidalo por decreto, mellor sería que o deixaran extinguir en paz", ... como se fixo durante os últimos 30 anos... poñendo leis pero pasando delas olimpicamente.

Que pervivan os complexose e prexuízos.

Na entrevista comentan moitas cousas, entre elas:

..... Pero ningún de vostedes vive da música. É algo imposíbel hoxe en día?

M.W.: Totalmente imposíbel facendo o que nós facemos. Xente que viva da música exclusivamente hai moi pouquiña.

R.F.: E nós para vivir disto temos certas limitacións para entrar na industria musical comercial. Non facemos música comercial, cantamos en galego...

Ver artigo completo
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 04-06-2010 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Volve Ben Falado
O vindeiro luns comeza a emisión dunha nova quenda de capítulos de Ben falado. Trátase da segunda entrega de 230 programas, continuación dos 250 que se emitiron entre o 2008 e o 2009.

Por que se deixou de emitir Ben falado?

Cando remataron os 250 programas o novo Goberno pediume que non parase pero fun eu quen pediu un descanso porque a miña cabeza non daba para máis. Somos un equipo moi pequeno os que facemos o programa, que aínda que na súa fase de emisión dura catro ou cinco minutos, ten moitas horas de traballo.

Teñen todos os programas gravados?

Temos algúns. Agora estamos en fase de despegue. O noso compromiso son 230 programas e imos facelos.

O formato seguirá sendo o mesmo?

Si. Serán programas de catro minutos monotemáticos. Como novidade imos introducir nun principio dúas seccións mensuais. Unha delas situará a lingua galega no contexto das linguas románicas para ver como evolucionaron as verbas do latín ao galego e coñecer como foi esa conversión noutras linguas romances. A outra sección nova, baixo o título Ecoloxía Lingüística Internacional, presentarase como un noticiario no que se darán a coñecer os acontecementos e procesos semellantes de normalización lingüística que se están facendo en todo o mundo para situar o esforzo de normalización lingüística do galego no contexto mundial.

Cal é o obxectivo do programa?

En realidade sempre foi a de dar unha pinga de mel e un pouco de luz na lingua. Hai momentos e situacións nos que a lingua necesita de actividades reivindicativas. Este programa pretende deixar unha sensación agradábel e máis claridade no espectador que nos ve. A través de entrevistas e reportaxes nas que amosamos o esforzo normalizador dun centro escolar ou unha empresa, nas que falamos con persoas que en universidades estranxeiras aprenden o galego e o falan con naturalidade, ou recollemos expresións da nosa fala, queremos que a xente se sinta mellor coa súa lingua. Porque como dicía Uxío Novoneyra, "a lingua é o único sitio onde os mortos seguen vivos". O galego é un patrimonio e nós queremos darlles visibilidade ás emocións relacionadas coa lingua da xente.

A volta de Ben falado á grella de programación da TVG foi a petición público?

É certo que hai unha demanda e que moita xente, cando se deixou de emitir o programa, me preguntou porque paraba. De feito no Facebook creouse un grupo de máis de 1.000 persoas que pedían o programa que, por certo, segue a emitirse nas canles internacionais da TVG e tamén en Correo TV.

O que está claro é que os seus programas son atemporais...

Os temas que tratamos teñen vixencia sempre porque, precisamente é a lingua a que tira por nós. De feito dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística enviáronse aos centros de ensino de toda Galiza e a universidades do estranxeiro unha selección de 80 capítulos de Ben Falado que me consta que se usan como material didáctico nas aulas para explicar moitos temas lingüísticos. Isto tamén quere dicir que o galego é un dos elementos máis vivos da nosa cultura.

Falaremos mellor vendo o seu programa?

Non o sei. Descoñezo se co programa a xente vai falar mellor ou vai ter maior interese polo galego. O que descubrín nas gravacións é que a xente das aldeas fálao moi ben e, aínda que non sexa consciente, ten unha maneira literaria de falar porque usa figuras estilísticas e ten unha vontade de estilo. Grazas á xente do rural o galego conserva unha gran riqueza léxica e fraseolóxica. Por iso lles teño moito respecto.

A televisión é un medio eficaz para educar?

Para educar e para deseducar. Agora ben, a Televisión de Galicia é unha das mellores cousas que lle aconteceu á lingua galega nos últimos 1.000 anos pola súa capacidade de difusión e por ter o noso idioma como un feito diferencial. Conseguir que cousiñas tan pequenas como o Ben Falado se sigan diariamente nos cinco continentes ou se garden para usar cos alumnos de galego de todo o mundo é posíbel pola existencia da TVG.


Sacado de A Nos Terra

Artigo relacionado
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 03-06-2010 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Xogo Avifauna do río Gafos
Na páxina web do colexio atópase a presentación que se levará a Lleida, xunto con outras, para mostrar o Xogo Avifauna do Río Gafos I. Esta actividade atópase englobada dentro do Proxecto Atlántico das Escolas Asociadas da Unesco.

Na derradeira páxina da presentación atópase as diferentes ligazóns que rodean a este traballo, aínda sen rematar, pois este curso foi o inicio para unha nova andaina no proxexto. Esperamos a colaboración de todos.

A Ría de Pontevedra.
Poemas-Río
Vídeos youtube sobre o río Gafos.
Traballos do alumnado.
Presentación: Fai algo por ti e por min.
Xogo Avifauna I do río Gafos


Estas son dúas imaxes que atoparedes na presenación: a primeira e derradeira. Dende a presenación pódese entrar tamén a estas ligazóns.
De Río Gafos. Traballos


De Río Gafos. Traballos
Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 03-06-2010 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Galegando
Un supervídeo (lipdub) que fixeron no IES Colmeiro para fomentar o uso do Galego. Lipdub: un vídeo musical rodado nun plano secuencia onde a alumnado, nun divertidísimo playback, mostra o seu centro ao tempo que reivindica a nosa lingua dun xeito lúdico.

Comentarios (0) - Categoría: Vídeos - Publicado o 02-06-2010 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Traballos sobre o río Gafos e a Ría de Pontevedra
Traballos feitos polos alumnos de 6º sobre o río Gafos, que nace na Fonte Xestiña en Figueirido, e logo pasa por Tomeza, para rematar en Campolongo, xa na cidade de Pontevedra.

Artigos relacionados:

Avifauna do río Gafos.

Paseo didáctico polo río Gafos.

Poema - Río

A Ría de Pontevedra.

Herbas de San Xoán.

Herbas mediciñais en Allariz.

Fai algo por tí e por min.


Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 01-06-2010 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Marcha Ciclista

Este domingo 6 de xuño a ANPA San Xosé vai celebrar o Día do Medio Ambiente coa realización da VIII MARCHA CICLISTA polas rúas de Pontevedra.

A marcha ciclista iniciarase, no noso colexio, ás 11:00 h e despois da inscripción dos participantes iniciarase a marcha polas rúas de Pontevedra: Xeneral Rubín, Augusto Garcia Sánchez, Eduardo Pondal, Uxío Novo Neira, Xoaquín Costa ... Riestra ... Praza de Galicia ... Xeneral Rubín.


Ó rematar a carreira repolleremos forzas cunha pequena parva para logo seguir a xornada festiva coa actuación do animador Javi Solla.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2010 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0