Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A lavandeira da noite.


Boa lección de como se pode cantar perfectamente en galego sen ser nativa. Unha achega para derrubar os moitos prexuízos que aínda sofre a nosa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 10-06-2010 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua Materna

O decreto do Galego botou a andar. O Consellaría de Educación remitiu ós centros o cuestionario no que as familias indicarán a lingua materna.

Nos dende aquí facemos algunhas preguntas?

Cal é a lingua materna nestas situacións?


1. O pai fálalle en galego e nai en castelán.

Situación que se deu e se da en moitas familias.


2. Os pais falan en galego pero fálanlle en castelán o fillo/a.

Situación que se da en moitísimas familias, sobre todo aquelas que se achegan do rural á cidade.

Unha das historias, que ben sendo o caso número 2, cóntanola "O Taboleiro do Colmeiro"

E logo, os que entren en infantil o ano seguinte xa non poderán decidir en que lingua tería que falar a mestra/e.

E digo eu, que nivel de galego acadarán os de infantil nas cidades?

Que libertade terá o neno para escoller a lingua se unha non a sabe?

Tódolos os expertos falán de que as linguas apréndense por inmersión... menos o galego, que a este paso falarase por telepatía e na intimidade.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 10-06-2010 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Os ensinantes de ciencias rebélanse contra o decretazo
O decreto supón unha imposición aos profesores, moitos da nosa Asociación, do uso do castelán. En vez de promover o uso do galego como sería razoable nunha comunidade cunha lingua propia, promóvense leis que o desprotexen, involucrando nesta tarefa ao profesorado das áreas de Ciencias. Isto é malo para o país, para os centros, para a docencia das ciencias, para o profesorado implicado nestas áreas e, por suposto, malo para o alumnado e para toda a sociedade galega. Por todo isto, consideramos razoable e apoiamos a decisión do profesorado que se ten manifestado publicamente no sentido de non aceptar a substitución do galego polo castelán nas súas aulas.

Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 10-06-2010 07:08
# Ligazón permanente a este artigo
Paquete de actividades en distintos formatos
Xosé Antón Vicente e os seus compañeiros no CEIP Piñeiriño crearon un paquete de actividades en distintos formatos: powerpoint, lim, árdora, etc.

Na imaxe podedes ver tamén que teñen unha serie de titoriais moi interesantes para poder un practicar e facer algunha actividade.

Entrar para ver as actividades.

De Varias


Este polifacético compañeiro, está metido en varios proxectos relacionados coas TICS, é un gran propulsor do sofware libre, e entre outras páxinas ten esta chamada Galego para Docentes, con programas para poder baixar, dicionarios, e un montón de cousas máis.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2010 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Centenario Carballo Calero
Na páxina web www.carvlhocalero2010.net, creada para commemorar o centenario atopamos este vídeo para coñecer e ver as posturas deste grande lingüísta sobre o galego.



Máis sobre Carvalho Calero.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 08-06-2010 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
XUBI, a mascota do Xacobeo
Xa está creada a mascota do Xacobeo. A verdade é que non sei porque non lle chaman Jubi en vez de XUBI, a súa páxina web está só en castelán. Na páxina explican que o nome ben de "júbilo".

Continuo dicindo que son uns fenómenos. A desfeita que están a facer vai ser histórica. Quererán bater o record guinnes menosprezando o galego?

Logo dirannos, como xa dixo algún, por non dicir nomes, que se pode ser bo galeguista falando e facendo todo en castelán. A nosa mascota, Mundiño, ten as súas dúbidas. E ti?

"Claro, no me da cuenta, si lo haces en gallego es unha imposición".

E por riba gastan unha millonada en explicar o que non ten nome.

A min hai cousas que non me entran na cachola.
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 08-06-2010 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Medio Ambiente. Marcha Ciclista

A ANPA San Xosé do noso colexio volveu organizar este ano a Marcha Ciclista polas rúas de Pontevedra, celebrando deste xeito o día do Medio Ambiente, 5 de xuño. Esta foi a VIII edición.
A nosa noraboa os organizadores porque todo saíu bastante ben, e tanto rapaces como pais, pasamos unha xornada de lecer agradable. aínda que algúns botamos de menos algo de festa "En Galego".

Deixamos neste artigo as fotos e algúns vídeos da segunda parte da festa (sorteo de regalos e os bailes e xogos co animador Javi Solla.










Arriba nos vídeos están os nosos artistas do colexio. Na ligazón que segue en "Cantajuego" tes a canción "Soy una taza, una tetera" cantada por profesionais.
Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 07-06-2010 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
IES Pedra Rubias
Vía este blog, O Falar non ten Cancelas chéganos este vídeo alucinante sobre o orgullo de falar galego e ser galeg@ realizado polo IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.
Cunha técnica de animación e a colaboración dun membro de Dios k te Crew (García MC)o produto é excelente. Felicitamos o alumnado e profesorado que o fixo posible.


Comentarios (0) - Categoría: Vídeos - Publicado o 07-06-2010 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
A consulta ós pais
Decreto do Plurilingüísmo: A consulta ós pais, en Primaria e Secundaria, farase creando axoá unha lei que o permita. Será constitucional?

Ver artigo no País.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 06-06-2010 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Cando o deixarán despegar?

Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 05-06-2010 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0