Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O ángulo recto
Era o soldado Pérez que ía examinarse para cabo. Xa fora catro veces e nunca aprobaba, iso que sempre lle poñían o mesmo exame. Cando foi a quinta vez levou un feixe de chuletas.
Xa no exame preguntoulle o tribunal:
- Imos ver soldado Pérez. A cantos grados ferve a auga?
- Entón moi disimuladamente sacou a chuleta de reollo, fisgou a resposta; e dixo todo cheo de razón:
- A noventa grados.

- Non Señor pérez (díxolle o tribunal) iso está mal. A auga ferve a cen grados.

Pero el medio desconfiado seguiu desenvolvendo a chuleta e cando se deu conta da súa falla dixo:

- Vaiche boa! É verdade! O que ferve a 90º é o ángulo recto.

Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 13-06-2010 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando cos patíns
Comentarios (0) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 13-06-2010 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Necesidade do galego
Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 13-06-2010 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Airiños ariños aires


Ver letra do poema.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 12-06-2010 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Falade Galego


A canción colle a letra deste poema de Eduardo Pondal:

Miniñas da Cruña,
de amabre despexo,
de falas graciosas
e pasos lixeiros,
deixá de Castela
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade galego.

Cando é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade galego.

Mais cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
anxélico alento,
parece que esculto
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade galego.


Sacada de GalegoLab.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 12-06-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
O Galego na Universidade


Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 11-06-2010 06:15
# Ligazón permanente a este artigo
O profesor de matemáticas.
A CGENL, a cal nós pertencemos, na segunda parte da súa campaña promocionando o galego, inclúe textos de 40 persoeiros e tamén de outros quen van deixando o súa testimuña na páxina.

Hoxe poñemos este dun profesor de matemáticas que un día recibiu unha clase especial de sociolingüística .

"Eu falaba e escribía en castelán, sempre o fixera ata aquel luns.
Era o ano 1981, eu cursaba 1º de BUP e por primeira vez, despois de oito anos de escolarización íntegramente en castelán tiña un profesor que impartía as clases en galego. Era Ricardo, o profesor de matemáticas. Efectivamente, agás esta materia e a de lingua galega todas as demais continuaban a ser en castelán.
Lémbroo con perfecta claridade, sucedeu unha mañán de principios da semana, unha mañán de chuvia e frío. Na aula de 1ºB, ateigada con 40 alumnos, durante a clase de matemáticas entra un señor vestido con traxe e luvas. Eu nunca vira antes un home con luvas. Era o inspector, mantivo unha breve einaudible conversa co profesor. Tan pronto marcha, Ricardo respira aliviado e confesa:
- Menos mal que non había nada escrito no encerado.
- E logo? ,-preguntámoslle
- Este xa lle abriu expediente a máis dun profesor por dar as clases en galego.
Eran os tempos do decreto de bilingüismo que impoñía tantas trabas ao uso do galego no ensino que, na práctica, era imposible que se impartisen aulas en galego sen incumprilo, como sucedía con Ricardo, o meu profesor de matemáticas.
Non o sabía aínda, pero eu ese día acaba de recibir a máis importante lección de sociolingüística da miña vida pois a partir desta escena decidín dúas cousas. Unha, que a partir daquel momento desenvolvería a miña vida en galego, e así o fixen. A segunda, que eu tamén sería profesor de matemáticas, non porque as matemáticas sexan unha ceincia especialmente interesante (en confianza, son bastante pesadas e só uns poucos disfrutamos algo delas), senón por amor ao galego.
Agora eu son o profesor de matemáticas e sei que co meu exemplo é posible que algún alumno meu comprenda o mesmo que eu comencei a entender hai 30 anos."
Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 11-06-2010 05:26
# Ligazón permanente a este artigo
Un bonito e prematuro baile



Aquí tes outro parecido.
Comentarios (1) - Categoría: Humor - Publicado o 10-06-2010 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Pódense dar as matemáticas ... en galego?
Luís Villares, xuíz: ?Unha sanción por desobedecer o decreto do ensino poderíase impugnar por ilegal?

Escoita unha entrevista ó xuíz nunha radio pública falando deste tema. Ou aquí:



?Dou e darei as miñas clases en galego? dicía o texto do alegato asinado por máis de 4.500 profesores de toda Galicia que foi entregado no Rexistro Xeral da Xunta manifestando o seu compromiso de empregar a lingua galega no exercicio da súa docencia malia o que establecese o decreto do plurilingüismo que preparaba a Xunta. Ese decreto é hoxe unha realidade e nel figura, entre outras cuestións, que a materia de Matemáticas impartirase, por decisión do Goberno, en lingua castelá. A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática, AGAPEMA, organiza en Ferrol os días 25 e 26 deste mes o seu V Congreso. Entre as comunicacións previstas para esa cita, figura unha moi acaída para saber o que pode acontecer no vindeiro curso escolar. É a que presentará o xuíz, Luís Villares, baixo o título ?Podemos dar as clases en galego??. En Radiofusiòn explicou que si: ?Non habería dificultade ningunha en que ante unha hipotética sanción derivada desa aplicación do regulamento se puidese impugnar a actuación por ilegal e declarala nula completamente?.


Teimar en impartir as materias en idioma galego non é ?rebeldía?, en todo caso sería unha ?desobediencia?, precisa o xuíz titular d?A Fonsagrada. Requirido polo abeiro que a lei lles confire aos mestres que continúen a desenvolverse na clase como o facían baixo o decreto do ensino derrogado, Luís Villares explica: ?A suxeción de todos ao ordenamento xurídico é ao seu conxunto, non unicamente ao decreto, que non convivé só, senón que está subordinado a leis que están por enriba como a de Normalización Lingüística e a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias?. O contido desas normas entra en contradición co decreto promovido pola Xunta dunha maneira que Villares cualifica como ?aberta e groseira?. Xa que logo, lembra que ?posto a escoller a que norma se somete un, as de rango superior teñen que ser observadas sobre as de rango inferiro cando estas contradicen ás outras, porque son nulas?.

?Teño reservas? avanza o xuíz sobre a posibilidade de que se lle abran expedientes sancionadores aos mestres que desobedezan o decreto. Non dubida en sinalar o decreto do plurilingüismo como ?ilegal? e, así as cousas, ?todos os actos que deriven de regulamentos ilegais son nulos de pleno dereito?. O maxistrado pronostica que se cadra non se chega a esa situación se prosperan antes do inicio do curso os recursos presentados por diversos sindicatos e plataformas contra a norma da Consellaría de Educación. Nese caso, adianta Villares, ?supenderíase provisionalmente a súa aplicación e continuaría en vigor o anterior decreto. Os tribunais poderían deixar o novo sen efecto transitoriamente e, se o declaran ilegal, o Goberno tería que facer outro?.

Verbo do plan da Xunta para promover unha reforma legal que permita realizar consultas aos pais e nais en Primaria e Secundaria sobre o idioma das materias e outros aspectos do ensino, Luís Villares é tallante: ?Calquera que lea a sentenza do Tribunal Constitucional 337/94 entende que non pode ser así. Esa sentenza acabou cun debate semellante en Cataluña nos anos 90?. ?Non hai lei que poida facer abdicar ao Executivo autonómico do seu deber de decidir a configuración curricular a favor dunha suposta elección paterna ou materna?. ?A regulación dese contido entraría no corazón mesmo do dereito a educación e debera ser regulado por lei orgánica. A Xunta non ten competencia para iso?, resolve.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 10-06-2010 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Problemas cunha caricatura

Ver o problema no bloque Coordenara de Equipas de Normalización Lingüística.

Censura de Inspección:

De Varias

De Varias


Resposta do CEIP de Randufe:

Resolución CEIP Randufe
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 10-06-2010 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0