Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Saída polo río Gafos
Hoxe, 21 de xuño, tivemos os de 6º de primaria a saída aprazada do 11 de xuño (por causa da chuvia), polo río Gafos.

Fixemos un anaco do trozo rural do río, dende a Estación de Autobuses ata a Ponte da Pontesa. Antes fomos, pero sen os guías, e sen parar, polo tramo urbano para chegar ó sitio acordado polos compañeiros. Acompañáronnos dous guías da Asociación Vaipolorío.
Aprendimos moitas cousas con estes dous veteranos guías: nome de prantas, paxaros, algunhas partes dun muíño, cales son as árbores invasoras, cales as autóctonas, que é o como se fai un tiratacos , ou como se fai unha buxaina cun carrabouxo (bugallo, coca, ...).

Foi unha xornada que sen dúbida volveremos repetir nos vindeiros cursos.


Para recordar algunhas cousas, e ver o que aprendestes, imos facer unha autoavaliación. Deixampos 10 preguntas para que respostedes das curiosidades que se comentaron nesta día de xeira (por cada resposta acertada tes un punto):

1- Como se chama a flor do castiñeiro?
2- Cal é unha das árbores máis invasoras que había por este río?
3- Como se chama a zona que conduce ó rio, as beiras do río?
4- Que paxaro vén en inverno ós nosos ríos galegos?
5- De que se alimenta este paxaro?
6- Como se chaman as hortas que están preto dos ríos que teñen moita humidade?
7- Como se chaman as curvas dos ríos?
8- Cal é o nome dos peixes que vimos no río?
9- Como se chama ó sitio onde hai moitos castiñeiros?
10- Cal é a diferenza principal para recoñecer un ameneiro dun bidueiro?

Deixamos unha máis de propina por se non acadaches o cinco, aínda que esta non se comentou na visita, pero dándoche unha pista podes acertala.

11- Como se chama a flor do toxo?

Pista (leva o nome dun dos premios que se vai dar o ano que vén no colexio ... E podes atopar o nome na revista do colexio.



Artigos relacionados:

Xogo da Avifauna do río Gafos.

Traballos relacionados co Río Gafos e coa Ría de Pontevedra.

Comentarios (1) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 22-06-2010 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
Carta da Coordinadora de Mestres de E. Infantil de Ourense
Estimados/as compañeiros/as:

Ante o inminente último intento, por agora, de retroceso da presenza do galego no ensino facemos a seguinte reflexión:

1º.- Onde van contabilizar os inmigrantes: senegaleses, marroquís, romaneses, portugueses, que deben responder? , descoñece a consellería a sociedade e os colexios galegos?
Sería necesaria a resposta outras ?

2º.- Cal é a lingua materna dun neno ou nena que escoita falar aos seus pais entre eles en galego, que comparte horas e días cos avós e que ás veces se dirixen a el en castelán?, podemos pensar que a súa lingua materna é o castelán?
Sería necesaria a resposta as dúas ?

3º.- Por que teima tanto a Consellería en escorar a resposta cara o castelán?

4º.- Teñen dereito os pais, nais e titores a coñecer a realidade das nosas aulas?, saben que se a lingua maioritaria é o castelán non terán ningunha competencia nin oral nin escrita en galego? Saben que se a lingua maioritaria é o galego acadarán competencia en galego e en castelán ? (aínda que superior en castelán)

5º.- Temos e teñen dereito pais e nais a pedir que os seus fillos e fillas sexan ignorantes na lingua propia do país? Teñen dereito a afastar aos seus fillos e fillas dunha lingua moi próxima (o portugués, a lingua dun país emerxente, o Brasil) con 240 millóns de falantes, a que sen apenas esforzo poden aprender? Saben que os emigrantes galegos acceden a postos en empresas por ter coñecemento de portugués, pasando por diante de outros que non o teñan?

6º.- Como se defenderá un neno/a de 6 anos que debe estudar Coñecemento do Medio e Lingua en galego, se non tivo antes clases no noso idioma?

Ou do que se trata de que aborreza o galego dende os primeiros cursos de primaria?

Por todo iso pensamos que non podemos quedarnos de brazos cruzados vendo como se trata de
quitarlle a unha xeración o dereito a coñecer unha parte fundamental de nós mesmos como é a
lingua.

En definitiva, podemos e debemos convocar os pais a unha reunión informativa , a que soemos facer ou en xuño ou en setembro, pero que é máis efectiva en xuño, (pois hai aspectos como o da roupa, zapatos, hábitos que non deberían esperar a uns poucos días de empezar o curso, senón que é mellor conciencialos agora); e entón explicarlles as vantaxes do bilingüismo; bilingüismo é o máis parecido a clases en galego, e clases en castelán supón saber só castelán. Témolo ben comprobado
nos colexios onde tivemos a oportunidade de dar as clases en galego, aínda que só fose durante tres ou catro anos. Ter competencia nas dúas linguas só é posible se escollen o galego como ?lingua materna?.

Animámosvos a todos/as a que faledes cos pais e lle expliquedes as nosas experiencias, e os
motivedes de forma positiva a que pidan as clases en galego
, e principalmente os que xa as tiñamos; nós somos os que mellor sabemos que os nenos non perden ningunha competencia en castelán.CMEI - MEDRAR EN GALEGO

Coordinadora provincial de mestres de Educación Infantil da provincia de Ourense


Ver Decálogo pola E. Infantil en Galego.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 21-06-2010 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Cros Vilaverde-Mourente


Os rapaces do CEIP Campolongo tamén participaron na XVI Edicion do Cros Escolar do colexio Vilaverde.
Tendo xa algunhas fotos e cos listados das carreiras que nos vai aportar a organización podemos adiantar que acadamos o 1º posto na carreira masculina dos do Ciclo Medio, na que gañou o alumno de 3º A, Luís Guillermo Bouzas Azcueta, e logo tamén acadouse un 4º posto nas de 1º Ciclo, e un 5º posto nas de 3º ciclo. Cando teñamos os listados poremos correctamente os seus nomes.
Nós dende aquí felicitamos a tódolos participantes por facelo moi ben e por participar nunha actividade deportiva que brinda un pouco de saúde e alegría neste final de curso.


Nesta primeira foto de grupo non están todos os que foron, pois algúns fomos xuntos pero outros foron aparecendo ós poucos en Vilaverde, lugar da carreira

No vídeo pódese ver a carreira dos de 2º ciclo
, tanto feminino como masculino.


Comentarios (3) - Categoría: Deportes - Publicado o 21-06-2010 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Dimisión dos Coordinadores Provinciais dos ENDL
Os Coordinadores Provinciais dos Equipos de Normalización Lingüística das catro provincias Dimiten conxuntamente por causa do novo decreto.

Só buscan paralizar o Galego.


Promocionar o Decreto custa máis que as subvencións ós concellos para "dinamizar" o galego.

A oposición levará á Camara a dimisión dos coordinadores.

A Xunta nega a inmersión lingüística nas cidades.

A Lei de Normalización L. acosada ...
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 18-06-2010 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
IX Día do Baloncesto na rúa. 3x3
O clube C. Baloncesto Arxil organizou a novena edición do Día do Baloncesto na Rúa.Participaron un total de 664 xogadores, cun total de 173 equipos de alumnos de Primaria. Os colexios participantes este ano foron: Campolongo, Colexio Calasancias, Doroteas, San José, San Benito de Lérez, Manuel Vidal Portela, Froebel e Virgen de la O.


O noso centro, Campolongo, participou cun total de 75 alumnos, todos os de 6º. Os nomes dos equipos foron nomes todos de aves e paxaros: Gaivotas, Carrizos, Xílgaros, Peghas, Corvos, Lavandeiras, Chascos, Petos, Bubelas, Cucos, Curuxas, Papuxas, Rulas, Ferreiriños, Lúganos, e Merlos.


Comentarios (1) - Categoría: Deportes - Publicado o 18-06-2010 07:07
# Ligazón permanente a este artigo
Normas de cortesía

Sen comentarios.
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 17-06-2010 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Coreografías 6ºC
Coreografías-baile feita por dous grupos de rapaces/as de 6ºC no curso 2009-10 nas clases de E. Física traballando a Expresión Corporal.


Comentarios (0) - Categoría: Danza-Coreografías - Publicado o 17-06-2010 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
190.000 libros ó lixo por estar en galego
A que vos recorda esta nova? Non fai moito que lin "Os libros arden mal" de Manolo Rivas, e a verdade que o caso non é o mesmo pero semella dabondo en histeria ou loucura. Non si?

Que che falen de austeridade e que den orde de facer o que van facer... non debería ter perdón ... que animaliños!!

Coméntanos a nova Carlos Callón en Galicia Hoxe:

"190.000 libros de texto gratuítos para as familias, adquiridos polo goberno bipartito, van ir parar ao lixo, a pesar de teren unha vida útil de dous anos máis. Así o recoñece a propia Consellaría de Educación aos medios de comunicación que se fixeron eco da noticia. O motivo? Eses manuais están en galego e refírense a materias científico-técnicas cuxa docencia no noso idioma quere prohibir o goberno Feijóo a través do decretazo 79/2010.

Cómpre que a sociedade o saiba. Temos que movernos por riba das mordazas mediáticas do PP para que se coñeza que o presidente da Xunta ordena deitar ao caldeiro do lixo todos estes manuais, cuxo valor económico a Asociación Galega de Editores estima en 3,8 millóns de euros. Todos estes libros de texto non son substituídos porque houbese algunha descuberta excepcional neses ámbitos de coñecemento que os convertese en anticuados, nin porque houbese mudanzas no temario, nin porque tivesen erros pedagóxicos, nin por ningún outro motivo racional e comprensíbel. O único que lles acontece é que teñen un erro insubsanábel, un pecado orixinal: están escritos en galego, ese idioma que "por tradición" (Jesús Vázquez Abad dixit) non está feito para disciplinas como as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía."

Continúa lendo en Galicia Hoxe.
Comentarios (5) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 14-06-2010 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Galego_Lab
Antón Reixa: "Unhas corenta persoas vimos de crear e presentar esta semana galegolab.org. A estas horas outras dez mil xa nos visitaron na rede. Temos en común que aplicamos ao idioma os códigos do amor: a naturalidade e a paixón".

Ver nova na prensa.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 14-06-2010 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Tenis de mesa
Xa podemos practicar o tenis de mesa no colexio. Grazas a ANPA poidemos mercar esta mesa tan chula que vedes nas fotos. Agora témola que coidar para que gozar dela durante moitos anos.

Comentarios (0) - Categoría: Deportes - Publicado o 14-06-2010 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0