Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Música Metal
Unha forma amena de familiarizarse cos tipos de música metálica (Metal music). Debaixo puxemos a tradución dos termos.



Os que aparecen no vídeo:

1-Glam Rock - (Glam: de Glamour? = encanto)
2-Heavy Metal - Abondo
3-Power Metal - Poder
4-Folk Metal - Pobo
5-Black Metal - Negro
6-Death Metal - Morte
7-Thrash Metal – Movemento de pernas
8-Melodic Death Metal – Morte melódica
9-Progressive Metal -
10-Metalcore - Core: Núcleo


Outros que aporta un comentarista do vídeo:

1) Sludge Metal - Metal enlamado (“lodo”)
2) Gothic Metal - Metal gótico
3) Doom Metal - Metal condenable
4) Neo-classical metal
5) Nu Metal
6) Symphonic metal – Metal sinfónico
7)Groove Metal - Suco (“ranura”)
8) Grindcore - ( Grind: moer . Core: núcleo)
9) Industrial Metal
10) Funk Metal - medo
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 28-06-2010 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición Solar
A exposición solar é beneficiosa en doses pequenas, grazas ó sol sintetízase no noso corpo unha gran parte da vitamida D (con 10 minutos diarios de exposición solar sería suficiente). Pero tamén deberiamos saber, que a pel "ten memoria":
acumula a radiación que imos tomando ó longo da nosa vida. Por iso, temos que ter conta non pasarnos para evitar os melanomas e outros problemas derivados da sobreexposición solar. Tede coidado sobre todo cos máis pequenos, non teñen as defensas que temos os maiores. Usade sempre protección solar adecuada, camiseta, gafas de sol e viseira. Escapa tamén das peores horas de sol: de 12,00 a 16,00 h.


Por que usar gafas de sol?

As recomendacións para evita-los danos dunha excesiva exposición ó sol non só se limítan á pel, senón que tamén debemos ter moito coidado cos ollos (moi sensibles á radiación ultravioleta). Moitas véces quedan desprotexidos. Ó igual que a pel se coida con cremas, os ollos deben protexerse co uso de gafas de sol. E non serve calquera. Para que un cristal nos ofreza garantías debe estar fabricado seguindo as normas do Instituto Europeo de Normas de Gafas de Sol (EN 1836:1997), e cumpri-lo fixado pola directiva europea 89/686/EEC. Se están fabricadas consonte estas normas, debe indicarse na etiqueta, onde, ademais, se explicarán as características do cristal e a cantidade de luz solar que é capaz de absorber. Ler máis en:

Colexio de Farmacéuticos de Barcelona.


Perigos que asexan os nenos na praia
.
Comentarios (1) - Categoría: Saúde - Publicado o 28-06-2010 07:36
# Ligazón permanente a este artigo
Herbas mediciñais en Allariz
Comentarios (0) - Categoría: Saúde - Publicado o 26-06-2010 08:18
# Ligazón permanente a este artigo
Lendas da Noite de San Xoán

Intimamente vinculadas ás festas pagás do son do solsticio de verán, a noite e a mañá do día de San Xoán están poboadas de lendas, de sortilexios, de encantamentos e de supersticións, toleradas, admitidas e celebradas polo mundo cristián, cativado pola súa beleza e o seu sentido simbólico. Damos dalgunhas delas unha breve síntese:

VÉSPERAS:

Baila, nena; baila nena;
Baila, nena, e ti galán
Pasade esta noite alegre,
Que é a noite de San Xoán.

Antes da posta de sol da tarde de San Xoán, o mozo ofrecerá á noiva namorada un feixe de plantas olorosas e de pétalos de flores: anís, romeu, o tomiño e, e rosas e caraveis, e flores de maceira, de pereiro e de pexegueiro, xunto con ramas de silveira. A ofrenda floral será colocada pola doncela agasallada ao lado de fóra da porta da súa casa e teraa alí ata a saída do sol da mañá do día de San Pedro. E as herbas terán extraordinarias virtudes taumatúrxicas no amor, nas viaxes e nos negocios, e serán marabillosos conxuros contra os meigallos, mal de ollo e os aires cativos? de mortos ou vivos, excomungados ou malos cristiáns.


LUME:

As cacharelas foron acendidas ás doce en punto da noite o día de San Xoán. Por sobre as súas labaradas, saltan en albas nove veces seguidas os mozos do lugar. O brincador dirá, seguidas as nove veces:

Eu sálvote alumada de San Xoán; para que non me morda cadela nin can...?

E segundo os agoireiros respecto diso, non será mordido no corpo nin no espírito, por ningunha clase de bichos e feras, bípedes ou cuadrúpedes.


DANZA:

Ao redor da fogueira nace a Danza Prima, nas altas terras asturianas, acompañada da ancestral letriña:

Señor San Xoán, señor San Xoán;
Na fogueira xa non hai que queimar.
¡Viva a danza e os que nela están!
¡Señor San Xoán!

Danza de homenaxe ao lume, baixo o dosel das tremelucentes constelacións, esa noite especialmente rutilantes.


AUGA E FLORES:

Nunha bacía de barro sen estrear, recóllese auga de nove mananciais antes da saída do sol da mañá de San Xoán; e bótanse nela nove flores, de xardín cultivado ou de campo rústico. Cada flor representará un desexo, unha esperanza, unha ilusión de quen as recolleu. As flores estarán nove días, con nove noites, na auga das nove fontes, e segundo as que conserven o seu perfume, a súa frescura e a súa beleza, así será o número de desexos cumpridos para quen as recolleu e cumpriu o mandato lendario.


A GALIÑA E Os seus POLOS DE OURO:

Entre as doce da noite de San Xoán e as doce da súa mañá, aparecerá en nove fontes, situadas a nove leguas á redonda, unha galiña nova con nove polos, todos de ouro. Pero este áureo e raro prodixio só pode ser visto por nove doncelas, en estado de absoluta xuventude. E en canto a poder atrapar algún dos pitos, é milagre reservado, unicamente ás destinadas a virxindade permanente. Por iso son moi poucas as nenas que se dedican a coller o polo de ouro.


MOCIDADE, DIVINO TESOURO:

Ao fío da alborada, cando xa empezan a declinar as labaradas da gran fogueira, as raparigas retíranse discretamente. E os mozos, discretos tamén, quedan ao amor dos últimos rescaldos. Elas vanse á beira dos ríos nos seus máis recolleitos recantos, ás praias menos frecuentadas, en busca do milagre da Fonte de Xuvencia.

Enteiramente espidas, recibirán nos seus corpos, castos e xuvenís, o bico de nove ondas de auga do mar ou do río, que as conservarán eternamente novos a través de todos os anos da súa vida longa ou curta.


A DANZA DO SOL

Mentres tanto, vai saír o sol, do día de San Xoán sobre unha alborada de luz e de graza. Un sol alegre e bailarín, agradecido pola ofrenda que lle renden as criaturas a quen sustenta coa súa calor paternal. E a forza de ser día de danza, baila tamén o sol:

Fuches a Vilagarcía,
fuches e non fuches nada,
non viches bailar ao sol
sobre unha aurora encarnada...?


MILAGRE E AGOIRO

¡Mañá de San Xoán! Todo está florecido. O cardo, hirsuto e espinudo, foi regado na noite cunha pinga de rocío; a higuera, condenada pola maldición bíblica e evangélica a non florecer nunca, floreceu tamén ao conxuro do poético e doce milagre. E un agoiro de bendición e bienandanza é o saúdo do día de hoxe:

Que os teus camiños sexan iluminados e florecidos, como unha mañá de San Xoán..


Sacado do blogue A.C. Irmáns Suárez Picallo.

Máis no Terzo da Fala.

No vídeo podes ver unha Lumeirada en Riazor. Centos de cacharelas na praia.

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-06-2010 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Cacharela

Esta noite pasada fixéronse moitas cacharelas.

Comprobar o significado no Dicionario Ir Indo.
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 24-06-2010 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Dedaleira
A dedaleira é unha das plantas que se usan nas Herbas de San Xoán. É unha das palabras que ten máis sinónimos polas nosas terras. Nós por aquí chamámoslle cloque ou estraloque, porque sempre se colleron para facelas estoupar tapándoa ben poa beira que ten aberta, no lombo da man, ou na cabeza de alguén.

Como lle chamas ti na túa zona?

Serías capaz de contar cantos sinónimos hai aquí?

Sinónimos: abelloca, abeloura, abeluria, abrula, abrulla, alcloque, alconoz, alcornoz, alcroque, alcroques, alicroque, babocas, balitroques, baloca, baloco, belicroque, belitroque, belitroques, bilicroque, bilincroques, bilitroque, bilitroques, borleta, borletas, borlete, botexos, boto, burleta, cálzamos, campanelas, chopo, chopo negro, chopos, cloque, cloques, cócalos, cocos, couselo, crocas, croche, croches, croque, cróquele, cróqueles, croquelo, croques, croquetas, croquetes, dixital, estalo, estalón, estalos, estalote, estalotes, estoupallo, estoupallóns, estoupón, estoupona, estoupos, estraladeira, estralante, estralantes, estraleque, estraleques, estralo, estralos, estraloque, estraloques, estralote, estralotes, estrincón, estroleque, estroupallón, farricoque, faxicroques, folla de sapo, herba da cobra, herba de San Xoán, herba dos croqueles, herba dos troques, melicroque, melincroques, melitroque, milicroque, milicroques, militroque, palitroque, palitroques, porretas, quiquiricallo, riquilicroques, sabán, sabanos, san Xoán, san Xoane, san Xuan, sanxoán, sanxoane, sanxoáns, sanxoás, sanxuáns, sapaqueiro, seixoáns, seoane, seoanes, setestralos, soandes, soane, soanes, sovana, tastalás, torques, toupón, trascos, troque, tróqueles, troques, xoanas, xoane.
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 24-06-2010 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Herbas de San Xoán.




Diferentes herbas, aromáticas ou non, e flores recollidas a véspera de San Xoan, posúen tamén propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solstico e do verán e mais pola forza do orballo desta noite. Resulta difícil establece-la lista das herbas que se han considerar como herbas de San Xoán, xa que se comproba unha gran variabilidade ó longo de Galicia. Si que se adoita da-la cifra de sete herbas diferentes [7].
Romeu, unha das herbas de San Xoán.

Taboada Chivite recolle unha longa relación entre a que extraémo-las seguintes: a dedaleira, o fiúncho, o codeso, o fento macho, o trobisco, a espadana, a malveira, a artemisa, o romeu, a matricaria, a sempreviva, a herba luísa, a roseira, ou follas de nogueira, de bieiteiro, de ameneiro ou de carballo.

Hai que deixar estas plantas e flores nunha talla con auga á intemperie durante a noite, e lavarse con elas na mañá seguinte; nalgures este lavado ha facerse mirando ó Oriente, para recibi-las primeiras raiolas do sol. Deste xeito búscase curar e previr enfermidades cutáneas e rexuvenece-la pel.

Tamén existe a crenza de que protexen a casa contra as meigas (que nesta noite andan especialmente libres polas rúas), colocando ramallos de flores nas portas e ventás. Esta propiedade protectora consérvana durante o resto do ano: hai que seca-las herbas de San Xoán e dependularas logo nalgún lugar da casa para evita-la entrada das meigas.

Eladio Rodríguez recolle a presenza destas herbas e flores nos mercados: "plantas odoríferas, que se recogen en el campo, generalmente la antevíspera de la noche de San Juan, o sea el día 22, para venderlas al siguiente día en los mercados de las ciudades y villas de Galicia". O costume parece manterse na actualidade, e en 1992 a prensa entrevistaba unha vendedora de verduras do mercado de Vilagarcía que nestas datas tamén incluía as herbas.


Ver artigo na wikipedia.

Na páxina Ríos Galegos atoparás outra variante que fala das SETE HERBAS BÁSICAS.

Dedaleira.
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-06-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Revista Escolar "Esperpento"
De Varias


De Varias

Se queres ver, ou descargar , a revista escolar en cor e en formato dixital podes facelo dende a páxina web do colexio. ou directamente dende AQUÍ.
Póderás ver as páxinas como estas que están nestas imaxes.



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2010 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Agradecemento da CGENL
De Galego
Comentarios (0) - Categoría: Agradecementos - Publicado o 23-06-2010 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
10 razóns para escoller o galego como lingua materna
De
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 23-06-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis