Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Caldo de letras
Comentarios (0) - Categoría: Recursos - Publicado o 15-05-2010 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Popurrí de cancións infantís
Tres vídeos con varias cancións infantís portuguesas. Todas elas moi bonitas para que os nosos pequenos poidan aprender.

Comentarios (0) - Categoría: Cancións infantís - Publicado o 14-05-2010 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Eu mexo um dedo
Comentarios (0) - Categoría: Cancións infantís - Publicado o 14-05-2010 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chirlo Merlo na figueira
Obra de teatro interpretada polos rapces de 4ºC, baixo a tutela da súa mestra Sira Santiago Álvarez.

A obra é unha adaptación do conto de Darío Xoán Cabana, Chirlo merlo na figueira.

Comentarios (1) - Categoría: Teatro - Publicado o 14-05-2010 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Era uma vez um Rei
Comentarios (0) - Categoría: Cancións infantís - Publicado o 14-05-2010 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
Amelia quere ter un can
Pequena obra de teatro feita polo alumnado de 4ºC na Semana das Letras Galegas.
Esta é unha adaptación do conto de Kalandraka, "Amelia quere un can". O título orixinal do conto é Amelia wants a dog, de Tim Bowley (Texto) e de André Neves (Ilustracións), e traducido por Isa Pita e Silvia Pérez .

Amelia, a protagonista, quere ter un can e remata, despois de varias peticións, convencendo ós seus pais. Noraboa a todos, tanto pola interpretación como pola dirección da mesma. Para o curso que vén queremos máis.

>

Ver fotos

ADAPTACIÓN PARA TEATRO DO CONTO
“AMELIA QUERE UN CAN” de Tim Bowley.


Narrador: Amelia entrou no salón.
Os seus pais estaban sentados nas súas cadeiras favoritas; o seu pai lendo o xornal e a súa nai tecendo unha lá.

Amelia : -Papá, estaba pensando…

Narrador: O seu pai suspirou.

Pai : Cando Amelia pensa… seguro que haberá problemas.

Narrador: Amelia continuou:

Amelia: -Papá, non podemos ter un can? Poderiamos levalo a pasear polo parque e tamén podería durmir no meu cuarto e non deixaría que os monstros se achegasen á miña cama.

Pai: -Non , Amelia, non podemos ter un can. Os cans ladran e precisan moitos coidados.

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
Decontado regresou.

Amelia: - Mamá, se non podemos ter un can, poderiamos ter unha ......... aguia? Fariámoslle un niño aquí e non precisariamos levala de paseo.

Nai: - Non, non podemos ter un aguia. As aguias viven nas montañas e precisan moito espazo para voar. Unha aguia estaría moi triste aquí pechada.

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
De alí a un pouco volveu e dixo:

Amelia: -Papá, se non podemos ter unha aguia, poderiamos ter .............. un cabalo? Poñeríalle obstáculos e daría voltas con el pola cociña.

Pai: -Amelia, meu ben, non podemos ter un cabalo. Os cabalos viven no campo e precisan moita herba para comer.
A un cabalo non lle gustaría nada vivir aquí.

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
Axiña volveu outra vez.

Amelia: -Mamá, se non podemos ter un cabalo, poderiamos ter….....un elefante?
Podería espertarme coa súa trompa e prométoche que me erguerei de contado para ir á escola.

Nai: -Elefantes, Amelia?
Os elefantes son grandes, tan grandes que un case non colle neste salón. A eles gústalles vivir en espazos moi abertos e rañar o lombo contra as árbores.
Non podemos ter un elefante. Ademais non entraría pola porta.
Agora, vai xogar ao teu cuarto.

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
O pai case non tivo tempo de abrir o xornal, cando ela regresou.

Amelia: -Papá, se non podemos ter un elefante, poderiamos ter........unha balea? Montaría no seu lombo e ela guindaríame ao aire co seu chorro de auga.

Pai: -Amelia, as baleas son enormes. Máis grandes que toda esta casa! Elas viven no mar e precisan moita, moita auga.

Amelia: -Poderiamos gardala na bañeira.

Narrador: dixo Amelia con esperanza.

Pai: -Amelia, por última vez, non podemos ter unha balea.
Tampouco poderiamos ter un tigre, nin un crocodilo, nin un canguro, nin un hipopótamo, nin un dinosauro
Xa está ben! Vai xogar ao teu cuarto e déixame ler o xornal en paz!

Amelia: -Oh!

Narrador: dixo Amelia, e marchou para o seu cuarto con cara de pena.
Algúns minutos despois volveu.


Amelia: -Mamá, se non podemos ter nin unha aguia, nin un cabalo, nin un elefante, nin unha balea, nin un tigre, nin un canguro, nin un hipopótamo, nin un dinosauro, poderiamos ter un canciño?

Nai: -Un can? Un canciño?
Amelia, esa é unha idea boísima! Poderiamos levalo a pasear polo parque e durmiría no teu cuarto e non deixaría que os monstros se achegasen á túa cama.


Pai: -Si! Si! Será marabilloso ter un canciño.


Amelia: -Grazas, grazas. Sodes os mellores pais do mundo!
Narrador: Amelia sorriu e marchou para o seu cuarto pensando...


Amelia: “ Ás veces custa moito convencer aos maiores, pero ao final, case sempre entran en razón”


Narrador: E colorín, colorado este conto está rematado.
Comentarios (1) - Categoría: Teatro - Publicado o 14-05-2010 06:02
# Ligazón permanente a este artigo
Contos dixitais
Se pinchas na ligazón atoparás unha morea de libros dixitais en portugués, moi fáciles de entender. Pódense ler ou escoitar.

Fai pouco fixeron este sobre a liberdade, chámase "O Tesouro". E vén contándo o que aconteceu, non fai moito, no noso país veciño.

Ten libros para diferentes idades, podes escoller no índice que ten a esquerda a páxina:

De 3 a 6 anos.

De 7 a 10.


De 11 a 13.
Comentarios (0) - Categoría: Libros - Publicado o 13-05-2010 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Flora do Courel
Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 13-05-2010 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
O Correlingua
O noso centro participou este martes día 11 de maio na Carreira pola Lingua: O Correlingua.

O centro gañador do manifesto foi IES PORTA DA AUGA de RIBADEO.

O LEMA deste ano foi un verso de Uxío Novoneyra: A Forza do Noso Amor.

Nós na pancarta levamos a Mundiño, a nosa mascota de normalización lingüística.

As condicións atmosféricas fixeron que de novo tiveramos que facer esta festa no Recinto Feiral, e non na Ferraría.

Antes de entrar no recinto fixemos "A Carreira" polo paseo das Illas das Esculturas.

Debaixo da foto tedes o manifesto gañador.

De Varias




A nosa proposta é clara, díxonola Manuel Antonio:

A nosa fala é nosa, pospola a calquera outra é unha forma de suicidio”

Libraremos a batalla se libres quixermos ser

facéndolle honor ao seu lema, evitando o xenocidio.



Feixoo co seu “Decretazo”

pretende facernos memos

vendéndonos trilingüismo

para evitar o galego



O xogo non será fácil, os adversarios son traidores,

pero temos xuventude,

somos moitos, somos fortes;

xogamos no noso campo e temos por adestradores

a Pondal, a Rosalía, a Daniel e Airas Nunes.



Rompamos as barrreiras,

xa estamos fartos:

Falar queremos galego

como os nosos antepasados



Zoa no ar un tempo de represión.

Mais Galiza, non teñas medo, que te imos defender

“Nunca máis” permitiremos que eses verdugos crueis

amordacen a túa lingua, nos repriman por ser fieis.

Formamos un bo equipo disposto a te protexer.



A vitoria está cantada, o xogo témolo nós.

Xa toca a “Alba de Gloria” do noso querido Daniel

oxalá que co seu “Ollo de vidro” el nos estea a ver

e poidamos redimilo do seu destino tan cruel.



Dabondo nos maltrataron

nos anos da Ditadura

á que pretenden regresarnos

vendéndonos inter-cultura.



O inglés, ninguén dubida,

lingua moi útil é,

que sen minguar a nosa propia,

ninguén rexeita aprender.



Nunca aprenderás a hablar”.

“Hable bien, sea patriota”

“Eso no es un can, que es un perro,

la laverca es una alondra”.

Con esas armas proclamaron a vitoria.

Minguando a nosa estima,

ensumindo a nosa gloria.



O nó que sen atar nos una

é o nó que nós queremos,

o que nos trouxo hoxe aquí:

A defensa do galego



Somos unha xeración

de galegos preparados,

a gramática coñecemos,

da nosa historia sabemos.

Por usar a nosa lingua

quen se atreve a insultarnos?

Se nos deixamos gañar,

non seríamos desleixados?.



O correlingua camiña contigo,

Uxío, do Courel a Compostela

polas terras liberadas,

esas que vós liberastes

coa arma das vosas palabras.



A nosa gran Rosalía xogou no Olimpo moi soa

e por iso foi alcumada como “a pobriña da tola”.

Semente foi dunha estirpe de poetas emprendedoras

que coa súa lingua tecen a arma máis poderosa.


Mal de linguas din algúns, os que non queren entender

que a multitude de linguas é en si un grande ben

do que goza a humanidade para chegar a comprender

a complexidade do mundo no que lle tocou nacer.

O dito ben dito queda. Xa é a hora da despedida.

Agardamos terche aclarado algunha das túas dúbidas

para que a partir de hoxe na casa, cos amigos e amigas

fales galego por sempre, que o galego tamén liga

Rematamos esta historia

Berrando ben alto e forte

Para que todos nos oian:

“Galiza, a forza do noso amor non pode ser inútil”



Queremos galego na escola!
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 12-05-2010 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Verbas do Courel II
Estrelampada, estrelampo: Espazo de tempo curto no que para de chover.

Valumbo: Efecto que fai no peso o moito volume. Vulto de moito tamaño e peso.

Xardois: Xardón, acivro, acevo.

Redroma: Endurecemento arredor dunha ferida ou gran. Follage moi abundante. Moita fondura na terra.

Golforón/Golfarón: Chorro repentino de auga ou de calquera outro líquido que sae abundantemente.

Rebolo:
Carballo pequeno


Verbas do Courel I

Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 09-05-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis