Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Decreto: Poderase estudar galego sen falalo.... ¿?
Xa saíu o polémico decreto do plurilingüísmo...


Interesante artigo do director do Xornal.

En Galicia poderase estudar galego sen falalo.

Tamén é interesante este de Pérez Lema:

"Seis verdades sobre o galego"

A este non sei como chamarlle, por ser discreto voulle chamar curioso.... ? Sobre todo nestes tempos.

Piden a supresión da concellaría de normalización da Coruña.

Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 23-05-2010 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullosos do galego

Orgullos@s do galego from ENDL Colmeiro on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 23-05-2010 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
God of dance
Unha verdadeira obra de arte.

Comentarios (1) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 23-05-2010 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Paseo didáctico con Vaipolorío

O 11 de xuño, o alumnado de 6º (3º ciclo de primaria) terá unha saída didáctica (aprazouse para 21 de xuño) polo tramo rural do río Gafos. Acompañarannos dous compoñentes da Asociación Vaipolorío. Eles darannos explicacións sobre o ecosistema de ribeira e o seu patrimonio.

Esta actividade está contextualizada dentro do contido de Actividades na Natureza de E. Física e Coñecemento do Contorno dentro de Coñecemento do Medio. Ó mesmo tempo cumpre ,tamén, algún dos obxectivos do Proxecto Atlántico, dentro das Escolas Unesco, como pode ser a valoración do patrimonio natural.
Neste os alumnos xa comezaron a facer traballos onde recopilan información diversa sobre estes dous elementos medio ambientais como son o río Gafos e a Ría de Pontevedra. O seu aposento.

Dentro do coñecemento do contorno, temos como obxectivo coñecer o noso río, O Gafos, no tramo máis descoñecido para os habitantes de Pontevedra, o tramo rural, que comeza preto da Estación de Autobuses.

Xunto con esta actividade temos tamén outra relacionada e paralela como é a de coñecer mellor a Ría de Pontevedra, onde desemboca o río Gagos.Para esta incluímos aquí o vídeo que se atopa na categoría do Medio Ambiente, "A Ría de Pontevedra".

Tamén, o domingo 30 de maio, esta asociación fará unha saída denominada Poema _río.
Ver nova na súa páxina.

Deixamos aquí uns vídeos que nos axudarán a coñecer máis esta xoia que temos en Pontevedra.






Ría de Pontevedra




Fotos incluídas posteriormente feita xa a actividade:




Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 21-05-2010 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Un bo vídeo sobre a manifestación
En especial para os que non foron. Que vexan a xente que foi.

Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 19-05-2010 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da manifestación do 17 maio de 2010


Artigo relacionado
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 18-05-2010 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Situación do Galego
Enrique Monteagudo, Belén Regueira e Marta Dacogosta fálannos da situación actual da lingua.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 18-05-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa lingua é internacional

Esta é unha imaxe da manifestación deste domingo 17 de maio. Nela están representados varios paises da lusofonía cos que nós nos podemos entender falando en galego: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Mozambique, Guinea, Angola ... En total, máis de 200.000.000 de habitantes.

Para os que buscan só a utilidade na lingua esta podería ser unha xustificación. Non si?


O galego mantén o pulso.

Que máis precisa este governo?

Só tres de cada cen horas en galego.

Ver fotos da manifestación.

Vídeos na Praza do Obradoiro.

Asociación da manifestación coa crise???? (Eu chámolle confundir o touciño coa velocidade. E tí?)
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 18-05-2010 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novo varapao ao Decretazo polo Consello Consultivo
Suma e segue: Primeiro os sindicatos e diversas asociacións, entre elas, a Plataforma Prolingua,, a Plataforma Queremos Galego, a GGENL, os directores dos centros, logo a RAG, de seguido o Consello Escolar, e agora o Consello Consultivo. Ata se lle dixo cantando, con manifestacións, , e outra vez cantando.... Todos atopan grandes problemas a aplicación deste decreto. Dende logo, a este paso, este governo vai vater tódolos records.

Rectificar é de sabios .... pero parece ser que non de políticos.

Seguimos preguntando:

Será este o Decreto do consenso como anunciaba este governo?

O Consello Consultivo detense especialmente nas disposicións do decreto relativas á Educación Infantil porque considera que neste treito o decreto falsifica algúns termos lingüísticos. Así, sinala que “tanto o concepto de lingua materna como o de lingua do contorno posúen un significado diferente ao que se lles atribúe”. O ditame sinala que na Educación Infantil se “están desvirtuando” dereitos para evitar “asegurar a correcta aplicación” de leis como a de Normalización Lingüística. Así mesmo, emprega “circunloquios” para “conculcar” e non respectar “cabalmente o mandato da Lei de Normalización”.

A consulta prevista para que os pais se pronuncien sobre a lingua a empregar nas aulas é outro dos aspectos nos que entra o Consello Consultivo. Nesta cuestión, o decreto tampouco sae ben parado porque, para esta institución, é “irrenunciábel e innegábel” a responsabilidade da Administración na programación do ensino. “No noso ordenamento xurídico non ten acollida un modelo como o proposto”, chega a sinalar o Consello en referencia á principal promesa electoral de Núñez Feixóo. A introdución de prazos como votacións cada catro anos resulta “arbitraria e contraria a dereito” e, en xeral, “o texto proxectado tampouco cumpre cos requisitos mínimos imprescindíbeis” cando se trata de consultar aos pais.
Algunhas das cousas que di o Consello Consultivo sobre o borrador do decreto:


No relativo á finalidade do decreto, o ditame lembra que o Tribunal Constitucional fallou que a normativa galega obriga a “un trato desigual, aínda que non discriminatorio, para as dúas linguas oficiais no territorio autonómico, na medida en que a acción normalizadora da lingua propia ten que implicar, necesariamente, a adopción de accións e medidas de apoio singularizado ou reforzado para garantir a subsistencia e desenvolvemento desa lingua”. Ademais, sinala que é no ensino onde ese apoio “cobra singular e xenuína relevancia”.

Sobre o procedemento para a elaboración do decreto, o Consello atopa falta de competencia dos centros aos que correspondería a emisión de informes relativos á exención da cualificación de galego por parte dalgúns ensinantes. Ademais, considera que “un terzo do horario” dedicado ao inglés “podería resultar desproporcionado”.


Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 16-05-2010 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Sofraxe, empeña, virilla
Sofraxe: s m. Parte da perna ou do brazo oposta ao xeonllo ou ao cóbado.

Empeña: s f. Parte superior do pé correspondente ao metatarso.

Virilla: s f.Parte do corpo onde se unen o muslo e o abdome. Éngoa.

Nádega: s f. Masa carnosa da parte inferior e posterior do tronco, entre a coxa e a cintura do corpo humano, constituídas polos glúteos, que serven para a elevación e o sostemento da pelve, a extensión, a abdución e a rotación do fémur e a abdución e a rotación da coxa

Caluga: s f. Parte onde a cabeza queda unida ao pescozo pola parte posterior.

Calcañar: s m. Parte posterior do pé, sobre a que se apoia ao andar.

Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 16-05-2010 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis