Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

En galego tamén se fai Ciencia

As tres universidades presentan unha campaña para demostrar que a nosa lingua é válida para todos os eidos.
O galego para as letras, o castelán para as ciencias. Erradicar preconceitos e complexos de inferioridade coma este é o eixo central da campaña En galego tamén se fai ciencia. Na iniciativa, coordinada polo Servizo de Normalización da UdC, participan as tres universidades do país.


A iniciativa está nucleada arredor dunha páxina web na que podemos ouvir as experiencias dos nosos científicos, que reivindican (e exercen) un uso normal do galego no seu día a día.

Podes ver un dos vídeos da campaña aquí, ou entrar na páxina creada ex-proceso para este tema: www.engalegotamensefaiciencia.eu





Ver nova en Vieiros
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 31-05-2010 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Negra sombra en versión reggae
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 31-05-2010 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Actividade Poema-río
Hoxe a Asociación Vaipolorío fixo a actividade Poema-Río, coloborando co Concello co programa "Maio, mes da lingua".

A actividade consistiu en ler uns poemas que se puxeron nalgunhas árbores, sobre todo en acácias (por ser invasoras) para non facer dano a outras autóctonas.

Deixamos unha mostra dalgúns dos poemas, do tramo urbano. Hai algúns máis no tramo rural. Xunto a estes hai outras fotos, algunhas nada bonitas, pero estas mostran aínda o pouco civilizados que son algúns ó tirar lixo neste precioso ecosistema. Esperemos que pouco a pouco todo saibamos valorar esta xoia que temos na cidade.


Algúns dos poemas podelos ver mellor na páxina Ríos Galegos.

Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 30-05-2010 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
I PonteXadrez
Onte sábado, 29 de xaneiro, a Escola de Xadrez de Pontevedra (EXP), organizou o I PonteXadrez (V Circuito Galego Escolar 2010), na Ferraría. Estiveron os mellores xogadores dos clubs de toda Galicia e da zona norte de Portugal (Braga). O noso colexio participo con máis de 30 participantes dun total de 300. Todos tiveron algún agasallo e algún tivo sorte de levar algún pemio máis nos sorteos que houbo. Deixamos aquí un montón de fotos de practicamente todos os que participaron do noso colexio.


Comentarios (1) - Categoría: Xadrez - Publicado o 30-05-2010 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
Clasificación final Liga Multideporte
Rematou a Liga Multideporte. A suma dos puntos é por tódolos xogos e deportes: Brilé, Voleibol, Baloncesto, Balonmán, e Fútbol. Cada partido gañado sumaba un punto, os empates 1/2. A puntuación por orde dos números dos equipos presentados foi a seguinte:


1- Fitipaldis - 5 ½ puntos
2- Lóstregos - 10
3- Onda - 10 ½
4- P e G - 6 ½
5- Irregulares - 13
6- As divinas - 4
7- A pandilla - 1
8- Cenutrios - 5 ½
9- Amazonas - 2 ½
10- Cachas Tolas - 8
11- Lexión Americana - 4
12- Guindillas - 8
13- Os anónimos - 4
14- Pontevedra- 5 ½
15- Os invencibles - 13 ½
16- Os Galácticos - 1 ½
17- Five Girls - 3
18- Os últimos de Filipinas - 10
19- As supernenas - 4
20- Galegos con sorte - 5

Os tres primeiros clasificados foron

- Os Invencibles (6ºC) Bea, Anxo, Antón, Itziar, Clara e Dani.
- As Irregulares (6ºB) Helvia, Sara G, Rosalía, Andrés, Iago, Ángel, Jorge.

No posto houbo triple empate:

- Lóstregos (6ºA)
- Onda (6ºA)
- Os últimos de Filipinas (6ºB)

Ver o Nome dos Equipos cos Xogadores.

Comentarios (0) - Categoría: Liga Multideporte - Publicado o 29-05-2010 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
O que suporá o novo decreto


Máis sobre o Decretazo.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 28-05-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Farán algo as ondas da telefonía no cerebro ou no corazón?
Comproba o que fan as ondas da telefonía nestes grans de millo en poucos segundos. recorda que non é nada levar o teléfono preto do corazón e que o teléfono deberíase usar o menos posible.

Comentarios (0) - Categoría: Saúde - Publicado o 28-05-2010 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Pacto do Courel. Fume de Palla
Como se lle chamaría a alguén que ofrece un pacto de algo que xa está pactado?.

Pois o Día das Letras Galegas, no Courel, o noso Presidente ofreceu un pacto pola lingua, nel falaba dos mesmos puntos que xa están postos no Estatuto.

Semella que inventou a pólvora

Velaquí o artigo do estatuto onde está o que pedía este noso señor Presidente


Artigo 5º.

1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Ver nova completa en Prolingua.

Ver tamén: Consumouse a agresión.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 28-05-2010 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullosos do noso
Se entras na páxina da CGENL podes atopar uns textos en prol do galego de diferentes persoeiros da vida galega. Nós aquí iremos poñendo todos ós poucos. Son verdadeiros poemas que aman a nosa lingua e teñen medo do que está acontecendo. Únense todos para espertar a conciencia destes políticos que están a facer unha deleiba coa nosa lingua.

Dentro desta segunda parte da campaña "Orgullosos do noso", tamén se fixo un folleto explicando o que vai acontecer no ensino con este decreto que rexeitaron practicamente tódalas organizacións deste país.

De Orgullosos


De Orgullosos


De Orgullosos


Entrar a ver os textos
Comentarios (0) - Categoría: Orgullosos do noso - Publicado o 28-05-2010 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo. Avifauna no río Gafos.

Este xogo foi feito polo un dos mestres de E. Física do noso centro, Nito, para traballar cos rapaces o bloque de contidos Actividades na Natureza. Englóbase tamén como unha actividade dentro do Proxecto Atlántico das Escolas Unesco.


Moita da avifauna que aquí falamos case se nos pode presentar en moitos dos ríos que temos na Galiza Atlántica. Chamámolle do río Gafos porque é o que pasa preto do noso cole e porque é un dos representantes da zona atlántica. Esta é unha primeira parte que se completará con outras aves e paxaros e rematará con algo da flora máis importante da ribeira do río. Moita da información estase a sacar dos traballos feitos pola Asociación Vaipolorío.

Recordade que o Xogo está metido na páxina web do cole CEIP Campolongo, en Xogos, E. Física.

Entrar dende aquí no xogo AVIFAUNA DO RÍO GAFOS
Comentarios (0) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 27-05-2010 15:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis