Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Traballos do Bosque


Aquí temos algúns dos traballos do bosque. Seguiremos incorporando máis segundo os vaimos, primeiro detectando, logo fotografando ou escaneando.


Artigos relacionados:

Bonsais na escola.


Nomes de Árbores I

Nomes das Árbores II
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 30-03-2011 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
Nomes de árbores II
De Traballos do Bosque


Ver Nomes de árbores I
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 30-03-2011 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Bonsais na escola


Este ano estamos arreo a traballar o tema do bosque. Hoxe aportamos unha sección lúdica, a dos bonsais. Agora mesmo temos un carballo, un ulmeiro, un pradairo, unha sobreira, un buxo e un alfaneiro prestados por un Simón, un amigo de Pontevedra, e unha oliveira, un granado e unha "árbore do elefante"(portulacaria), prestados polo noso compañeiro de traballo o mestre Pachú. .


A arte dos bonsais orixinouse en China hai uns dous mil anos, como obxecto de culto para os monxes taoístas. Para eles era símbolo de eternidade, a árbore representaba unha ponte entre o divino e o humano, entre o ceo e a terra.

Durante séculos a posesión e o coidado dos bonsais estivo ligado aos nobres e ás persoas da alta sociedade. Segundo a tradición, aqueles que podían conservar unha árbore en maceta tiñan asegurada a eternidade. Así foi como os monxes dispoñían as árbores pequenos en vasixas ao longo das escaleiras dos templos e ata eran obxecto de adoración.

No sur de China a arte do bonsai consistía en transmitir todas as características dunha árbore desenvolta na natureza a unha árbore pequena, cultivada en maceta. Buscábase reproducir estas árbores segundo os existentes nas altas montañas polo cal utilizaban só exemplares que existían nos montes e que xa posuían formas especiais na súa intensa loita contra as adversidades climáticas.

Foi levado a Xapón hai uns 700 anos onde evoluíu á arte actual. Desafortunadamente, moitos dos especímenes máis antigos desapareceron durante a Segunda Guerra Mundial.

Un bonsai non é unha planta xeneticamente empequenecida. Mantense pequena dándolle forma e podando o tronco, as follas e as raíces. Un bonsai mantido correctamente sobrevivirá o mesmo tempo que unha árbore normal da mesma especie. Porén, o bonsai precisa de moitos coidados, polo que un bonsai mantido de forma inapropiada probablemente morrerá.

Ver máis

Artigos relacionados:

Traballos do bosque.

Nomes de Árbores I

Nomes de Árbores II

Bonsais na Casa das Campás
Comentarios (0) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 30-03-2011 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
The story of stuff
A historia das cousas, en inglés (subtitulado en castelán)

Primeira parte



Segunda parte


Comentarios (0) - Categoría: Learning English - Publicado o 29-03-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Nomes de árbores I
De Traballos do Bosque


Nome das árbores II
Comentarios (5) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 27-03-2011 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
II Fornada de Fotos dos Xogos na Alameda dos EDNL do Concello de Pontevedra


I Fornada de Fotos

Artigo Principal
Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 26-03-2011 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
O bilingüismo e a saúde
O bilingüísmo ten certas ventaxas, un delas é que os que dominan dúas linguas tardan máis en desenvolver enfirmidades neurodexenerativas como o Alzeimer

Ver nova na prensa
Comentarios (1) - Categoría: Saúde - Publicado o 25-03-2011 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Bonsais na Casa das Campás


O domingo 27 de marzo remata a Exposición de Bonsais que hai na Casa das Campás,preto do Teatro Principal, en Pontevedra.

A arte dos bonsais orixinouse en China hai uns dous mil anos, como obxecto de culto para os monxes taoístas. Para eles era símbolo de eternidade, a árbore representaba unha ponte entre o divino e o humano, entre o ceo e a terra.


Enterámonos que un dos bonsais que están na exposición, un teixo (Taxus) quedou 2º no Campeonato de España, e o seu valor é impresionante, 65.000 €. Os que somos da vella escola temos que traducir, e esto equivale a preto de 11.000.000 de pesetas. Calquera compra un "bichiño" destes.

Para os que queiran iniciarse, poden atoparse no mercado por 300 € , incluso hai que nos fai el mesmo collendo un anaco de tronco con raices polo campo, ou chantando un pola en terra fértil (os que prenden de estaca). O carballo (Quercus) que hai na exposción foi recuperado despois dun incendio.

Por suposto os bonsais necesitan moita dedicación, practicamente hai que regalos a diario e fertilizados cada 15 días, máis ou menos; e por suposto, non deixalos medrar cortándellelas puntas das poliñas acotío, tanto no inverno como no verán, a poda é continua.
Comentarios (1) - Categoría: Bosque, O - Publicado o 24-03-2011 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Nota de Prensa e Agradecementos
De Xogos Polulares Día H, Hora D


Teño que dar, primeiro a noraboa ó Diario de Pontevedra, por facer a nota de prensa en Galego.
Sería porque así llelo pediron? Ben asinado o artigo, por Belén López, ou sexa, que os nosos parabéns a Belén. Non é a primeira vez que un fai algo relacionado coa normalización lingüística e a prensa escaralla todo traducíndoa ó castelán. Por exemplo.

Logo dicir, que falta algo moi importante na noticia , non nomear a colaboración do alumnado do IES Sánchez Cantón ,máis de 30 monitores, dos Ciclos de Educación Física STAFFAD (1º e 2º) (Técnicos Superiores en Animación Física e Deportiva).

De Xogos Polulares Día H, Hora D


Sen eles non se poderían facer ben estos Xogos.

Nós dende aquí, dámoslle as grazas pola súa colaboración e, por suposto, tamén a Noraboa pola actuación, case perfecta, que tiveron nas Xornadas.

Grazas tamén ó seu profesor, Paco, que axudou, xunto cos mestres Victoriano, do CEIP Vilaverde-Mourente e a Arturo, do CEP Xunqueira nº 2, a organizar Os Xogos das I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra.

Agradecemos, tamén, a Concellaría de Normalización Lingüística a súa colaboración para a realización destas Xornadas, e neste caso, dos Xogos.

Non todo foron parabéns, houbo un gran despiste, parece ser que da empresa encargada da poda, de deixar media Alameda empantanada coas polas nese día, non deixando os espazós que tiñamos previstos para os xogos., Tivemos que improvisar en moi pouco tempo os novos espazos para as diferentes estacións dos xogos, e máis dun sudou, máis do previsto, no inicio desta xeira.

Para rematar os agradecementos, por suposto, grazas a tódolos colexios pola participación, tanto ós de Infantil por participar na actividade de Migallas Teatro como os de Primaria, xa que sen rapaces non se podería facer nada do que se fixo.

A organización pide desculpas no que poidéramos fallar. E espera, que o ano que ben, a participación sexa aínda mellor ca deste ano, e estades todos invitados a colaborar para que esta xeira sexa unha completa Xornada de Convivencia, que os rapaces o pasen ben xogando, e que a lingua galega medre na xuventude ...para seguirmos sendo galegos.

Ver fotos dos Xogos
Comentarios (1) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 23-03-2011 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Acuarela do Brasil


Para que serve o Galego?

A parte de para ser "Galegos", tamén vale para entendernos con outras xentes con lingua lusófona, como por exemplo Brasil, potencia mundial emerxente, conpróbao neste vídeo.

..."Nas noites claras de luar" ...

Máis música carioca
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 22-03-2011 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis