Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O panel de Normalización Lingüística
De Varias
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Protección de datos
Catro animacións sobre a importancia da protección dos datos cando usamos internet. Pódelo ver en éuskaro, inglés ou castelán.
Comentarios (0) - Categoría: Informática - Publicado o 30-03-2010 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Traballo de bádminton
De Xadrez


Traballo de Laura (6ºA) presentado para a segunda avaliación en E. Física
Comentarios (1) - Categoría: Deportes - Publicado o 26-03-2010 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Arco da vella
"Arco da vella" do libro Poemas soltos, de Marica Campo.

Comentarios (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 25-03-2010 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xogade
De Varias

Estas son as actividades solicitudes neste curso no novo modelo de Deporte Escolar, que leva por título "Xogade". Xa temos tres validadas, pendentes de programar as datas por parte das federacións: Loita, Triatlón e Taekwondo. Están pendentes os Xogos Populares, loita Olímpica, a Orientación e o Xadrez.

Os datos dos grupos son orientativos, pois vemos inviable, nalgunhas actividades, que se poidan dar a tódolos grupos se só aceptan 25 por grupo e hora, vindo só unha mañá. Farase a selección por ciclos no caso de ter que escoller.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2010 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
A ría de Pontevedra
Este vídeo vai acompañado dunhas unidades didácticas, que dispón para o noso centro o Equipo de Normalización Lingüística. Se alguén as quere demandar para outro colexio terá que poñerse en contacto coa APDR (Asociación Pro Defensa da Ría).



Recursos didácticos: tres unidades didácticas
Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 24-03-2010 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Paco Ibañez e a súa opinión sobre a lingua
Paco Ibañez, nunha entrevista dinos que primeiro é o galego e despois o castelán. Iso é o que pensamos moitos, e como galegos, por sentido común, debería ser así. Non si?

Deixamos aquí unha das súas cancións e das de moitos dos que xa temos certa idade. A primeira, xa que estamos no més da poesía, dunha poesía de Gabriel Celaya: "La poesía es un arma cargada de futuro", e a segunda dun poema de George Brassens: "La mala reputación".





Páxina web de Paco Ibañez.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 24-03-2010 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
AO SEÑOR VALEDOR DO POBO
Primeiro dúas idioteces do noso valedor do pobo, e logo a resposta da Plataforma Prolingua:

En dúas entrevistas o Valedor despachábase a gusto en relación a cuestión idomática, afirmando a idiotez de que "Se a un neno se lle suspende polo galego, logramos que lle colla odio", en referencia ao decreto do galego no ensino, ou que "usar o galego na Xustiza, se non se domina, pode resultar perigoso".

Resposta ó Sr Valedor do Pobo, da Plataforma Prolingua, polas últimas declaracións:

"En relación coas súas declaracións na sesión do Parlamento Galego do pasado día 22, desexamos manifestar a nosa sorpresa e desagrado. Aínda que desde que asumiu o cargo en xullo do 2007 logo se coñeceu a súa estraña forma de exercer de Valedor dos cidadáns que tamén se expresan en lingua galega, de novo semella inevitable inferir das súas palabras a escasa simpatía que profesa cara ao idioma.

De acordo coa información aparecida nos medios, e sen entrar a comentarmos a actitude pouco respectuosa coa cámara e os seus membros, si queremos manifestar o noso parecer sobre diversos puntos da súa argumentación:

1.- Vostede reprocha que se cite o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística para defender a liberdade lingüística, e engade «acórdese que tamén está a Constitución Española». Nada máis evidente que a plena constitucionalidade do Estatuto de Autonomía de Galicia, o mesmo que a da Lei de Normalización Lingüística; xa que logo, nada neles se opón á Constitución. Quere acaso dicir que hai algo no Estatuto que é contrario á Constitución?

Cónstanos que, por cargo e capacidade, vostede sabe que non. E sabe tamén que demandar políticas de apoio diferenciado á lingua galega é plenamente constitucional. Vexa senón, entre moitas outras que se poderían citar, o que se di na sentenza 337/1994 do Tribunal Constitucional, «que avala un trato desigual, que non discriminatorio, para as dúas linguas oficiais en función do carácter propio dunha delas que fai preciso unha acción normalizadora que debe, necesariamente, implicar accións de apoio singularizado».

2.- Todos os galegos e galegas temos dereito a exercermos a nosa liberdade lingüística individual, como vostede moi ben dixo. Compare o exercicio desta liberdade por parte dunha persoa castelanfalante e outra galegofalante ao falar co médico, facer un documento notarial, asistir á misa, casar, realizar unha entrevista na procura de emprego, ir ao cine, mercar nos centros comerciais, educar un fillo na lingua familiar, facer unha xestión xudicial ou responderlle a un xuíz en galego sen medo se este fala en castelán, ler un xornal... e un longuísimo etcétera. Estas e outras moitas serviríanlle para «informar do que pasa na rúa» con maior coñecemento e acerto. Ata hoxe estabamos seguros de que defendía a liberdade lingüística de toda a cidadanía, pero, das súas declaracións, deducimos que cando fala de liberdade lingüística só se refire á lingua castelá.

3.- Así as cousas, xa non nos sorprende o uso espurio que vostede fai da palabra liberdade. Certo que non é o único que utiliza estas trampas. Curiosamente, no mesmo día en que liamos as súas declaracións, os xornais informaban tamén que para os congresistas do partido republicano dos EUA a reforma sanitaria do presidente Barack Obama atenta contra as liberdades individuais; asombrosamente, citábana como un ataque similar ao que supuxo, para eles, a promulgación da lei de liberdades civís que o presidente Lyndon B. Johnson declarou en 1964; declaración que, como todos sabemos, constituíu un inmenso avance para as liberdades reais de todo o pobo estadounidense.

Non caia, señor Valedor do Pobo, nun uso fraudulento da palabra liberdade, como o que vén de realizar Silvio Berlusconi declarándose vítima da «falta de liberdades» en Italia ou a vergoñenta actitude da Asociación Nacional do Rifle dos EUA que, no nome da liberdade individual, continúan a xustificar o inxustificable.

4.- A súa frase «ir cunha pistola ao peito a cada cidadán para que fale galego» aínda que se trate dunha metáfora, é tan ofensiva como impropia do seu cargo. Debe pedir desculpas a todas as persoas que defendemos o dereito ao uso e promoción da lingua propia de Galicia, porque nin somos nin seremos nós quen apelemos nunca ao uso da violencia e porque as referencias ás armas cárgaas o demo.

En resumo, señor Valedor do Pobo, de vostede tiñamos que esperar outra actitude e outra práctica. Non está no seu posto para defender os poderosos fronte os débiles, trátese de persoas ou de linguas. Antes ben, desexariamos que tomase en conta o que no século XIX Jean-Baptiste Henri Lacordaire dixo: «Entre o forte e o débil, a liberdade oprime e a lei libera». Por iso acudimos a vostede tantas veces, para que nos defenda das invocacións falsarias da palabra liberdade.

No tocante ás linguas, non esqueza que a oposición entre castelanfalantes e galegofalantes é, en boa medida, unha falsidade. En todo caso, a oposición será entre os que temos competencia bilingüe e os que se encastelan no mantemento da competencia monolingüe vivindo nun país con dúas linguas oficiais.


Outras declaracións do Valedor do Pobo
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 24-03-2010 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
Historias para animarse
Esta é unha das histórias que podes atopar nesta presentación da Comisión Xalgarete, da Asociación Xuvenil Amencer.: "Sen escusas, nin atrancos..."
De Galego



Comentarios (2) - Categoría: Contos - Publicado o 22-03-2010 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Joan Baez cantando en Galego
Joan Baez, norteamericana, polas nosas terras e tamén cantando en galego.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 22-03-2010 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis