Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gonzalo Jar Couselo
Fai uns anos a Xunta de Galicia sacou un pequeno libro chamado "Un futuro para a lingua", cun pequeno, pero importante lema, "Non desherdes a túa lingua", nel aparecen as "mandas" (legado de bens ou dereitos que se deixan en testamento). Iremos pondo algúnhas, aínda que imos comezar por esta, que é doutro libro semellante: “En galego, agora e sempre”, editado pola ASOCIACIÓN DE FUNCIONARIOS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA, que recolle mandas testamentarias de máis de duascentas persoas.

Esta primeira, que serve tamén como homenaxe póstumo, pois acaba de falecer fai uns días, é de Gonzalo Jar Couselo, Xeneral de División da Garda Civil, nado en Pontevedra (Lérez), defensor do galego dentro dun corpo non moi dado a estas loitas, sobre todo noutros tempos.

"Os dezasete anos, con moita morriña e máis medo ó descoñecido, saín da miña casa de Lérez para comezar unha vida profesional, a de garda civil, que, salvo a paréntese de dous anos en Lugo, ía obrigarme a ter que vivir lonxe dese pequeno paraíso que entón era todo o que estaba a beira dun engaiolante río Lérez. Atrás deixaba os meus pais, pero sobre todo a miña avoa Xoana, unha velliña que morrería dous anos máis tarde e que nos deixaba a toda familia, precisamente por non saber falar outra língua, a mellor herdanza que nos podía transmitir, o emprego permanente do galego como única maneira de comunicarmos entre nós. Moito tempo despois descubriría o privilexio que supón desenvolver os primeiros anos dunha vida con dúas linguas sen ningún esforzo para o neno que era. Unha vez casado cunha dona non galega, a chegada de dúas fillas plantexoume a dúbida de cómo tería que facer para que esa herdanza que me fora transmitida non morrera de maneira definitiva, así que, desde ben pequenas e coa complicidade da miña muller, puxen en marcha un plan, vixente deica hoxe, que consistía en falarlles sempre en galego aínda que elas me responderan en castelán. Pasaron os anos e a maior, Ana, hoxe alta funcionaria do Estado, tras estudar na escola de idiomas de Madrid cinco anos de galego é xa unha verdadeira defensora da nosa língua; en canto á pequena, Marta, xornalista, custoulle un pouco máis a entrada nese mundo, pero un Erasmus en Lisboa troúxoma ó noso eido pola vía do portugués. É así como, cando se aproxima o intre de facer testamento, quero pedirlle a ámbalas dúas que, de igual maneira que recibiron ese privilexio, se comprometan ante a xeración que lles precedeu a manter viva o que consideramos é o mellor legado que se lle pode facer a unha persoa".
Comentarios (2) - Categoría: Mandas testamentarias - Publicado o 27-12-2009 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Duo Siqueira Lima
Comentarios (2) - Categoría: Música - Publicado o 26-12-2009 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Felices Festas



Comentarios (2) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-12-2009 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os carboeiros
A orixe do Apalpador vén dos carboeiros. Aquí temos un vídeo do último carboeiro do Courel.

Máis sobre a "Historia do Apalpador"


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: O Apalpador - Publicado o 24-12-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Galeguismo. Baltar Blanco
A punto de saíres o novo decreto do galego, xurden diversas opinións. Baltar Blanco, dende Ourense cóntanos que é para el o galeguismo e cal é o seu desexo sobre o novo decreto.


"O galeguismo para min ven perfectamente definido no noso Estatuto de Autonomía: "asumir como tarefa principal a defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses e a promoción da solidariedade entre todos cantos integran o pobo galego". Ser galeguista é unha actitude, máis que un sentimento. Ser consecuente co noso país e loitar cada día por defendelo. Exercer de galego".

Agardo un decreto que non atente contra a lingua
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 23-12-2009 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Abdominais

Os exercicios da táboa téndelos feitos correctamente no primeiro vídeo "youtube". Iremos pondo outros ós poucos.



Comentarios (0) - Categoría: E. Física - Publicado o 22-12-2009 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Flexibilidade
De Táboas de exercicios
Comentarios (0) - Categoría: E. Física - Publicado o 22-12-2009 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
O gato metido nun saco
Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.

Vai o gato...

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o gato...

Ler orixe da historia

Ler máis letras




Comentarios (1) - Categoría: Cantigas Populares - Publicado o 22-12-2009 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Cun sombreiro de palla
Comentarios (0) - Categoría: Panxoliñas - Publicado o 22-12-2009 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
O apalpador en Aguiño
Un conto do Apalpador dende o CEIP de Aguiño

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 22-12-2009 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis