Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

The werepig
Imos despedir o mes de San Martiño cunha curtametraxe de cochos. Podedes comentar se vos gustou nos comentarios.
Argumento:
Nunha viaxe pola xeografía galega, dous adolescentes americanos gozan ao seu xeito, sen respectar nada do que lles rodea. A súa impertinencia ante as tradicións da zona levaraos a unha pequena casa de embutidos rexentada por dous anciáns onde, moi ao seu pesar, acabarán formando parte activa desas tradicións.




Comentarios (0) - Categoría: Curtametraxes - Publicado o 30-11-2009 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Pequerrechadas
Jairo 3 anos
Un día dixo Jairo: 'Cando sexa maior, se teño bigote, chamareime Paco'

Carlota 5 anos
Os pais de Carlota fóronse a China de vacacións, así que ela quedou coa súa avoa. Cando volveron, o primeiro que dixo Carlota nada máis velos foi: 'Agora tedes que ter outro neno, e así, na seguinte viaxe, ímonos os tres e o pequeno é o que queda coa avoa'

Hugo 4 anos
Hugo preguntou á súa nai: 'Mamá, como saín da túa barriga?'. E a súa nai respondeulle: 'Pois primeiro saíu a cabeza, despois os ombreiros, logo o corpo e ao final as pernas'. E dixo Hugo, asustado: 'Mamá, pero é que saín esnaquizado?'

Marta 4 anos
Marta oíra falar ao seu irmán maior de que o home viña do mono, así que lle preguntou á súa nai: 'Ti, mamá, cando eras mono.. xa levabas lentes?'

Tomás 6 anos

Un día Tomás preguntoulle á súa nai: 'Se queres ser toureiro, o touro hai que levalo ou cho dan alí?'

Nacho 6 anos
Unha mañá, cando a súa nai o espertou para ir ao cole, díxolle Nacho: 'Non quero ir máis ao colexio. Bórrame'. A nai contestoulle: 'Pero se xa non che podo borrar, tes que ir tódolos días'. Nacho, con cara de asombro, preguntou: 'É que me apuntastes con boli?'

Manuel 3 anos
Na escola infantil á que vai Manuel tamén hai bebés. Un día estaba mirando como un de 10 meses pasaba as páxinas dun conto mentres balbuceaba sen parar, e díxolle á súa profesora: 'Non me gusta nada cando le en inglés'

Alan 3 anos
Alan ía coa súa nai no metro de Barcelona cando subiu un mozo negro.
Alan mirou á súa nai e díxolle emocionado: 'Mira, mamá, quen é?'. A súa nai contestoulle 'Non sei, Alan'. Pero el insistiu: 'Que si, mamá, quen é?'. Alan, ao ver que a súa nai non contestaba, díxolle gritando: '¡¡Mamá!!
¡¡¡Eto'o!!!'

Marta 3 anos
Unha noite, mentres todos durmían, Marta achegouse á cama da súa nai e díxolle: 'Mamá, mamá fixen pipí, pero non tirei da cadea para non espertarte, vale?'

Claudia 4 anos
O pai de Claudia agachouse para atarlle os zapatos, e a nena, ao verlle a coroa sen pelo, exclamou alucinada: '¡Papá, tes carne na cabeza!'

Daniel 5 anos
Daniel estaba demostrándolle á súa nai que xa sabía deletrear palabras, como 'veterinario', así que empezou a dicir: 'B, e, t'. A súa nai corrixiulle: 'Non, Daniel, B non, V'. E o neno respondeu' Si, home, uveterinario vai ser!'

Isaac 4 anos
Isaac ía correndo, tropezou coa súa irmá e tirouna ao chan. A súa nai díxolle: 'Isaac, que lle tes que dicir á túa irmá?'. E Isaac respondeu: 'Que se aparte'

David 5 anos
Un día díxolles ós seus pais: 'E vós, cando eu teña noiva, onde ides vivir?'

Pedro 4 anos
Fai un par de meses decidiron facerlle o carné de identidade, que lle chegou fai un par de semanas. Cando a súa nai llo ensinou a Pedro e díxolle que era o seu carné, el dixo: 'Ai, que ben, agora xa podo conducir'

Xulia 3 anos
Cando a Xulia lle dixeron os seus pais que ía ter un irmanciño, ela dixo: Que ben, pero quen van ser seus pais?
Comentarios (2) - Categoría: Humor - Publicado o 30-11-2009 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Revolto de mouses


O mundo dos trebellos de papelería é feliz e cheo de cor: os lapiseiros, ceras, pinceis etc. debuxan despreocupados paisaxes de ríos, prados e flores cando de súpeto o chan ponse a tremer e no horizonte enxérgase unha xigantesca e pavorosa mancha gris que converte en liñas e números todo o que atopa ó seu paso: son os ratos de ordenador, e ameazan con destruír o mundo figurativo.

* Director: David Alejandro Gen
* Duración: 13 minutos e 58 segundos
* Ano: 2007
Comentarios (0) - Categoría: Curtametraxes - Publicado o 30-11-2009 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Historia da Muller Galega



Historia da "Muller Galega". Historias moi interesantes. Podes saber, quen foi MªPita, Ernestina Otero Sestelo, María Barbeito; cando comezou a votar nas urnas a muller, cando comezou a muller a poder estudar, quenes foron as grandes impulsoras de acadar os dereitos para as mulleres... E aínda que che poida soar lonxano, todo isto aconteceu non fai moito tempo. Os vídeos non están ordenados, nós destacamos en primeiro lugar a historia dunha gran muller na "Historia da Muller en Pontevedra".
Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 29-11-2009 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Principios do novo Decreto do Galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo ofreceu onte una conferencia sobre o galego no ensino no marco das Xornadas Lingua e Educación en Galicia, celebradas na Facultade de Educación de Santiago. Alí, Lorenzo expuxo os seis principios nos que, dixo, basearase o decreto do galego na escola, que asegurou que presentará “nas próximas semanas”. Segundo Lorenzo, o galego será a “lingua primeira da Administración educativa”, principio que se deberá compaxinar co de ter en conta a opinión das familias.

Segundo a propia orde establecida polo secretario xeral na súa intervención de onte, os principios son os seguintes: Primeiro, que os alumnos acaden unha competencia semellante das dúas linguas; segundo, fomentar activamente o galego; terceiro, ter en conta a opinión das familias; cuarto, “impulsar o imprescindible plurilingüísmo”; quinto, adaptar o marco normativo “aos distintos contextos” (centros educativos, competencias do profesorado, etc.); e sexto, “facer efectiva a lingua galega como lingua primeira da Administración educativa”.

Anxo Lorenzo tamén indicou na súa conferencia que, para que poida existir igualdade entre as linguas, “ten que haber unha plena capacitación nas dúas linguas oficiais”. Así, avogou por “experimentar” novas estratexias “o máis orixinais posibles”.

Nunha conferencia máis política que educativa ante un público universitario, Lorenzo seguiu un plantexamento defensivo no que tentou respostar ás críticas que lle chegaron os últimos meses. Así, chegou a iniciar a súa intervención dicindo: “Visto o que se comenta, temos que dicir que seguimos implicados como goberno en potenciar a lingua en todos os sectores” e asegurou que o seu “non é un camiño regresivo, é un camiño novo e firme”.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2009 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Dalle de mamar ...
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 28-11-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Coa lingua fóra
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 27-11-2009 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
O outono 2
Aquí tedes varios dos debuxos do outono:De Helvia (6º B), de Luís (6ºB), Ángel (6ºB) Clara (6ºC), David (6º A) ..
.

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 27-11-2009 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Denuncia da EBLUL
A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL) insta a Xunta a ‘pór fin ás iniciativas que adoptou contra o galego’ ou, do contrario, denunciará a situación internacionalmente.

TEXTO DA RESOLUCIÓN DO EBLUL


O Comité do Estado español do EBLUL (European Bureau for Lesser Ussed Lenguages – Axencia Europea das Linguas Minorizadas), reunido en Barcelona o 26 de novembro de 2009, ACORDA dirixirse á Xunta de Galiza para lle trasladar as seguintes solicitudes:

# Animamos o Goberno galego a que desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia de Galiza, pondo fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego nos diferentes ámbitos.

# Informamos á Xunta de Galiza de que as medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español, como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias.

Neste sentido, resulta de especial gravidade que o Goberno galego non tivese en conta o último informe que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu hai apenas uns meses sobre a situación lingüística de Galiza. Non é só que non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas para dar cumprimento á Carta europea, senón que se desmantelaron algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa, como as Galescolas, que era a única rede de ensino infantil que contemplaba con normalidade o uso do galego en cancións e xogos.

# Se a Xunta continuar coa súa política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega e de incumprimento dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, desde o Comité de Estado do EBLUL trasladaremos esta situación aos diferentes foros internacionais en que se encontra presente.


Nova en Xornal.com

Nova en Vieiros.

Nova sacada da páxina web da MESA
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Ponte da Barca dende A Moureira

Comentarios (2) - Categoría: Fotos - Publicado o 26-11-2009 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis