Nota: Este artigo irase actualizando segundo se confirmen datos e aumente a información.
Calquera consulta:
enlpontevedra@gmail.com
Tfno: 695832454
Data celebración das Xornadas: do 14 ó 21 de marzo.
Lugar de celebración: O espectáculo musical para os de Infantil (co Grupo Migallas) farase o martes 15 no Teatro Principal. Faranse dous pases, un ás 10 h. e outro ás 11:30 h. Os colexios que comecen as clases as 09:30 h, terán preferencia para o segundo pase: CEIP de Campañó, CEIP Cabanas, ...
Os centros que precisen autobús, deberán comunicárllelo ó Concello:
Telef: 986 863 157
normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es
Prégase o máis axiña posible, que os centros manden un listado numerado do alumnado que virá ás xornadas e do mestre encargado. Indicar o nivel do grupo (curso).
Recordamos que imos aproveitar para mesturar os grupos, coa finalidade de facer tamén algo de convivencia.
Cada grupo escolar podería traer un distintivo:camiseta, biseira,pano ... para que os monitores souberan a que colexio pertenzen.
En cada estación haberá un Mestre - Colaborador ó lado dos monitores que dirixirán a actividade (alumnos do Ciclo TSFAAD do IES Sánchez Cantón)
Podedes deixar tamén un correo electrónico persoal do responsable e un teléfono para axilizar as cousas nas datas próximas ás xornadas.
A PARVA: Fárase un descanso de 20` despois do 3º xogo para tomar a parva.
BAÑOS: Están habilitados os baños do Concello para este evento. O alumnado terá que ir acompañado por un mestr@. O mellor será ir en grupo ó baño para non facer moitas viaxes.
O alumnado fará un só circuito, o que lle toque.
Habilitaranse para ese día os baños do Concello de Pontevedra na Praza de España.
A Real Academia Galega (RAG) celebrou, o 22 de xaneiro deste ano, no Teatro Principal de Pontevedra unha sesión extraordinaria para inaugurar os actos conmemorativos do 'Ano Pintos', que organiza o concello da localidade con motivo do bicentenario do seu nacemento.
Durante o acto, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, afirmou que "a vixencia de Pintos é permanente" e cualificoulle de "pedagogo social" pola súa contribución á lingua galega.
Deste xeito, asegurou que a figura de Pintos está "destinada a crecer" e que os actos que se celebren na súa memoria contribuirán a "modificar ideas comúnmente aceptadas da literatura galega" e "tópicos" que el se mostrou partidario de "abolir".
O presidente da RAG explicou que, logo de Frei Martín Sarmiento, Xoán Manuel Pintos "fixo posible a chegada de Murguía e Rosalía ao mundo das letras", e que a literatura "mantéñase viva e floreciente".
No plenario académico interviñeron, ademais, o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, a catedrática de Pontevedra Rosario Álvarez Branco, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández e o ensayista Xesús Alonso Montero.
Este último asegurou que "quedan por descubrir moitas páxinas literarias" de Pintos e que "aínda hai que editalo ben". Neste sentido, abogó por "facer unha edición con lupa" da obra de 1853 'A Gaita Galega', argumentando que é "un libro que aínda está de actualidade".
Xogos de sortes: Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación.
Un, dous,
tres, catro.
Sae ti,
que vén o gato.
Catro patas
ten un gato:
unha, dúas
tres e catro.
Barrabís,
barrabás,
ti quedas
e ti te vas.
Chirlosmirlos,
vaite de aí
que esta nena bonita
non é para ti.
Pinto, pinto,
gagarabinto,
teño unha vaca
de vinte e cinco.
Teño un boi
que sabe arar;
tamén sabe
trompicar;
dar a volta
ben redonda
esa nena
que se esconda.
A franxa atlántica só conserva o 1% de monte galego pola presión urbanística, produtiva e humana ·· O último reduto: As Fragas do Eume, en regresión polo eucalipto .
"carta completa que Elena Vázquez Sarandeses, alumna do noso centro, mandou ao Diario de Pontevedra para denunciar as graves irregularidades detectadas na redacción en galego das probas para os premios extraordinarios da ESO"
Dentro das actividades programadas para estas xornadas (Semana do 14 ó 18 de marzo)temos entre outras, para o luns 14 de marzo unha exposición do Banco de Actividades dos EDNL dos centros educativos. A finalidade é a de dar a coñecer os traballos que se están a facer en pro da Normalización Lingüística e compartir ideas con tódolos demais centros.