DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Campañas doutros tempos

Campañas doutros tempos. Xa caducaron ?
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 12-01-2010 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
3º Encontro Galego das Escolas Asociadas da UNESCO
Durante os días 14, 15 e 16 deste mes, xaneiro do 2010, teremos no Pazo de Cultura de Pontevedra o

3º ENCONTRO GALEGO DAS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO".

Este ano 2010 será o:

"Ano Internacional da Biodiversidade e o Diálogo entre Culturas"


O noso colexio, CEIP Campolongo, por estar integrado nesta rede de escolas, tamén participa e colabora no evento.


3º ENCONTRO GALEGO DAS ESCOLAS ASOCIADAS

Se queres saber saber máis sobre As Escolas Asociadas da Unesco, podes ver esta presentación, ou ben ir ó seu enderezo na rede:



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-01-2010 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao en Java Clic

Aproveitando esta efeméride. 60 cabodano, nós deixamos un xogo feito co programa Javaclic, no que poderemos aprender algo máis sobre un dos que se considera pai do Galeguismo: CASTELAO
O xogo, máis ben para os mallores, pódese facer en liña, versión applet (indicado debaixo da imaxe cando entras), ou pódelo baixar, pero para poder facelo desta maneira terías que baixar primeiro o programa Javaclic, que está tamén na ZONA CLIC.
Se tedes algunha dúbida podedes deixalas nos comentarios para poder aclarala.

Comentarios (0) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 09-01-2010 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
flashfabrica.com
Na ligazón flashfabrica.com, tes a posibilidade de facer varios xogos curiosos. Entre eles temos varios que che indican a túa idade cerebral, un deles é este learning brain, vén sendo o que tes nesta imaxe, tes recordar a orde dos números que saen de menor a maior clicando nos seus respectivos círculos.
Cando remates, despois de 10 probas, dirache se tes boa ou mala memoria dándoche máis anos ou menos (cerebrais).

O mesmo ocorre con este: Brain Age Test, a diferenza é que aquí tes que saber que signo tes que poñer a unha operación matemática.

Se che gusta o baloncesto tes este: Baskeball Game Nel tes que poñer a forza e o ángulo axeitado para encestar.

Crebacabezas: Scroll Puzzle

Son semellantes ós xogos do "Brain training", da Nintendo. Dende logo, moitos deles, son xogos estimulativos para o noso cerebro, non estaría mal practicalos de cando en vez.

Non esperes máis e xoga un pouco.
Comentarios (0) - Categoría: Xogos na rede - Publicado o 09-01-2010 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
O camaleón
Comentarios (1) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 08-01-2010 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Adaíl
Adaíl: Xefe que guía e dirixe un grupo humano, unha comunidade ou un exército.

Manuel Rivas Barros, ingresou no mes pasado (decembro de 2009),como membro numerario na RAG (Real Academia Galega). No seu discurso de entrada, agradeceu, entre outros, á Academia "o agasallo da súa confianza", que el asegurou recibir como "unha encomenda de responsabilidade e de compromiso na tarefa de defender, cultivar e espallar o idioma, o patrimonio e as expresións culturais de Galicia. Ser adaíl, un máis, na loita do re-existir".


Podríamos dicir que Manolo Rivas é para moit@s, hoxe un adaíl, un referente, que medra día a día, e co súa entrada nesta institución dá un paso máis, pero moi grande, eu diría de xigante, na defensa da nosa cultura e da nosa identidade.

"Un grolo por este adaíl galego"

Máis na Nosa Terra

Máís no Faro de Vigo.

La gaviota que escuchaba a Manolo Rivas.

Fotogalería do discurso de entrada.
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 08-01-2010 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Prexuízos lingüísticos
Dende a bitácora A Tabarra Dixital, sacamos este traballo, sobre os prexuízos, collendo como base o discurso de ingreso de Ramón Piñeiro na Real Academia Galega (1967): "A lingoaxe e as linguas"
Analiza, por exemplo, a asociación do galego cos grupos desfavorecidos e do castelán cos dominantes, así como os efectos psicolóxicos que provoca esta situación.
Un dos prexuízos que recolle e segue en boa parte vixente é aquel que identifica, en todas as sociedades occidentais, progreso con homoxeneización cultural, coa conseguinte dificultade para entender que o desenvolvemento pode e debe ser compatíbel coa pluralidade.
É fundamental o feito de que lle outorga un sentido histórico e social ao problema da lingua, entendendo que este afecta á autorrealización da colectividade que a fala. Así, o problema da lingua é o problema do país e a recuperación da lingua a recuperación do país.

Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 08-01-2010 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da AS-PG
COMUNICADO DAS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILLINGÜÍSMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), como entidade que traballa no mundo socioeducativo desde hai máis de trinta anos, perante a divulgación por parte da Xunta de Galicia das "Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia" quere manifestar:

1.- A AS-PG rexeita esta ou calquera outra norma que reste usos e feche espazos para o noso idioma.

2.- Consideramos vixentes as propostas emanadas do actual Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega por canto supoñen un elemento de consenso no proceso de normalización da lingua e porque ademais non foron alcanzados os obxectivos propostos en ningún dos ámbitos de actuación establecidos neste documento, e tampouco no ámbito educativo.

3.- Non nos parecen axeitadas á nosa situación lingüística ningunha das propostas establecidas nas citadas Bases, por canto o futuro decreto pretende sustentarse en falsos argumentos pedagóxicos e de extensión do plurilingüismo, cando todos e todas sabemos que as propostas normalizadoras deben basearse en criterios e fundamentos sociolingüísticos. Neste sentido resulta aínda máis disparatado denominalo decreto de plurilingüismo, cando é obvio que a súa aplicación reduciría o desenvolvemento competencial do alumnado e incidiría negativamente no proceso de normalización.

4.- A concepción da futura norma, deixando ao criterio das familias ou dos centros as materias a se impartiren en cada lingua, non só atenta contra a progresividade na presenza da lingua galega no ensino que debe, por lei, impulsar o goberno autonómico, e que vén esixida ademais pola enorme desigualdade social entre o galego e o castelán, senón que tamén leva a que, na práctica, sexa imposíbel acadar unhas competencias comunicativas en galego parellas ás do castelán, como requiren a LNL e a LOE, se temos en conta que estas bases fomentan a práctica desaparición do galego en infantil
e a residualización nas outras etapas educativas.

5.- Esta proposta racha co modelo consensuado até o presente e abre o rego da segregación e da fractura social, co recoñecemento real de dereitos unicamente para a comunidade lingüística dominante, ao tempo que constitúe unha fonte de conflitos e de desigualdades ao trasladar ás comunidades educativas decisións que lle corresponde tomar á administración educativa.

6.- Finalmente, como entidade integrante da plataforma Queremos Galego, adherímonos á folga convocada para o día 21 de xaneiro e facemos un chamamento a participar nela.

Un saúdo.


PRÉGASE A MAIOR DIFUSIÓN A TODOS OS PROFESORES.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 07-01-2010 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
O gordo
O noso gordo da lotería de reis:

Preguntas sobre as "Bases do novo decreto do galego":


Pódese poñer na mesma balanza galego, castelán e inglés?

Pódese dicir que se segue a promover a lingua propia sacándolle a posibilidade de traballar nela no 50% das materias?

Pódese garantir deste xeito a competencia lingüística en igualdade de condicións nas dúas linguas oficiais ao remate do sistema educativo obrigatorio?

Pódese garantir a liberdade de escolla lingüística cando os nosos fillos e fillas sexan escolarizados en contextos castelán falantes se a súa lingua materna é o galego?

Pódese favorecer a participación dos pais e nais na educación dos fillos obrigándoos a decidir sobre aspectos que atinxen ao currículo, cando debe ser a administración educativa a que tome esas decisións, sen crear conflitos nas propias ANPAS e nos centros?

Pódese garantir a atención individualizada do alumnado que non teña a mesma lingua materna que a maioría do grupo da aula na que estea integrado co mesmo profesorado e sen que haxa discriminación ningunha?

Como se garante o dominio dás dúas linguas ao final do ensino obrigatorio por parte do alumnado se «en todas as áreas» este «poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial dá súa preferencia»?

Pódese
facer ben un país liquidando as súas culturas?


Eu case que prefiría algo de carbón que este pesadelo.

Comentarios (1) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 06-01-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Se habla gallego

Do 50% ó 33%. Tal e como están as cousas , hai alguén que se crea que isto sexa defender a lingua?.

Como isto quede así, a este chiste teremos que poñerlle o seguinte engadido:

.... En los museos y de aquella manera, o sea, "con fluidez"....
Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 06-01-2010 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis