DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comunicado das ENL de Ferrol Terra
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 19-01-2010 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
O porco de San Antón
As tentacións de Santo Antón (séc. XVI), O Bosco. Museo Nacional de Arte Antiga de Lisboa.
__________

O DEZASETE DE XANEIRO celébrase en toda a cristiandade a festa de Santo Antón Abade, eremita exipcio que viviu polo s. III-IV e morreu aos 105 anos. Durante o retiro no deserto foi tentado innumerables veces polo Demo, tomando este mil e un disfraces, entre eles o de muller con posturas impúdicas, mais, ao parecer, sen éxito. En Palestina facíanlle festa xa no S. V; en Occidente foi despois do s. XI cando se comezou a venerar, logo do traslado das súas reliquias desde Constantinopla a Dauphiné. Comeza a representarse na compaña dun porco a partir do S. XIV.

O FOGO DE SANTO ANTÓN foi, indirectamente, a enfermidade que deu orixe á Orde dos Antonianos, primeiro como fraternidade laica e logo, s. XII, como orde relixiosa que nace para atender os enfermos e que desaparece cando se erradica este mal a finais do s. XVIII. Doenza terrible, coñecida como “culebrilla” ou “fogo sagrado”, unha intoxicación gangrenosa que se manifestaba candente en dedos, orellas e nariz e para á que o santo era moi avogoso. Críase causada por castigo divino aínda que, en realidade, contraíase tralo consumo de pan de fariña de centeo contaminado co fungo chamado caruncho.

O PORCO DE SAN ANTÓN Unha das fontes de provisión destes frades foi procurar licencias para que os porcos dos frades, identificados cunha campaíña pendurada do pescozo, puidesen manterse libremente, tanto nas cidades coma nos arredores. A tradición de manter porcos entre a veciñanza para poxalos e co recadado atender gastos derivados de festas e obras comunais continuou en moitos lugares de Europa, coma en Espasante (Ortigueira), onde no s. XIX comezaron a criar para logo rifar un porco co que atender os gastos da edificación dunha capela dedicada ao santo patrón dos animais.

EN LUGO, na capela da Soidade, celebrábase ata non hai moitos anos a ceremonia relixiosa e unha poxa de produtos de porco (rabo, orella, cachola...) dirixida polo sacristán de San Pedro. Desde hai uns oito anos é a Sociedade Protectora de Animais e Plantas a que se encarga do acto que remata na Praza Maior coa bendición dos animais domésticos e a poxa dos donativos achegados por persoas e entidades colaboradoras. Hai outros aspectos da festa (fogueiras, bolos..) que quedan para comentar en mellor ocasión.

Artigo de Antonio Reigosa en Galicia Encantada
Comentarios (1) - Categoría: Contos - Publicado o 19-01-2010 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Análise da RAG
A Real Academia Galega (RAG) considera 'inaceptábel' e 'inconsistente legalmente' o borrador do decreto do galego no ensino non universitario e reclámalle á Xunta que 'rectifique' a súa postura a prol do 'consenso', coa fin de chegar ao acordo social 'integrador' que precisa a aprobación dun texto destas características.

O secretario e presidente en funcións da institución académica, Manuel González, destacou que o informe sobre o borrador presentado polo Executivo galego "expresa o sentir da totalidade da Academia", xa que foi aprobado por "unanimidade" no plenario que esta institución celebrou o pasado sábado.

Ver ou descargar o Análise da RAG


Arigos relacionados:

Recompilación de artigos da CTNL

Recompilación das Bases de "nlcampolongo"
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 18-01-2010 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Decálogo linguïstico sostible
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 18-01-2010 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Yogote
Outro dos catro obradoiros que se traballou no 3º Encontro das Escolas Asociadas da Unesco foi a Comunicación Paralela de Xestos Internacionais, coñecido polo nome de YOGOTE.
Na súa páxina web atopáras os signogramas que che indican os movementos que hai que ir facendo para que o noso ouvinte nos poida entender mellor.
Foi unha experiencia curiosa e divertida, os nen@s, en moi pouco tempo aprenderon unhas frases en distintas linguas: italaliano, francés, wolof, turko, árabe,...
Os de infantil e primaria, aprenderon a frase "Os ríos son o fogar de plantas e animais. Cóidaos!", os de secundaria, "O diálogo entre as culturas enriquécenos a todos. Participa!
Deixamos un exemplo da mesma conversa, a primeira en galego, e a segunda en wolof (lingua de Senegal) Galego cos xestos internacionais do Yogote.



O poema de Rosalía de Castro, "Adios ríos, adios fontes" en Yogote.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Cantagalos
Xa rematamos o III Congreso Galego das Escolas Asociadas da UNESCO. Nel fixemos catro obradoiros: Un de Presentacións, outro de Biodiversidade, outro de Yogote e outro de Instrumentos. Este último, o de instrumentos, estivo dirixido por Pablo Carpintero, un verdadeiro artista musical. Ensinounos como facer algúns instrumentos, dos que se facían antes, os que facían os nosos pais ou avós.
No vídeo pódese ver a construción dun deles, o cantagalos ou estraloque.

Pódense ver máis vídeos na páxina do Proxecto Ronsel, da Universidade de Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 16-01-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Unha das árbores caídas

14 de xaneiro de 2010. ás 02:30 h, máis ou menos, moitas cousas comezaron a voar. A esta continua choiva e frío que estamos a ter este inverno, sumouse un vendaval que fixo historia. Somos moitos os que non recordamos semellante estropicio en Pontevedra por mor do vento e da chuvia; só no noso parque de Campolongo houbo varias árbores caídas, algunha delas de moitos anos e con moito grosor. Non se daba crédito a que isto poidera acontecer aquí.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2010 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Cuba
O Proxecto Cuba é un dos proxectos que imos presentar nas 3º Xornadas Galegas da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO, este xoves 14, venres 15 e sábado 16 no Pazo de Cultura. VER PROGRAMA



Se queres ver 50 fotografías da illa podes ver esta presentación.

Cuba
View more presentations from John J.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2010 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
O STEG convoca folga para o día 21

Hai varios sindicatos que convocan a folga para o día 21 de xaneiro. O STEG é un deles.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 13-01-2010 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Dario Xoán Cabana
O académico da Real Academia Galega (RAG), Darío Xohán Cabana, asegurou que o galego está «realmente» ameazado de desaparición no borrador de decreto sobre esta lingua no ensino, que considerou como «un paso atrás» na xa «pouca protección» con que contaba este idioma.
«Estase reculando dunha forma moi seria na transmisión do galego, que está realmente ameazado de desaparición», concretou o académico.
Xohán Cabana sostivo que «hai que defender» o decreto que regulaba as cuestións idiomáticas en Galicia xa que, aseverou, «cando menos permitía un nivel, máis ou menos teórico, de igualdade, dentro do ensino, entre o galego e o castelán»
Na súa condición de académico e «cidadán», o escritor lucense quixo remarcar que a presenza do castelán na emisión verbal e escrita dos medios de comunicación favoréceo, sen querer esaxerar, nun 90%».
«Se non se compensa un pouco no ensino, a lingua galega, a nosa lingua, desaparece e iso é a nosa alma como pobo», subliñou.
O académico dixo non entender por que á Xunta «metéuselle na cabeza» que había que modificar o decreto e ademais «cambialo para mal», para dar saída a un novo decreto «de teórica igualdade entre 3 idiomas», indicou.
Aínda que se mostrou partidario do estudo «profundo» do inglés, sostivo que é «un absurdo» pensar que o 33 por cento das clases poderanse impartir neste idioma antes de 30 anos «cando non hai máis dun 5% de profesores que poidan impartir materias en inglés».
«Iso -agregou- é un simple pretexto, un caramelo, pero é unha teoría que non se sostén».
Dixo así mesmo que no borrador hai «cousas tremendas», como o feito de que sexan os pais «quen teñan que deseñar a forma lingüística dun centro»
Na súa opinión, «iso é un disparate que non existe en ningún país do mundo, porque é algo inviable».
Tras considerar que é «unha bobada» que o idioma de escolarización vincúlese á lingua materna, Xohán Cabana sostivo que é «a primeira vez que se dá un paso atrás na protección do galego desde que existe Estatuto de Autonomía», o que lle fixo concluír que o Goberno «ten que rectificar».

A lingua está en perigo de desaparición con este decreto

Dario Xoán Cabana. Académico da RAG.

Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 13-01-2010 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis