Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mascota Gañadora

"MUNDIÑO", é o nome da mascota deste curso 2009-2010 do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Campolongo. Noraboa a gañadora do concurso, a alumna de 6ºA, Julia Reguera Penela. Dicir que aquí o debuxo foi retocado, sobre todo nas cores, para ser o logotipo do noso equipo. Nestes tempos, un pasa polo salón de peiteados antes de saír á rúa. O lema é de Alba Morcillo, de 4º C.
Dámoslle a benvida a "MUNDIÑO", desexándolle unha boa xeira neste etapa normalizadora da nosa lingua.

Noraboa as dúas gañadoras.

Debuxo orixinal:

De Mascotas 09-10
Comentarios (8) - Categoría: Mascotas e Lemas - Publicado o 06-11-2009 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Pontevedra a principios do século XX
Comentarios (2) - Categoría: Fotos - Publicado o 06-11-2009 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas Magosto 5ºA e 5ºC 2009
Hai magosto en Campolongo
hai barullo e trangallada
nenas e nenos xogando
mentres asan as castañas

Todos xuntos celebramos
esta festa relembrada
coas lerias dos rapaces
e as castañas asadas.

Xa estamos no outono
Cae a folla sen parar
Preparamos o magosto
E todos xuntos a xantar.

Nin choiva nin treboada
Impedirá no magosto
Comer castañas asadas
Coma se fose agosto.

A novembro xa chegamos
Os ourizos xa caeron
Das castañas disfrutamos
Pois, moitos delas comeron.

Facemos a "castañada"
No colexio Campolongo,
Se tardas quedas sen nada.
Queres un cornete longo?

No colexio Campolongo
Asamos ricas castañas,
Para facer o magosto,
O venres (martes) pola mañá.

O magosto xa chegou
o patio da nosa escola
temos xogos e castañas
tamén temos merendola.


Xa chegou noso magosto
canto podemos xogar
come castañas connosco
que ben o imos pasar.

Amañan uns cucuruchos
Para botar as castañas
Fan una rolda no patio
E a papar lambetadas.

As castañas asadiñas
os nenos as meterán
dentro do seu cucurucho
e despois as comerán.

No magosto nós cantamos
e as castañas comeremos.
xogamos a moitos xogos
Ai que ben o pasaremos!.

Castiñeiro con ourizos
ateigados de castañas
nestes tempos outonizos
todos imos apañalas.

Este outono de tronada
Imos todos a argallar
Un magosto e "castañada"
Que será para lembrar.


Se ti queres vir a festa
non dubides un momento
moitas castañas na cesta
e o fume vaise co vento.


Comentarios (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 06-11-2009 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas Magosto 6º C 2009
Preparamos o magosto
Con ledicia e con humor
Para tomar as castañas
E pintarnos con carbón.

Neste día de outono
Todos imos gozar
Os pequenos e maiores,
imos todos festexar!

Vén connosco ao magosto
Vén con nós imos xogar,
A pisar as follas secas
E cantigas entoar.

Vén connosco ao magosto.
Vén con nós imos xantar
As deliciosas castañas
Que contigo has de levar.


O magosto magostiño,
Moitas ledicias nos dá,
Pois baixo as súas cantigas,
Todos imos a bailar.


No magosto magostiño,
Todos imos xogar,
Cos xogos tradicionais,
para sempre gozar.
Comentarios (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 06-11-2009 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
O tren na Ponte da Barca

Comentarios (1) - Categoría: Fotos - Publicado o 05-11-2009 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Estación Vella
Comentarios (3) - Categoría: Fotos - Publicado o 05-11-2009 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea da CGENL
O vindeiro sábado 7 de novembro, ás 11 da maña, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, da que formamos parte, celebrará a súa Asemblea no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela (rúa de Estocolmo, nº 5-7. Ao remate da asemblea celebrarase un xantar de convivencia entre todos/as os/as que quixeren participar.
Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 05-11-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu Xosé
Comentarios (9) - Categoría: Humor - Publicado o 05-11-2009 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis