Por fin subimos as fotos dos
XXIV Encontros das Escolas Unesco, que se celebraron os días 5, 6, e 7 de xullo en Melilla.
Nelas atoparedes un pouco de todo o que fixemos: coñecer
un pouco a historia desta cidade española en África, a súa cultura, as súas comidas, as súas árbores, a súas praias, ...
Incluimos tamén algunhas fotos sobre algúns dos traballos presentados.
Rematouse o congreso coa petición de que "Melilla Intercultural" fora tamén
Patrimonio da humanidade. Hai que recordar que nela conviven cristianos, xudedos, musulmáns, xunto con outras pequenas étnias: chinesa, indú ...
Neste curso que entra saberemos a resposta desta petición.