Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Apropiado e inapropiado
Ata agora sempre se puido subir con liberdade artigos a este blogue creado dende o EDNL do centro. Dende un principio déuselle as claves a todos os compoñentes para así facelo. Como ben sabemos todos, son poucos os que se dedican a estos menesteres, moitas veces porque non se dominan as ferramentas informáticas e outras porque é traballo dabondo e precisa de tempo, e as veces, moito tempo.

Os compoñentes somos todos mestres, ou licenciados, todos fixemos unha o varias carreiras, todos aprobamos unha oposición, e suponse que estamos capacitados para discernir en temas educativos "apropiados e inapropiados". En todo caso, o respecto debería imperar entre todos nós.

Como tamén saben moitos, este traballo de subir artigos ás páxinas web ou blogues faise, en gran parte, na casa, como moitos outros . E máis se fará na casa se ó final rematamos con este horario sen sentido que non queren aplicar. Pensaredes moitos que o problema é noso por facelo na casa. Tedes razón, pero os que temos moitas inquietudes, os que queremos un mundo máis xusto, máis plural, os que queremos que esta terra siga sendo galega, somos así, e seguiremos traballando, pero non como ovellas no redil, senón protestando cando vexamos algo inxusto. E neste momento están acontecendo cousas que nos teñen cabreados, a uns por unhas razóns, e outros por outras: baixada de soldos, recorte do profesorado, aumento do horario lectivo, eliminación de especialidades (todos valemos para todo), presumindo aínda por riba de mellora da calidade de ensino. A isto engadimos o de ternos divididos (folga si, folga non ...). Divide e vencerás.

Dentro do apartado dos recortes, a cultura está levando por todas partes, xa non temos prensa en galego, só se chega, ás veces, ó 5%, menos cultura, ... por todas partes ...

Os equipos de normalización, que non deixar de loitar contra a contranormalización, aínda non saben con que cartos van contar neste curso. Moitos xa se temen o peor.Tamén digo, que se se cumplira a Lei de Normalización e os seus Decretos ... Lingua de referencia inicial, ...pouco cartos farían falta para concienciar da necesidade de salvar a lingua que ata agora foi propia dos galegos.

Como a cultura galega se resinte, os recortes que se están a facer son un tema que lles preocupa tamén os EDNL. Digo isto porque nun principio díxoseme que o artigo causante deste escrito( Que pasa coas pancartas? e O ensino adoece.) era inapropiado por non ser de normalización lingüística. Aparte de quedar pampo con tal aseveración, comentei que no blogue hai artigos de inglés, de música, e de outras moitas cousas. O blogue fala de todo, unha miscelanea onde se achegue canta máis xente mellor, porque deste xeito pensamos que lendo en galego todo tipo de novas estamos normalizando.

Eu teño as miñas dúbidas, pero non sei que capacidade ten un director para censurar un artigo de apropiado ou inapropiado, e neste caso, en algo que, creo personalmente, non domina, como é a normalización lingüística; e dende logo, o máis grave, é o de censurar sen consultar nin co claustro, nin co EDNL, nin co inspector. Dende logo neste momento estou abraiado, e por suposto indignado.

Desexo se recapacite e non se volvan a cometer estos erros que eu considero graves: Censurar a un compañeiro por traballar. A solución é moi fácil , non meterse en fregados que non veñen a conto. Para censurar xa están outros, e outros.

Engado na miña queixa, e con isto remato, que por favor non se quiten dos paneis de información os recortes de prensa que se poñen. Gustaríame velos de novo: Un era a fotografía da concentración de mestres na Peregrina, e outro era unha portada da revista de Magisterio.

Nota: Outras razóns que se me deron, a posteriori, para ter que sacar o artigo foi a que o que puxen era política.
Do que é política e non política podemos falar outro día.
No fondo o que eu creo é que hai inseguridade e medo.
Aquí non se pode opinar, "Hai que ver, oir e calar".

Non estou de acordo. Eu quero un director compañeiro de traballo e non un censurador.
Comentarios (19) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 07-10-2011 07:42
# Ligazón permanente a este artigo
Desleigado
DESLEIGADO-A adx. Dise da persoa que non garda ningún sentimento afectivo pola súa terra, familia, xente, etc; desarraigado, descastado, desenraizado

(Gran Dicionario Xerais da Lingua).

Ver palabra nun artigo.

Parte do artigo:

... a) O galego é endémico na miña familia. Son portador pero, grazas a Deus, herdeino a través do alelo recesivo. Convivo con ese xen sen máis problemas, pois non se manifesta. Porén, teño varios parentes nos que o galego é dominante e por iso facemos o imposíbel para que non llelo transmitan aos seus fillos. Hemos estado trabajando en ello… todos estes anos...

... b) Son político, ostento un cargo público, son responsábel da área de normalización lingüística dunha Deputación… e non falo galego. Problema? Ningunito. Por que? Porque “en mi casa se habló gallego de toda la vida…”. Que significa isto? Pois que xa os meus devanceiros se sacrificaron, xa falaron/falan galego por min. O galego é unha peaxe de por vida, algo incómodo, un lastre, algo que non che permite avanzar na sociedade… Abonda con que esa cruz a levaran os meus pais e os meus avós. Eles eran pobres e atrasados, eu xa non. Eu son requetelista/o e por iso falo castelán e chupo cartos desta institución que me encargou promover o galego. Para lista eu! ...





Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 06-10-2011 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Inciativa por unmedio de comunicación en galego
Mañá xoves, as 20:30 h na Galería Sargadelos (rúa Oliva), en Pontevedra, haberá a Presentación Da Iniciativa Social por un medio de comunicación.

Organizada pola Asociación Cultural Maio Longo. Coa participación de Manuel Mera, Néstor Rego e Marga Romero.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 05-10-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Que pasa coas pancartas? Censurado por inapropiado
From Censura


O artigo pódese ver nos blogues:

Da CGENL de Pontevedra Sarmenteiros

en Milprimaveras (blogue persoal do profesor responsable do artigo)

Escolas Asociadas da Unesco

Artigo relacionado: Apropiado e inapropiado
Comentarios (21) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 05-10-2011 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
En Barcelona tamén se estuda Galego
Entrar no blogue
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 04-10-2011 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
III Curso de formación sobre Patrimonio Lúdico

Venres 21 e sábado 22 de Outubro no IES de Melide

Máis información
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2011 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos Populares


Xogos populares que se fixeron nas I Xornadas dos EDNl de Pontevedra.

Ver fichas dos xogos
Comentarios (1) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 28-09-2011 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Movilízate


Son moitos os colectivos que están a traballar pola lingua. Olla o documental e verás.
Comentarios (0) - Categoría: Curtametraxes - Publicado o 27-09-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
O ensino adoece. Censurado por inapropiado
From Censura


O artigo orixinal pódese ver no blogue da CGENL de Pontevedra, Sarmenteiros.

Ou no blogue do mestre responsable do artigo.

Milprimaveras
Artigo relacionado:
Apropiado e inapropiado
Comentarios (2) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 27-09-2011 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Busca o teléfono na ligazón
Para que a cousa sexa case real, tes que ter o audio encendido.


http://imagenes.telematica.net/2009/VespucioNorte/2009.09.15/autopista_vespucio_norte_express.htm
Comentarios (0) - Categoría: Saúde - Publicado o 26-09-2011 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis