DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nota de Prensa e Agradecementos
De Xogos Polulares Día H, Hora D


Teño que dar, primeiro a noraboa ó Diario de Pontevedra, por facer a nota de prensa en Galego.
Sería porque así llelo pediron? Ben asinado o artigo, por Belén López, ou sexa, que os nosos parabéns a Belén. Non é a primeira vez que un fai algo relacionado coa normalización lingüística e a prensa escaralla todo traducíndoa ó castelán. Por exemplo.

Logo dicir, que falta algo moi importante na noticia , non nomear a colaboración do alumnado do IES Sánchez Cantón ,máis de 30 monitores, dos Ciclos de Educación Física STAFFAD (1º e 2º) (Técnicos Superiores en Animación Física e Deportiva).

De Xogos Polulares Día H, Hora D


Sen eles non se poderían facer ben estos Xogos.

Nós dende aquí, dámoslle as grazas pola súa colaboración e, por suposto, tamén a Noraboa pola actuación, case perfecta, que tiveron nas Xornadas.

Grazas tamén ó seu profesor, Paco, que axudou, xunto cos mestres Victoriano, do CEIP Vilaverde-Mourente e a Arturo, do CEP Xunqueira nº 2, a organizar Os Xogos das I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra.

Agradecemos, tamén, a Concellaría de Normalización Lingüística a súa colaboración para a realización destas Xornadas, e neste caso, dos Xogos.

Non todo foron parabéns, houbo un gran despiste, parece ser que da empresa encargada da poda, de deixar media Alameda empantanada coas polas nese día, non deixando os espazós que tiñamos previstos para os xogos., Tivemos que improvisar en moi pouco tempo os novos espazos para as diferentes estacións dos xogos, e máis dun sudou, máis do previsto, no inicio desta xeira.

Para rematar os agradecementos, por suposto, grazas a tódolos colexios pola participación, tanto ós de Infantil por participar na actividade de Migallas Teatro como os de Primaria, xa que sen rapaces non se podería facer nada do que se fixo.

A organización pide desculpas no que poidéramos fallar. E espera, que o ano que ben, a participación sexa aínda mellor ca deste ano, e estades todos invitados a colaborar para que esta xeira sexa unha completa Xornada de Convivencia, que os rapaces o pasen ben xogando, e que a lingua galega medre na xuventude ...para seguirmos sendo galegos.

Ver fotos dos Xogos
Comentarios (1) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 23-03-2011 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Me alegra saber que sabeis en la prensa y que se hacen eco de vuestras iniciativas de seguir extendiendo el gallego, asi que espero que t#blgtk08#odas las demas que hagais tambien salgan en la prensa. Cuales son vuestras proximas iniciativas? Estaria bien que las pusierais por aqui!
Comentario por Prestamos Personales (06-08-2011 18:26)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis