DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mesa redonda I Xornadas do EDNL do Concello de Pontevedra
De I Xornadas EDNL Concello de Pontevedra



Hoxe, luns 14, ás 20,30 horas celebrarase no Café Moderno de Pontevedra unha mesa redonda, dirixida ao público en xeral, co título Normalización Lingüística: unha ollada institucional. Nela participarán Manuel González González, director do seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega; Anxo M. Lorenzo Suárez, secretario xeral de Política Lingüística; Henrique Monteagudo Romero, coordinador da sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e Pilar Freitas Juvino, docente e sociolingüísta, quen exercerá de coordinadora.

Esta actividade serve para abrir as I Xornadas de Normalización Lingüística Xoán Manuel Pintos que se desenvolverán ao longo desta semana e que organizan a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino do concello. Estas xornadas teñen como obxectivo darlle a coñecer á sociedade o labor fundamental a prol da lingua dos equipos de normalización dos centros educativos, promover a reflexión social sobre a normalización, ao tempo que se dá a coñecer a figura de Xoán Manuel Pintos, un dos primeiros autores que reivindicou a normalización da nosa lingua.

Dentro da programación destas xornadas, hoxe presentouse no Concello de Pontevedra o Banco de datos de actividades dos equipos de normalización lingüística de Pontevedra (BANEP), no que se recollen diferentes intervencións deseñadas polos equipos de normalización dos centros educativos para fomentar o uso normal da lingua galega. Pédese consultar o banco no seguinte enderezo web: http://pontevedra.eu/banep/

Para obter máis información deste programa, pódese consultar o sitio web do Ano Pintos: http://anopintos.pontevedra.eu/


Ver programa


De I Xornadas EDNL Concello de Pontevedra

Comentarios (0) - Categoría: I Xornadas dos EDNL Pontevedra - Publicado o 14-03-2011 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis