Normalmente fano case todos. Neste caso temos o periódico
máis subvencionado pola Xunta de Galicia para promocionar o Galego, e constantemente non colabora coas actividades que facemos os EDNL nos centros educativos. Nesta nota de prensa temos varias novas feitas no noso centro, unha delas a
Exposición de Manuel Quiroga, e outra unha charlas de
Alimentación e Saúde relacionada coa
Actividade Física. As dúas feitas e programadas en Galego, e á prensa
impórtalle "un comino", por non dicir outra cousa. Un pode entender, entre outras cousas, porque xa lle chaman en moitos foros,
"La Coz de Galicia" en vez de "A Voz de Galicia". Podemos chamarlle a esto respecto pola lingua? Pois pola subvención millonaria que teñen ben podían facer algo máis. Ti que pensas?