Finalmente o blogue foi exonerado pero non "indultado" por unha das partes implicadas. E por un rogo desta persoa, continúa pechado.

Ábresen logo dous novos na escola:

Normalización Lingüística e

E. Física Campolongo


O meu persoal é:

Milprimaveras


15-04-2012

A polémica pancarta xa está no cole



De 5 de octubre de 2011

Defensa do Ensino Público


Iniciativa Sermos Galiza

Lois Pereiro

X.M. Pintos

O galego na Admin. Educativa
De



Normás ortográficas do Galego





Decreto do Galego 79/2010

O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lois Pereiro
"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria"

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”, que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.

De regreso ao país, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello,Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostimento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz —para alén do ensaio xa citado— os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.

En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura. Enfermo de SIDA, Lois Pereiro faleceu na Coruña o 24 de maio de 1996 a causa do envelenamento por aceite de colza desnaturalizado, o mesmo día que se coñeceu a sentencia do caso.


Lois Pereiro, o autor elixido para conmemorar as Letras Galegas 2011, é un poeta que se aparta un tanto dos cánones literarios. Empapado pola estética do mundo que lle tocou vivir, verqueu o seu inconformismo na súa obra.



Máis:

Monogŕafico especial CGENDL

O seu Poemario, para descargar.

http://mundolois.gl/

Xogo - Actividade LIM sobre Lois Pereiro

Comentarios no Faro de Vigo: Isabel Bugallal

Manuscritos no blogue loispeiro.blgaliza

Ficha do autor

O autor na Praza das Letras


Documental curto dalgunhas cousas da súa vida

Descargar Recital de Poesía


Cartaz Dixital (Landín)

Outro cartaz
(fala tamén da lingua).

Liña no tempo.
Comentarios (3) - Categoría: Celebracións - Publicado o 10-02-2011 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 No periódico da voz da Escola tamén hab#blgtk08#ía escrito información de Lois Pereiro
Comentario por Amalia (12-05-2011 12:10)
2 Fake Oakley Sunglasses
Fake oakley sunglasses Sale
Fake#blgtk08# Oakley Glasses
Fake Oakleys
Replica Oakley Sunglasses
Comentario por http://www.fakeoakleysglasses.com (04-06-2013 07:51)
3 De repente me siento solo, me #blgtk08#decidí a buscar algo que hacer
Comentario por goyard salida (10-07-2013 08:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis