Nota: Este artigo irase actualizando segundo se confirmen datos e aumente a información.
Calquera consulta:
enlpontevedra@gmail.com
Tfno: 695832454
Data celebración das Xornadas: do 14 ó 21 de marzo.
Lugar de celebración: O espectáculo musical para os de Infantil (co Grupo
Migallas) farase o
martes 15 no Teatro Principal. Faranse
dous pases, un
ás 10 h. e outro
ás 11:30 h. Os colexios que comecen as clases as 09:30 h, terán preferencia para o segundo pase: CEIP de Campañó, CEIP Cabanas, ...
Cartel das Xornadas
Os xogos populares para Primaria faranse o
Luns 21 de marzo.
Hora de confirmación da chegada: 10:15 h. Hora de comezo dos Xogos: 10:30 h. Hora de remate: 13:00 h
Lugar de celebración: Alameda e Avda. Montero Ríos
Punto de encontro para os Xogos:
Palco de Música, no centro da Alameda.
Obxectivos das Xornadas
Colexios e nº de participantes nas dúas actividades
Reparto dos grupos polas diferentes estacións.
Plano dos Xogos
Responsables - Colaboradores dos Centros
Fichas de Xogos
Simulacro dos Xogos
Estacións.Fotos
Monitores das actividades
Fonte onde poder beber
Persoeiro homenaxeado :
Xoán Manuel Pintos
Os centros que precisen autobús, deberán comunicárllelo ó Concello:
Telef: 986 863 157
normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es
Prégase o máis axiña posible, que os centros manden un
listado numerado do alumnado que virá ás xornadas e do mestre encargado. Indicar o nivel do grupo (curso).
Recordamos que imos aproveitar para mesturar os grupos, coa finalidade de facer tamén algo de convivencia.
Cada grupo escolar podería traer un distintivo:camiseta, biseira,pano ... para que os monitores souberan a que colexio pertenzen.
En cada estación haberá un Mestre - Colaborador ó lado dos monitores que dirixirán a actividade (alumnos do Ciclo
TSFAAD do IES Sánchez Cantón)
Podedes deixar tamén un correo electrónico persoal do responsable e un teléfono para axilizar as cousas nas datas próximas ás xornadas.
A PARVA: Fárase un descanso de 20` despois do 3º xogo para tomar a parva.
BAÑOS: Están habilitados os baños do Concello para este evento. O alumnado terá que ir acompañado por un mestr@. O mellor será ir en grupo ó baño para non facer moitas viaxes.
O alumnado fará un só circuito, o que lle toque.
Habilitaranse para ese día os baños do Concello de Pontevedra na Praza de España.
Artigos relacionados:
Traballos dos alumnos sobre o persoeiro homenaxeado: Pintos.
Traballos dos xogos do alumnado de Campolongo.
Acto de inaguración do Ano Xoán Manuel Pintos
Libro de xogos.
Xogos no Renacemento (Brueguel)
Xogos de sortes
Banco de Actividades dos EDNL para as Xornadas (exporanse o luns no Concello)
Vocabulario de Pintos
Información no blogue da CEDNL da Comarca de Pontevedra