Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Acto de Inaguración do Ano Xoán Manuel Pintos - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Acto de Inaguración do Ano Xoán Manuel Pintos
A Real Academia Galega (RAG) celebrou, o 22 de xaneiro deste ano, no Teatro Principal de Pontevedra unha sesión extraordinaria para inaugurar os actos conmemorativos do 'Ano Pintos', que organiza o concello da localidade con motivo do bicentenario do seu nacemento.

Durante o acto, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, afirmou que "a vixencia de Pintos é permanente" e cualificoulle de "pedagogo social" pola súa contribución á lingua galega.

Deste xeito, asegurou que a figura de Pintos está "destinada a crecer" e que os actos que se celebren na súa memoria contribuirán a "modificar ideas comúnmente aceptadas da literatura galega" e "tópicos" que el se mostrou partidario de "abolir".

O presidente da RAG explicou que, logo de Frei Martín Sarmiento, Xoán Manuel Pintos "fixo posible a chegada de Murguía e Rosalía ao mundo das letras", e que a literatura "mantéñase viva e floreciente".

No plenario académico interviñeron, ademais, o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, a catedrática de Pontevedra Rosario Álvarez Branco, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández e o ensayista Xesús Alonso Montero.

Este último asegurou que "quedan por descubrir moitas páxinas literarias" de Pintos e que "aínda hai que editalo ben". Neste sentido, abogó por "facer unha edición con lupa" da obra de 1853 'A Gaita Galega', argumentando que é "un libro que aínda está de actualidade".

Nós estamos a colaborar coa semana das I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra, dedicada este ano a Xosé Manuel Pintos.


Fonte de información

Ver nova na Prensa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2011 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0