?A auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.?
?A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.?
?A flor de xaneiro no chega ao froiteiro.?
"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"
"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"
"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"
"Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"
"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".
?En decembro descansar, en xaneiro traballar.?
?En xaneiro sabe a berza vella a carneiro.?
?En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro?.
?En xaneiro, pon o alleiro.?
?Entre Nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.?
?Nadal e xaneiro, fan o inverno enteiro.?
?No mes de xaneiro, pon os pés no braseiro.?
"Por xaneiro, o ferreiro vale carneiro"
?Polo san Vicente, planta os nabos da semente.?
?Polo xaneiro verán, nin palla nin gran?.
?Poucas
chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"
?Tronos en xaneiro, mortandade no reino.?
?Xaneiro mollado, febreiro transtornado?
?Xaneiro quente, trae o demo no ventre.?