Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Chuvia, poalla, borralla , trebón ... - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chuvia, poalla, borralla , trebón ...
Das máis de 70 palabras que temos sobre a chuvia, cal é a que máis che gusta?

Chuvia: precipitación en forma de pingas

Variantes dialectais: choiva, chuva, chuiva.

Os nomes dependerán, da zona ou comarca, segundo vaia acompañada con neve, con vento, segundo a intensidade, etc. Deixamos aquí unha pequena clasificación que fixemos das atopadas na páxina web www.ogalego.eu.org Na mesma páxina temos ditos, refráns, adxectivos e verbos relacionados, e outras curiosidades sobre a chuvia.


Chuvia miúda e pouco intensa: babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barrufo, barruñeira, borralla, borrallada, chuviñada, chuvisca, chuviscada, froalla, lapiñeira, marmaña, poalla, poallada, poallo, poalleira, zarapallada, zarzallo.

Chuvia miúda e de pouca duración: orballada, orballeira, orballiscada (poquísimo tempo)

Chuvia miúda e pouco intensa mesturada con néboa: barruzo, breca.

Chuvia fina persistente: balloada, barruzada, morriña, morriñada, orballo, patiñeira, patumeira.

Chuvia repentina, intensa e curta: basto, bátega, bategada, cebra (acompañada con vento), chuviñeira.

Tromba de auga forte e intensa, tormenta: Arroiada, Ballón, bategada, chuvieira, torbón, treboada, trebón, torbada, torboada.

Chuvia forte e con vento: brea, cifra, ciobra, chuvascada, chuvasco, zarracina (con forte vento)

Chuvia moi abundante e intensa: diluvio, dioiva, dioivo.

Choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta: chaparrada, chaparrazo.

Sarabiada forte: cebrisca

Temporal de chuvia e neve con vento forte: cebrina, cebrisca.

Trebón de auga fría con vento ou neve miúda: calistro, corisco, coriscada.

Outras :


Decembra: chuvia forte e prolongada habitual en decembro

Escarabana: auga moi fría con sarabia

Marceada: tempo con claros e chuvias propio de marzo

Mera: chuvia moi fina que se desprende da néboa mesta

Salseiro: pingas de auga que producen unha néboa mesta provocada polo vento na superficie do mar

Torba: auga de chuvia mesturada con neve fina

Xistra
: chuvia e neve con vento moi frío

Máis no artigo "Chove sobre mollado", do blogue O Refraneiro.

Chove en Santiago


Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 08-01-2011 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0