DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Congreso Internacional do Reino de Galiza
Interesante conferencia do historiodor Anselmo López Carreira sobre a historiografía de Galicia. Neste primeiro vídeo (1/4) fálanos dos case dóus séculos ocultos da nosa historia cos suevos.


Tamén ocultos pola prensa moderna que temos hoxe en día. Ningún periódico fixo referencia deste acontecemento na provincia de Pontevedra no pasado mes de outubro.




Neste segundo vídeo, o profesor Anselmo, fálanos de feitos moi importantes e concretos que aconteceron na época dos Suevos no Reino da Galiza:Como por exemplo, que foi o primeiro reino en crearse en Europa despois do Imperio Romano, O Rei Hemerico crea a 1º moeda propia, O seu neto o Rei Requiario convértese ó reino ó catolicismo, creando unha unión entre os galaico-romanos e os suevos, pois daquela facían vidas diferentes dentro do mesmo territorio.
Contanos tamén que existen as crónicas de Idacio, de Horosio ... e que grazas a estas sábese moito da Europa daquela época.
Nunha palabra, de feitos que foron trascendentais na nosa histoira e que practicamente moi poucos saben.




Continúa este terceira parte, falando da trascendecia dos suevos e de cómo esta parte da historia non desapareceu durante a idade media, foi contada e transmitida, e que que foi no século XIX, cando por medio de idioloxemas se oculta esta parte para ensalzar a parte visigótica e “hipánica"




Nesta última parte, fala das pautas que utilizaron os historiadores comtemporáneos para esquecerse dos suevos, chea de estereotipos e prexuízos. Proxéctase o modelo visigodo (catolicismo, monarquía, centralismo e liberalismo parlamentario), enfrentándoo co feudalismo, que era o malo da película. Algúns historiadores desta época de proxección hispánica, nin comentan a época dos musulmans (800 anos). Onde nunca se recorda, cando se fala, por exemplo, que a 1º viúva de Rodríguez de Vivar casou con un musulmán, que debería ser o lexítimo herdeiro de España (un musulmán). Daquela, os propios musulmáns, cando reinaron na península, falaban de tres territorios na península ibérica: Francia, Galicia e Hespaña (eles eran España)
.


Comentarios (0) - Categoría: Historia - Publicado o 21-11-2010 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis