Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O apalpador e as castañas - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O apalpador e as castañas


O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.


Artigo relacionado no noso blogue.

O Apalpador na Wikipedia.

O conto con debuxos.

Poema sobre o apalpador.

Nana do apalpador.

A orixe do Apalpador.

Páxina web do apalpador.


Un Papá Noel das Montañas Luguesas.

O Apalpador ----- por Xoan G.

O Apalpador vive nas devesas do Courel
desde hai tantos anos que ninguén sabe xa
cantos ten.

Pasa o día a apañar madeira como cando era
carboeiro, aínda que agora a que procura é
doutras castes máis finas.

E no outono aproveita a viaxe
e tamén vai ás castañas.

De volta a casa, senta a carón da lareira e
escolle con moito agarimo a madeira máis
seca e de mellor calidade, saca a súa navalla
e ponse a entallar.

E así pasa un día e outro, e outro, e outro...
Pero polo Nadal deixa a
navalla e baixa a todas as casas
da Galiza cunha morea de
agasallos para repartir.

Antón e Antía arelan a
Noite do Apalpadoiro
e andan tan bulideiros que
non queren ir para a cama.

Pero saben
que se fican espertos
non han
vir os agasallos!

E, ao cabo, rematan caendo de sono.

Con agarimo
para non os
espertar, o Apalpador
aloumíñalles as barriguiñas
por ver se están mantidos.
E como os dous cearan
abondo...

...aleda e bísballes amodiño:
?Así, así esteades todo o ano!
e coa mesma,
déixalles unha
presa de castañas
na mesa de noite.

Pero os agasallos déixallelos agochados por
toda a casa, así que ao se ergueren pola mañá
terán que xogar a atopalos.



Artigo relacionada coas estas datas:

O Demo Asubiador.
Comentarios (0) - Categoría: O Apalpador - Publicado o 18-10-2010 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0