 Formas de chamarlle ó porco:
* "marrán" ou "marrau" (na forma varietal ourensá).
* "cocho", dito pola zona norte da provincia de Lugo.
* "quiro", "quino", "quiño": forma que se emprega para chamalos.
* "reco", "rengo", "renllo": usada pola zona oriental de Galiza.
* "bácoro", "bacoriño", "chino", "godallo", "rancho": outras formas, quizais menos usadas.
* corricho ou curricho
*raño"
Aparte disto, temos outro tipo de porcos:
"Porco bravo": xabarín.
"Porco mouro" : xabarín nas terras de Pontecaldelas e A Lama.
"Porco teixo": teixugo.
"Porco espiño": ourizo cacho.
Varrionda ou Verrionda: porca que se atopa en cío, máis comunmente coñecido como celo.
Verrón: porco semental. En Asturias tamén lles chaman así. Lembrades o grupo "Los Verrones"?: chamábanse asi precisamente polo verrón.
Ver maís
|