Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Herbas de San Xoán. - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Herbas de San Xoán.




Diferentes herbas, aromáticas ou non, e flores recollidas a véspera de San Xoan, posúen tamén propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solstico e do verán e mais pola forza do orballo desta noite. Resulta difícil establece-la lista das herbas que se han considerar como herbas de San Xoán, xa que se comproba unha gran variabilidade ó longo de Galicia. Si que se adoita da-la cifra de sete herbas diferentes [7].
Romeu, unha das herbas de San Xoán.

Taboada Chivite recolle unha longa relación entre a que extraémo-las seguintes: a dedaleira, o fiúncho, o codeso, o fento macho, o trobisco, a espadana, a malveira, a artemisa, o romeu, a matricaria, a sempreviva, a herba luísa, a roseira, ou follas de nogueira, de bieiteiro, de ameneiro ou de carballo.

Hai que deixar estas plantas e flores nunha talla con auga á intemperie durante a noite, e lavarse con elas na mañá seguinte; nalgures este lavado ha facerse mirando ó Oriente, para recibi-las primeiras raiolas do sol. Deste xeito búscase curar e previr enfermidades cutáneas e rexuvenece-la pel.

Tamén existe a crenza de que protexen a casa contra as meigas (que nesta noite andan especialmente libres polas rúas), colocando ramallos de flores nas portas e ventás. Esta propiedade protectora consérvana durante o resto do ano: hai que seca-las herbas de San Xoán e dependularas logo nalgún lugar da casa para evita-la entrada das meigas.

Eladio Rodríguez recolle a presenza destas herbas e flores nos mercados: "plantas odoríferas, que se recogen en el campo, generalmente la antevíspera de la noche de San Juan, o sea el día 22, para venderlas al siguiente día en los mercados de las ciudades y villas de Galicia". O costume parece manterse na actualidade, e en 1992 a prensa entrevistaba unha vendedora de verduras do mercado de Vilagarcía que nestas datas tamén incluía as herbas.


Ver artigo na wikipedia.

Na páxina Ríos Galegos atoparás outra variante que fala das SETE HERBAS BÁSICAS.

Dedaleira.
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-06-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0