Hoxe, 21 de xuño, tivemos os de 6º de primaria a
saída aprazada do 11 de xuño (por causa da chuvia), polo
río Gafos.
Fixemos un anaco do trozo rural do río,
dende a Estación de Autobuses ata a Ponte da Pontesa. Antes fomos, pero sen os guías, e sen parar, polo tramo urbano para chegar ó sitio acordado polos compañeiros. Acompañáronnos dous guías da
Asociación Vaipolorío.
Aprendimos moitas cousas con estes dous veteranos guías: nome de prantas, paxaros, algunhas partes dun muíño, cales son as árbores invasoras, cales as autóctonas, que é o como se fai un
tiratacos , ou como se fai unha buxaina cun carrabouxo (bugallo, coca, ...).
Foi unha xornada que sen dúbida volveremos repetir nos vindeiros cursos.