As tres universidades presentan unha campaña para demostrar que a nosa lingua é válida para todos os eidos.
O galego para as letras, o castelán para as ciencias. Erradicar preconceitos e complexos de inferioridade coma este é o eixo central da campaña
“En galego tamén se fai ciencia”. Na iniciativa, coordinada polo Servizo de Normalización da UdC, participan as tres universidades do país.